Os servizos sanitarios de urxencia asistiron a dúas persoas que resultaron feridas de gravidade a causa dun accidente de tráfico ocorrido no lugar de Sisán, en Ribadumia. Tras recibir a alerta ás 14:15 horas, o persoal do 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.
A alerta polo accidente produciuse arredor das 14.15 horas. O suceso rexistrouse na parroquia de Sisán e nel resultaron feridas dúas persoas que circulaban nun vehículo que quedou no medio dun terreo e sufriu importantes danos materiais na parte dianteira. O vehículo presuntamente colisionou contra outro turismo no que non houbo que lamentar feridos.
Os dos feridos sufriron lesións de gravidade e tiveron que ser atedidas no lugar dos feitos por unha ambulancia do 061 e logo evacuadas a distintos centros sanitarios.
Tras recibir a alerta, o persoal do 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Ribadumia e Cambados. Agora investíganse as causas do sinistro, no que algún dos dous turismos puido cometer unha imprudencia circulatoria ao non respectar un sinal de tráfico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.