Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2014

"VAIA TROULA" DA TVG ADICA UNS MINUTOS A FESTA DAS ANGUSTIAS








O programa “Vaia Troula” (22.45 h.), que durante os últimos meses seguiu de preto as citas máis importantes do calendario festivo galego, despídese hoxe dos espectadores da TVG. E faino por todo o grande, desde a festa por excelencia do outono: o San Froilán de Lugo, que aumenta o seu interese ano tras ano e que rexistra en cada edición unha afluencia de centos de milleiros de visitantes.
 Desde Lugo, o espazo da TVG desprazarase ata a vila coruñesa de Cedeira, onde se celebra a I Exaltación do Percebe, coa que se quere homenaxear o seu produto máis emblemático. Os produtos do mar tamén son protagonistas durante estes días no Grove, que celebra a súa LI Festa do Marisco, un dos acontecementos máis multitudinarios da vila. Ata alí desprazaranse tamén os reporteiros de “Vaia Troula”.

 Outros dos destinos desta semana será a parroquia de Ponte Sampaio, en Pontevedra, que rememora a súa loita contra os franceses no marco da Guerra da Independencia, coa recreación da batalla como acto principal da celebración; e a localidade de ourensá de Maceda, que acolle, por sétimo ano consecutivo, o Entroido Quente e oRally do Humor.
 O programa da Televisión de Galicia tampouco perderá a gran sardiñada que se celebra na localidade de Sada, considerada de Interese Turístico, e a Rapa das Bestas de Moraña, que conserva esta ancestral tradición.
 A romaría de San Breixo en Barro, que honra o santo avogado da reuma; a festa de Santa Marta en Vilanova de Arousa; as festas patronais da Coruña, dedicadas á Virxe do Rosario; a Festa da Virxe das Angustias en Fefiñáns (Cambados) e o San Roque da parroquia de Tállara, no concello de Lousame, completan a proposta deste último “Vaia Troula” da temporada.


Información: TVG


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.