Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de julio de 2014

MOCIÓN URXENTE DO BNG SOBRE AS MULTAS




O BNG ven de presentar esta mañán unha moción urxente para tratar o asunto das multas a vehículos en lugares onde antes non había problemas.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Faro de Vigo
Que existe un malestar xeralizado entre os veciño/as de Cambados polo repentino e esaxerado incremento das multas e sancións de tráfico, por parte da policía municipal, en situacións nas que ata hai pouco tempo non foran consideradas como infraccións.
Desde hai uns días, veciños e veciñas que teñen as súas vivendas en determinadas rúas semipeonís (entre elas O Borrón, Isabel II, Castriño, Lugo …) están a ser multados por deixar os vehículos estacionados nas citadas rúas como, curiosamente, o veñen facendo desde hai anos e sen ser sancionados. Que os veciños/as afectados/as non entenden o recente e repentino cambio unilateral de criterio con respecto a este asunto e que en ningún momento o Concello o anunciou nin o consensuou con eles e que, polo tanto, desde o goberno municipal non se lles ofreceu ningunha alternativa coa que solucionar ou aminorar o problema da imposibilidade de aparcar preto das súas vivendas, a maioría das cales carecen de aparcamento.
Así mesmo, nos medios de comunicación se informaba de que o presidente dos comerciantes trasladou ao alcalde as queixas de comerciantes e hostaleiros porque tamén están sendo afectados por este mesmo tipo de problemática viaria, polo que semella que este asunto debe ser considerado xa un problema xeral para todo o casco urbano de Cambados e, como tal, resulta urxente que o Concello escoite aos prexudicados pola aplicación destes novos criterios viarios e lles dea algún tipo de solución. Ademais, segundo os medios de comunicación, os veciños/as afectados están a recoller sinaturas para solicitarlle ao concello ser recibidos  e que se lles dea unha solución ao problema de aparcamento recentemente creado.
A Ti Meu Cambados
Consideramos que a problemática descrita é de suficiente gravidade e afecta a tantos veciños/as que debería ser tratada en sesión plenaria, razón pola que presentamos esta moción, e que se a alcaldía o considera (o BNG así o cre), podería ser tratado nun pleno extraordinario de urxencia xa que o seguinte Pleno Ordinario será o último xoves do mes de agosto e, polo tanto,  demasiado tarde para resolver este problema.


Por todo isto,  o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo:
Instar ao Concello de Cambados a aclarar a posición do goberno municipal con respecto á problemática creada e que se paralicen as sancións  e multas de aparcamentos nas rúas nas que ata hai pouco tempo non se multaba por aparcar, ata que aos veciños/as  non se lles facilite algún tipo de alternativa de aparcamento nas rúas afectadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.