Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de abril de 2015

DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS







Dous accidentes na Autovía do Salnés producíronse hoxe nun intervalo de apenas 4 horas. 
O primeiro prodúxose na V.G.-2 pasadas as 11 da mañán cando un automóbil colidiu contra unha furgoneta, probablemente  unha balsa de auga fixo que o conductor perdera o control do sue vehículo chocando contra a furgoneta. A Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia máis Protección Civil acudiron ao lugar sen ter que lamentar ningún ferido.
O segundo accidente aconteceu sobre as 3 e media da tarde na V.G.-3 a 200 metros da saída de Corvillón. Nesta ocasión un vehículo tan so implicado. Ao parecer o coche fóiselle ao conductor ata bater contra o muro dun paso elevado, tralo que fixo varios "trompos" e acabou dirección a Vilagarcía. O conductor, de Cambados non necesitou a asistencia da ambulancia que acudeu ao lugar xunto con Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.