As queixas dos veciños de Cambados chegan a TVG.
![]() |
| "A TI MEU CAMBADOS" |
Os veciños da localidade pontevedresa de Cambados están indignados co aumento das multas por aparcar que están a sufrir dende hai un par de semáns. Din que a Policía Local os está a acribillar a multas en zonas onde ata hai uns días facían a vista gorda, chegando a poñer 65 sancións nun só día. Aseguran que os axentes están a ser especialmente rigorosos os días de mercado, e que as persoas maiores son as máis perxudicadas. Os veciños da rúa Borrón, unha das máis afectadas, estiveron a recoller firmas que hoxe entregarán no concello para que o alcalde os reciba e así poder demandarlle solucións.
| Imaxe: TVG |
Para ver a nova da TVG pica AQUÍ

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.