Outra vez máis temos que falar de xente que entra en certos concellos a traballar grazas a sua labor "desinteresada" como apoderad@ ou interventor/a de certo partido.

Como decimos unha vez rematados os seus contratos estas duas persoas pasan a engrosar as listas do paro. Pero unha delas, xa algo sabía, ía proclamando aos catro ventos que nun dias voltaría a ser contratada. En fin enriba de enchufada, unha "bocazas".
Pasadas as eleccións europeas a persoa en cuestión e como dixemos antes en plan "bocazas", paseábase polo concello presumindo de que xa estaba a traballar para o concello, algo que incluso xente que debía estar por riba dela no escalafón de traballadores dese concello ignoraban.
Tirando do fío descúbrese que o concello, como non podía contratala de forma directa, xa que o posto que desempeñara antes voltaba a ser cuberto pola Deputación con persoas diferentes, contratouna por unha empresa externa e que é concesionaria dun servizo que cubre para o concello.
Por certo a dirección desa empresa descoñecía por completo a quen e para qué contratara a esa persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.