Fátima Abal presenta as súas propostas sobre medio ambiente para un Cambados sostible, limpo e no que os animais sexan respectados
Así, a candidata socialista a alcaldía de Cambados inidcou que se compremete a levar a cabo unha protección real do litoral e zonas de protección paisaxística e de transición cara o Complexo Intermareal Umia-O Grove. Tamén é necesario promover un plan de restauración ambiental da desembocadura do río Umia. Revexetar as marxes con especies arbóreas autóctonas e as zonas de marisma.
Ademáis, mostrou o seu compromiso cos veciños afectados polas EDAR, polo que a dotación de medidas correctoras para as depuradoras de Tragove e Covas de Lobos serán medidas primordiais en levarse a cabo, unido a unha solución definitiva das emisións de verquidos fecais no mar e nos cauces fluviais.

Por outra parte, Fátima Abal plantexou un plan de restauración da costa de Tragove, con medidas que melloren paisaxísticamente o seu entorno, así como a eliminación do proxecto de colocación dunha comporta no Saco de Fefiñáns, debido ó seu impacto negativo no marisqueo e no ecosistema intermareal da zona.

Por outra banda, a posta en marcha dun plan de compostaxe de materia orgánica nas zonas rurais, para o aproveitamento de residuos orgánicos que sirvan como abonos naturais e creación dun Punto Limpo itinerante que recorra as parroquias e de mini puntos limpos. Concienciar e informar da importancia da adecuada xestión dos residuos, sobre todo dos tóxicos e perigosos. Ampliar o número de contenedores e os colectores de recollida selectiva, especialmente nas parroquias. “Queremos un Concello sostible, no que a reciclaxe o respecto ao medio ambiente sexa o habitual“, afirmou Fátima Abal.
Cambados tamén ten que ser un Concello que respecte e no que sexan respectados os animais. Así, a candidata socialista comprometeuse a unha defensa dos animais, medidas de protección e non programar nin autorizar espectáculos onde sexan maltratados.
Tamén se comprete á dotación de axudas ou facilidades para a dotación de medidas de aforro enerxético. Difusión e publicidade das axudas e subvencións procedentes doutras administracións de cara a distintas medidas de aforro enerxético
Por outra banda, tamén porá en marcha cursos de formación e sistemas de certificación en ecoturismo, turismo sostible e turismo da natureza, dirixidos ós hostaleiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.