Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de enero de 2015

OS ALEVÍNS DO CAMBADOS ACADAN O 3º POSTO NA COPA NADAL






Emoción hasta el último minuto en el VII Torneo DEPO Nadal 2014
Emoción ata o último momento nas finais do Torneo de Nadal da Deputación que se disputaron onte en Cotogrande. Na categoría alevín o Celta impúxose de maneira contundente (4-0) ante o Santa Marina, que realizou un gran torneo desde a primeira xornada. O Cambados superou o Porriño no partido polo terceiro e cuarto posto pero tivo que ser na quenda de penaltis (3-2), tras culminar o encontro con empate a cero. A final de consolación levouna o Celta B tras vencer por tres tantos a cero ó Rápido de Bouzas.

En benxamíns a vitoria foi para o Santa Marina, tras desfacerse na final do Celta nun disputado encontro que finalizou cun apertado 3-2 no marcador. O Areosa acabou terceiro, despois de lle gañar (1-0) ó Independiente no choque polo terceiro e cuarto posto. Na final de consolación venceu o Colegio Hogar, que se impuxo por 2 goles a 1 ó Ribadumia.
E na categoría prebenxamín o trofeo gañouno o Sárdoma tras unha brillante final que acabou vencendo por dous tantos a cero fronte ó Val Miñor. No encontro polo terceiro e cuarto posto impúxose o Victoria B ó Santa Marina por 2 goles a 1. A vitoria na final de consolación foi para o Victoria B, que venceu ó E. F. Portero (2-0).
Nunha primeira fase disputada en Sanxenxo, o equipo alevín de Cambados  gañou os seu partidos con autoridade, Amanecer (6-3), Noalla (7-1) e Sanxenxo (14-0).
Tanto o presidente da Deputación, Rafael Louzán, coma o seu vicepresidente, José Manuel Figueroa, xunto coa deputada Marta Iglesias e o delegado en Vigo da Federación Galega de Fútbol, Enrique González, agradeceron o esforzo das nais e pais, dos clubs e, por suposto, dos 2.380 nenos e nenas que participaron neste torneo, que alcanzou este ano a súa sétima edición consecutiva e logrou reunir a 140 equipos da área metropolitana das delegacións de Vigo e Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.