
O Campo de Castrelo, a pesares de estar situado nun dos sitios máis fermosos de Cambados, atópase nunha situación de total desprezo por parte do Concello de Cambados e da Deputación de Pontevedra.

A pasada semana presentaban dous escritos solicitando do Concello unha serie de necesidades básicas do Campo de Burgáns e dos Campos de O Pombal, á espera de poder reunirnos cos directivos do Beiramar para que fosen eles mesmos os que nos explicasen as demandas que ten este clube, e poder presentar tamén outro escrito solicitando as súas necesidades básicas.


A día de hoxe este campo ten unha serie de deficiencias e que son totalmente necesarias para poder seguir disputando os partidos e os entrenos.
No escrito que hoxe presentaron no Concello os Socialistas detallan as moitísimas deficiencias do campo.
-Peche do campo, só está cerrado pola metade, aínda que o clube puxo un pequeno valado provisional ao redor.
-Peche do campo con redes desde o muro de bloques, pois o muro ten moi pouca altura e os balóns saen continuamente fóra do recinto.
-Reparación de focos pois están estropeados e nos entrenos, nocturnos case sempre, non se ve nada.

-Acondicionamiento do baño dos espectadores, pois está totalmente deteriorado e incluso abandonado.
-Colocación dun cristal no ventanuco do vestiario do árbitro pois está tapado soamente cun cartón e entra frío e auga da choiva.
-Colocación dun contedor de residuos grande, só hai dous pequenos e non son suficientes posto que non hai ningunha papeleira nin nada similar.
-Acondicionamiento da zona que rodea o campo de xogo pois está chea de herba e lixo.
-Limpeza debaixo das gradas.
Por iso, solicitan do Concello de Cambados que promocione o deporte local, que non vaia só o día da foto do partido e que colabore coa reparación, conservación e limpeza que os clubes, tamén en crise, necesitan para poder subsistir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.