Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia mellor sen touradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia mellor sen touradas. Mostrar todas las entradas

4 de abril de 2016

61 CONCELLOS GALEGOS CONTRA OS CIRCOS CON ANIMAIS








Protestas de Igualdad Animal en Tui ante un circo que utiliza animais nos seus espectáculos
Un total de 61 municipios galegos aprobaron xa mocións contra o uso de animais en espectáculos, "liderando", segundo os animalistas, as iniciativas que se están desenvolvendo en concellos de todo o Estado contra os abusos que se cometen con animais. Son datos das asociacións Libera e Galicia, Mellor sen Touradas, que salientan que a cifra de municipios galegos que se sumaron a este tipo de iniciativas practicamente se duplicou no último ano.

Entre estas iniciativas destacan as contrarias ao uso de animais silvestres en circos, cun total de 42 municipios que aprobaron mocións contra estas prácticas. Ambas as dúas asociacións deron a coñecer que os últimos concellos galegos que se sumaron a iniciativas animalistas contra os circos foron os de Bergondo (A Coruña) e Cambados (Pontevedra), ampliando a rede de municipios contrarios á explotación de especies como tigres ou elefantes en "ridículos números" circenses, denuncian os animalistas.
En España existen actualmente uns 300 municipios "libres de circos con animais" e os galegos representan o 14 por cento de todas as propostas.
Os animalistas esperan que coas novas iniciativas se "acelere o veto" en toda Galicia, "ao estilo da medida tomada en Cataluña e seguindo a iniciativa que se debatirá este ano no Parlamento de Baleares".
Para os animalistas, Galicia ten a oportunidade de converterse na terceira comunidade en opoñerse a unha práctica "recoñecida polos expertos e estudos como un maltrato continuado cara ós animais polas condicións de cautividadeás que son forzados", din.
As asociacións en defensa dos animais tamén salienta que agora existen 19 acordos plenarios en municipios de Galicia contra as celebracións de tourads e as subvencións que reciben.





1 de octubre de 2013

VOLVEN AS TOURADAS A CAMBADOS (HUMOR)





Dentro dos actos a celebrar o vindeiro ano e que o Concello vai presentar ante ACEVÍN para ser elixida Cidade Europea do Viño será a Festa Europea do Viño que este ano non se celebrou coma en anos anteriores. No programa destafesta terá primordial importancia a celebración dunha tourada. Esta corrida te touros servirá tamén para commemorar os case 120 anos da celebración da primeira tourada en Cambados. Están na casa grande dándolle volta a ubicación ideal para tal evento. Como primeira opción esta a de ubicar o "ruedo" na praza de Fefiñáns.
Falando cun amigo sobre o tema deixoume estas perlas. Reproducimos a conversa no galego do noso interlocutor. E nas que nos dou as opcións sobre toureiros e banderilleiros .............


............  pro vran que ven , xa temos corrida de toros en Cambados . Ainda 

que non estaría mal cerrar a Praza de Fefiñáns e que saltaran o ruedo eses 

jrandes toreros que hay no pobo. E

recomendarialle a Rafael que tendo en 

conta , que é a primeira corrida no pobo ,escollera para inajurar a plaza a 

estos jrandes toreros: ER NIÑO DEL PINAL DE MASA , LUISITO EL GALLO DEL 

UNTAMIENTO , Y JONSALES EL SIERTA PENA . e para banderilleros ou 

pelotiller... hay un elenco impresionante EL WIFI , FULARES EL NIÑO PARA 

TODO . EL DEJA IR HABER QUE PASA asi hasta mañan ten para escoller ..................

Nova sobre a tourada de 1897
De ser así Touradas Fora non 

protestaría polo festexo pensando en 

que nesta ocasión os touros pódense 

defender e quenes corren perigo 

serían os toureiros.


12 de agosto de 2013

O CONCELLO DE PONTEVEDRA ESTÁ EN CONTRA DAS TOURADAS. A SOLUCIÓN EN MANS DA XUNTA








O Concello de Pontevedra está "totalmente en contra" de que se celebren espectáculos taurinos na cidade. Por iso, este tipo de festexos non se inclúen no programa de festas. Pero máis aló desta medida, pouco máis poden facer, sinalou a concelleira de Festas, Carme da Silva. Trátase, dixo, "dunha empresa privada que desenvolve unha actividade privada" e que ten a autorización pertinente para poder facelo.
"Non podemos impedir que se celebren na cidade porque non é a nosa competencia", afirmou Carme da Silva, quen recordou que o BNG presentou unha moción no Parlamento autonómico para que se prohibisen as touradas en Galicia, ao ser a Xunta de Galicia a administración competente para regular este tipo de espectáculos, unha proposición "que foi rexeitada pola maioría do Partido Popular".
Carme da Silva, que persoal e políticamente declarouse "profundamente antitaurina", afirmou que este tipo de espectáculos "non teñen nada que ver coa cultura galega" e neles prodúcese un "maltrato animal desmesurado".
En todo caso, a concelleira de Festas reiterou que o Concello de Pontevedra "de ningunha maneira colabora con ese tipo de espectáculos", máis aló da obrigación municipal de garantir que non se produzan incidentes ou problemas relacionados co tráfico nos arredores da praza de touros. Uns efectivos policiais, dixo, "que nos gustaría poder dedicar a outras cousas".

TOURADAS FORA DE PONTEVEDRA







Uns 300 activistas, segundo Igualdade Animal, participaron na protesta organizada por este colectivo xunto á praza de touros de Pontevedra para esixir a abolición da tauromaquia. 
 Vestidos de negro e coas mans tinguidas de vermello con sangue artificial, rodearon a praza "case na súa totalidade" formando unha cadea humana e concentráronse ante o acceso ao Tendido 6 logo de gardar un minuto de silencio "polas vítimas" do toureo.



 Os participantes, procedentes de distintas localidades galegas, e ata doutras comunidades como Madrid, corearon consignas en favor dos dereitos dos animais e en contra desta práctica, que afecta a "miles de animais torturados e asasinados cada ano nas prazas", segundo a portavoz de Iguadad Animal, Jerusa Villergas.
 A protesta coincidiu co remate da feira taurina que
se celebra este fin de semana no coso de San Roque, e coa xornada na que comezan as festas de Peregrínaa. Así, á cadea humana organizada por Igualdade Animal vaise a sumar esta tarde a manifestación que percorrerá as rúas de Pontevedra a partir das 20.00 horas, convocada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra, que obtivo o apoio de 60 colectivos. Deste xeito conclúe a Semana Antitaurina de Galicia, que comezara con outra marcha celebrada na Coruña, en colaboración coa organización Galicia Mellor Sen Touradas.




9 de agosto de 2013

TOURADAS FORA SUEGUE A SUA LOITA






A plataforma 'Touradas fóra de Pontevedra' segue solicitando apoios para a manifestación 'Antitouradas' que organiza este sábado 10 de agosto polas rúas de Pontevedra. Hai cinco días contaban co respaldo de 51 colectivos sociais, culturais, sociais, ecoloxistas e animalistas e este venres xa se sumaron ao seu movemento 60.
Mentres o respaldo social "segue medrando" os integrantes deste movemento queren conseguir incidencia política e institucional e elevaron as súas demandas ata catro administracións públicas diferentes: Concello de Pontevedra, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e Goberno do Estado.
Na subdelegación de
Pontevedra
Este venres acudiron á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para entregar por rexistro escritos dirixidos a estas catro administracións. A cada unha realízanlle unha demanda diferente, pero todos teñen en común pedir un maior respecto ao mundo animal e loitar pola abolición das touradas.
Un dos integrantes da organización, Anxo Torres, explicou que no escrito dirixido ao Concello de Pontevedra lle piden que "dean o paso" de declarar a capital 'Cidade Antitouradas e Amiga dos Animais' e no de Deputación que "que corten as axudas abertas ou encubertas ás touradas de Pontevedra, que sabemos que as dan".
Da Xunta de Galicia o que demandan é "que modifiquen a lei de protección animal para eliminar a excepción que permite que sigan a celebrarse touradas" e do Goberno do Estado "que cesen calquera tipo de axudas ás touradas e a ganadaría".
Tras a entrega dos citados escritos, realizaron un acto simbólico despregando ante a Subdelegación do Goberno a pancarta 'A tortura non é arte nin cultura", e anunciaron que a manifestación deste sábado está prevista para ás 20.00 horas na praza da Peregrina.

Anxo Torres confirmou que 'Touradas fóra de Pontevedra' apoia os actos organizados para ese mesmo sábado polo colectivo 'Igualdade Animal'. A cita central da xornada está fixada para as 11.30 horas e consiste nunha cadea humana que rodeará a Praza de Touros. A protesta rematará cun minuto de silencio coas mans alzadas tinguidas de sangue artificial en recordo das "miles de vítimas que se cobran cada ano os festexos taurinos"



23 de julio de 2013

CADEA HUMANA CONTRA O MALTRATO ANIMAL EN PONTEVEDRA








O colectivo 'Igualdad Animal' e a plataforma 'Touradas fóra de Pontevedra' organizaron unha xornada enteira de actos de protesta para o próximo 10 de agosto, segundo sábado da feira da Peregrina e día central das festas locais. Unha cadea humana rodará a Praza de Touros, organizarán un pícnic colectivo e rematarán cunha manifestación antitaurina.
As protestas comezarán ás 11.30 horas cunha cadea humana "polo fin da tauromaquia" que rodeará a praza. O colectivo 'Igualdade Animal' difúndea nun evento da rede social Facebook chamando os cidadáns a "alzar ben alto as nosas voces polos grandes esquecidos: os animais".

O acto está avalado por distintas organizacións e os seus promotores piden que se confirme asistencia antes do xoves 8 de agosto para que teñan unha previsión de participantes que lle permitan xestionar o material necesario. Ademais, recoméndase aos asistentes que vaian vestidos con roupa negra ou escura para dar unha imaxe unificada á protesta.
A protesta rematará cun minuto de silencio coas mans alzadas tinguidas de sangue artificial en recordo das "miles de vítimas que se cobran cada ano os festexos taurinos". Ademais de convocar os pontevedreses en particular e galegos en xeral, os organizadores están a planificar o uso de vehículos particulares que se despracen dende outras cidades.
Ao termo da cadea humana, todos os asistentes se unirán a un pícnic que se celebrará no paseo urbano do río Gafos, nunha zona próxima á estación de autobuses.
Xa pola tarde, estase a planificar unha manifestación antitaurina que estará convocada por 'Touradas fóra de Pontevedra', pero que aínda ten pendentes de confirmación o horario e o percorrido. Comunicarán todos detalles con antelación na Subdelegación do Goberno de Pontevedra.



23 de febrero de 2013

AS TOURADAS SON CULTURA?







"A tortura e o maltrato non poden ser considerados cultura". Baixo esa idea, 25 deputados do Parlamento galego, os nove de Alternativa Galega de Esquerda, os sete do BNG e nove do PSdeG-PSOE, entre eles o seu secretario xeral, Pachi Vázquez, sumáronse á "fronte antitaurina" que existirá no Parlamento de Galicia para erradicar as corridas de touros na autonomía e evitar "o maltrato e a tortura de animais".
Nunha rolda de prensa na que participaron parlamentarios dos tres grupos, un dos membros de 'Galicia, mellor sen touradas', Rubén Pérez, explicou que Galicia "é unha comunidade na que o interese social por estas celebración é nulo", e a pesar diso, recibe "toda clase de subsidios por parte de diferentes institucións", especialmente en A Coruña e Pontevedra, cidades que "acolleron oito das 10 corridas de touros que houbo" en 2011 ou en 2012".

"Entendemos que se estes festexos taurinos non tivesen apoio institucional non terían lugar, porque non hai apoio social que os sustente", asegurou o membro de 'Galicia, mellor sen touradas' antes de asegurar que "só os municipios do Partido Popular son os que financian estas prácticas".
Segundo explicou a parlamentaria socialista Patricia Vilán, deputada por Pontevedra, "a maioría" dos deputados do PSdeG-PSOE sumáronse a esta iniciativa ao estar "absolutamente en contra do maltrato animal" e a favor da defensa dos seus dereitos, mentres que a nacionalista Ana Pontón confiou en que esta fronte sirva para avanzar pola "vía aberta por Cataluña" e lograr a prohibición destes festexos.
Pero moito más gráfico foi o deputado de AGE, Antón Sánchez quen indicou que "o progreso social significa camiñar cara a unha sociedade cada vez máis violenta, con cada vez máis dereitos para as persoas e os animais". Por iso, considerou que "se se pode definir unha política como retrógrada esta é a do Partido Popular".

"O PP na historia da democracia opúxose a todo o que significou o aumento dos dereitos das persoas, como o divorcio, o aborto ou os matrimonios homosexuais", recordou Sánchez antes de cualificar de "vergonzoso" que "gaste diñeiro público para que uns neopaletos se vaian fumar un puro á praza de touros de Pontevedra para emular aos seus exemplos sociais en eventos horteras".

27 de julio de 2012

"TOURADAS FORA" DE PONTEVEDRA MOBILIZARASE DURANTE A FEIRA DA PEREGRINA






A plataforma cidadá 'Touradas fóra' de Pontevedra programou unha serie de actos de mobilización para solicitar a abolición das corridas de touros.

O acto máis destacado será unha manifestación, o sábado 11 de agosto, baixo o lema 'Nin arte nin cultura' de rexeitamento ás corridas de touros, "un espectáculo de tortura, dor e crueldade", informa este colectivo nun comunicado.



Ademais, 'Touradas fóra' esixe a eliminación dos orzamentos públicos que sufragan os espectáculos taurinos, "sobre todo en plena época de crise", que no ano 2012 se eleva a uns 600 millóns de euros, sinala.

No caso de Pontevedra, o colectivo critica que esta achega por parte da Deputación se realiza "de forma encuberta con subvencións a determinadas peñas, actividades ou xornadas".

Entre as accións que levará a cabo 'Touradas fóra' figura un "peche simbólico" da praza de touros de Pontevedra, o día 8 de agosto, e a entrega na Subdelegación do Goberno das demandas do colectivo para a abolición das corridas na cidade.

A plataforma valora que este ano os carteis da publicidade dos festexos taurinos non apareza o logotipo do Concello de Pontevedra, e recorda que Cangas, Vedra, Dodro, Pobra de Brollón e Teo xa se declararon "abolicionistas" das corridas de touros.






23 de mayo de 2012

NON QUEREMOS TOURADAS EN GALICIA






Un día despois da apertura do prazo de presentación de ofertas para xestionar a feira taurina con subvención municipal indirecta, Galicia Mellor sen Touradas reclama a convocatoria dunha consulta popular sobre os festexos e recorda que «segue tendo un custo inferior ao propio gasto que suporá adaptar, limpar e engalanar o Coliseo para os festexos taurinos de verán».


Os abolicionistas critican ademais a «flexibilidade moral» do goberno municipal ao aceptar financiar «unha actividade criel e violenta, non apta para todos os públicos» e con todo rexeitar «as fórumlas de participación cidadá».

Segundo os cálculos do colectivo, o referendo para testar a conveniencia de dedicar diñeiro público ás corridas de touros entre os 200.000 electores da cidade tería un custo total de 40.000 euros, polo que non comparte a decisión do consistorio de subvencionar «unha actividade que non supera os 5.000 asistentes nos últimos anos e onde se regalan un gran número de invitacións que pagan os coruñeses».