Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de abril de 2016

61 CONCELLOS GALEGOS CONTRA OS CIRCOS CON ANIMAIS








Protestas de Igualdad Animal en Tui ante un circo que utiliza animais nos seus espectáculos
Un total de 61 municipios galegos aprobaron xa mocións contra o uso de animais en espectáculos, "liderando", segundo os animalistas, as iniciativas que se están desenvolvendo en concellos de todo o Estado contra os abusos que se cometen con animais. Son datos das asociacións Libera e Galicia, Mellor sen Touradas, que salientan que a cifra de municipios galegos que se sumaron a este tipo de iniciativas practicamente se duplicou no último ano.

Entre estas iniciativas destacan as contrarias ao uso de animais silvestres en circos, cun total de 42 municipios que aprobaron mocións contra estas prácticas. Ambas as dúas asociacións deron a coñecer que os últimos concellos galegos que se sumaron a iniciativas animalistas contra os circos foron os de Bergondo (A Coruña) e Cambados (Pontevedra), ampliando a rede de municipios contrarios á explotación de especies como tigres ou elefantes en "ridículos números" circenses, denuncian os animalistas.
En España existen actualmente uns 300 municipios "libres de circos con animais" e os galegos representan o 14 por cento de todas as propostas.
Os animalistas esperan que coas novas iniciativas se "acelere o veto" en toda Galicia, "ao estilo da medida tomada en Cataluña e seguindo a iniciativa que se debatirá este ano no Parlamento de Baleares".
Para os animalistas, Galicia ten a oportunidade de converterse na terceira comunidade en opoñerse a unha práctica "recoñecida polos expertos e estudos como un maltrato continuado cara ós animais polas condicións de cautividadeás que son forzados", din.
As asociacións en defensa dos animais tamén salienta que agora existen 19 acordos plenarios en municipios de Galicia contra as celebracións de tourads e as subvencións que reciben.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.