Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
2 de noviembre de 2015
O CONCELLO DEVOLVERÁ OS CARTOS DAS TAXAS DA O.P.E DO 2006
ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL RELATIVO Á CADUCIDADE
DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2006
CONCELLO DE CAMBADOS
Faise público para xeral coñecemento que a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o pasado día 28.09.2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “Caducidade oferta de emprego público 2006.—Visto que en data 7 de agosto o Concello de Cambados solicitou informe á Deputación de Pontevedra sobre a posibilidade de caducidade da citada oferta de emprego público.
Visto o informe emitido polo Xefe de Servizo de Asistencia Intermunicipal, de data 21 de agosto de 2015, no que se conclúe que trancorreron máis de 9 anos desde a aprobación da Oferta e é polo que se debería declarar a caducidade da mesma.
Visto o informe emitido polo Secretario Municipal, de data 14 de setembro de 2015, no que se conclúe que se debería declarar a caducidade, no mesmo sentido que o informe da Excma. Deputación de Pontevedra e unha vez declarada a mesma, o Concello debería devolver ós aspirantes as taxas aboadas, xa que do contrario estaríamos ante un enriquecemento inxusto da Administración.
Polo que, en base ós informes expostos e ó artigo 70 do Estatuto Básico do Empregado Público, a Xunta de Goberno Local, acorda:
Primeiro.—Declarar a caducidade da Oferta de Emprego Público do ano 2006, unha vez transcorridos máis de tres anos desde a súa aprobación e en virtude do artigo 70.1 do Estatuto Básico do Empregado Público, sendo afectadas as seguintes prazas:
PERSOAL FUNCIONARIO:
— 1 Letrado Asesor-Xurídico
— 1 Arquitecto
— 2 Administrativos
— 1 Cabo de Policía Local
— 4 Gardas da Policía Local
— 2 Auxiliares administrativos
— 3 Operarios
PERSOAL LABORAL:
— 1 Asistente Social
— 1 Técnico de xestión cultural e deportiva
— 1 Dinamizador xuvenil
— 7 auxiliares de museos e información turística
— 1 Encargado de brigada
— 1 Encargado de pavillón
— 8 Operarios de zona
— 1 Responsable de almacén
— 1 Conductor
— 1 Conserxe-limpiador de colexio público
— 1 Limpiador dependencias municipais
Segundo.—Que se publique o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para xeral coñecemento.
Terceiro.—Que se dea conta á Intervención e Tesourería Municipais e ó Departamento de Persoal para o seu coñecemento e ós efectos de que se proceda á devolución das taxas aboadas no seu día polos aspirantes.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.