Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2014

DURO ENFRONTAMENTO ENTRE ARAGUNDE E FÁTIMA ABAL




Todo foi según o previsto no pleno celebrado en Cambados a noite pasada.
Toma de posesión da socialista Regina Núñez.
Moito falar de que os veciños teñen que ter alcantarillado, pero votan en contra da  moción dos socialistas sobre o alcantarillado na Revolta, Castrelo. 
Salientar que o forte do pleno veu no apartado de Rogos e Preguntas,  e no cal non contestou a absolutamente nada.
Respecto ás preguntas feitas por escrito, cabe destacar que o cartel da rotonda de Vilariño custou 15.911,50€.
Que a algunhas preguntas non contestaron porque non as entendían.(haberá que levarlle un traductor PP-Oposición e viceversa.
Que sobre a nova RPT, non hai ningunha proposta dos sindicatos, que non é certo que se vaian crear novos posto sno Concello, e sobre as denuncias din que non lles consta absolutamente nada ó respecto. 
Das axudas universitarias din que se prestan vía emerxencia social e que se publicitaron nos medios de comunicación. Según a interventora non existen este ano estas axudas.
O Alcalde acusou a Fátima Abal de insultalo o día da concentración cos traballadores da piscina, e cando lle di que eso é mentira, Aragunde resposta que a portavoz dos socialistas suxeitaba unha pancarta cunha persoa que lle chamou "Alcalde cabrón", polo tanto que é partícipe do insulto, Abal replícalle: "non lle consinto que me diga eso nun Pleno, e aínda máis sendo mentira, e pido ó Secretario que conste en Acta porque me parece unha inxuria vertida sobre a miña persona, tendo en conta ademáis que acudín á concentración coa miña filla de 7 anos"
Fátima Abal presentará un escrito contra él por verter tal inxuria, tan pronto haxa copia da Acta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.