Os Bombeiros do Salnés extinguiron un lume que se iniciou dentro dun estaleiro abandonado no Porto de Tragove, Cambados. Somentes arderon alguns enseres e papeis acumulados.
E é que existe xa unha denuncia na Garda Civil da semana pasada por un intento de incendio na mesma nave. Na actualidade o estaleiro é propiedade de Portos de Galicia e está prevista de outorgalo en concesión.
A dificultade para acceder ao interior da nave atrasou un pouco a extinción, pero unha vez dentro durou apenas uns minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.