Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2020

PRESENTADA A NOVEDOSA EDICIÓN DAS XORNADAS DOS ESPUMOSOS DE ALBARIÑO


Como adiantamos hai unhas semanas, o Concello de Cambados ten preparado cambios na celebración da Festa do Albariño Espumoso, que na súa 8ª edición cambia de imaxe e de programa.
Baixo o slongan “essspop” o evento aumenta o número de días e actividades convertendo ao Salón Peña no perfecto escaparate dos Espumosos Rías Baixas. Desde o 14 ao 16 de febreiro, e coa participación de 13 adegas da Denominación de Orixe poderemos gozar de showcookings, degustacións, maridaxes, catas, concertos e formación para adegueiros e público en xeral.  Na  presentación estiveron presentes entre outros, a alcaldesa Fátima Abal, o organizador do evento, Jacobo Aragunde, e o sumiller José Luis Aragunde.
O programa arrinca o venres 14 ás 18.30 horas cunhas xornadas de formación para a hostalería co título "Como vender a burbulla galega". Xa ás 21 horas haberá o primeiro dos concertos, neste caso de jazz con Something Hip Trío. Para o sábado 15, as portas desde as once unha nova charla, neste caso para adegueiros, e deseguido a apertura da zona de degustación. Ao mediodía haberá un showcooking a cargo de Yayo Daporta, no que colaboran a Real Conserveira Española e Mar de Frades e despois dará comezo a sesión musical do mediodía con Dani Barreiro and Friends. Xa pola tarde, ás oito, haberá un espectáculo « enomusical» a cargo de Los Taninos, e ás dez, un concerto de A Cámara Lenta. Para pechar, o domingo arrincará ao mediodía cunha cata dirixida polo sumillier cambadés José Luis Aragunde e un taller infantil con Conservas de Cambados. A sesión vermú estará amenizada por The Homes.
A entrada ao Salón Peña e as actividades son gratuítas, coa excepción da sesión de cociña e a cata, que custan 5 euros. Na oficina de turismo de Cambados poderedes facer a inscrición.
A copa de espumoso venderase a 2 euros e a botella, a 12. E para que o viño baixe ben, haberá un posto con petiscos a 3 euros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.