O C.J. de Cambados necesitaba gañar ou incluso a derrota servíalle para acadar o ascenso a 1ª Rexional, unha categoría que non debería ter perdido nunca.
Pero gañouse para que a festa fose total. 5 a 1 ante o Cruceiro un rival a priori dos complicados da categoría e que nestes momentos anda polo medio da clasificación.
Os goles foron marcados por:
1-0 Rubén Rial (10')
2-0 David Rial (22')
3-0 Unai Bermúdez (33')
4-0 Gabi López (49')
4-1 Javier Alonso (69')
5-1 David Rial (85')
Primeira tempada do equipo encabezado por Matías Fontán como presidente e promeiro éxito, agardando que non sexa o único.
Un equipo xoven con gañas de dar un pulo ao C.J. de Cambados e de metelo na categoría que merece.
Sen cartos pero con entusiasmo ficharon un adestrador con ganas e confeccioaron un plantel no que se mezcla algo de veteranía e moita xuventude apoiados por unha canteira ambiciosa que cumpleu con solvencia cando foron requeridos. Uns xuvenís que acadaron tamén o ascenso na súa categoría.
Sin esquecer o resto da base adestradores e rapaces que acadaron os obxectivos de formarse, aprender e incluso poder mellorar nas súas categorías.
Como por exemplo os infantís inmersos na fase de ascenso a Liga Galega, e xa onte pasaron a primeira rolda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.