Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2014

UN EX XOGADOR DO CAMBADOS XOGARÁ A CHAMPIONS






Un ex xogador do Cambados xogará a Champions contra o Madrid. Dani Abalo do Ludogores, equipo que quedou encadrado no grupo dos merengues. 

GústameDani Abalo, formado nas categorías inferiores do Villagarcia s.d., chegou ao Celta procedente do equipo de Preferente Autonómica Club Juventud Cambados para xogar no Xuvenil, chegando a xogar no primeiro equipo . Antes de acabar esa tempada Rafael Sáez, adestrador do Celta B, chámao a formar parte do filial celeste, onde rápidamente faise coa titularidad. Non tarda en chamar a atención dos técnicos do primeiro equipo, así que o 3 de decembro de 2006, da man de Fernado Vázquez debuta con 19 anos en Primeira División no estadio de Son Moix fronte ao Mallorca.

Na tempada seguinte continua no Celta B e ten algunha participación co primeiro equipo ata que na tempada 2008/09 é ascendido definitivamente ao primeiro equipo. O 23 de xullo de 2009 a directiva celeste decide blindarle cun novo contrato ata 2013, e cunha cláusula de rescisión de 10 millóns de euros debido ao interese doutros equipos no extremo dereito.3

Na tempada 2010/11 partiu como suplente do veterano De Lucas, malia iso disputou 35 partidos (9 como titular e 26 como suplente) anotando 3 goles e dando 5 asistencias. Dani Abalo é unha das xoias da canteira celtista, sendo as súas principais calidades a velocidade e o desborde en carreira, pero o seu rendemento foi bastante irregular ao longo destes anos e aínda non conseguiu alcanzar o seu mellor nivel.

En xaneiro de 2013 o medio ofensivo abandona a disciplina do Celta para incorporarse a préstamo ao Beira-Mar. Na tempada 2012/13 o xogador celeste disputou só un partido de Copa baixo as ordes de Paco Herrera.


Ese ano 2013 ficha polo Ludogorets que este mércores consigueu a clasificación para xogar a fase de grupos da Champions de forma agónica ante o Steaua. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.