Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2016

O MARTES REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA CATA DE VIÑOS E AUGARDENTES DE GALICIA










A Consellería do Medio Rural publicou esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da convocatoria dos concursos correspondentes á XXVIII Cata dos viños de Galicia, á XVIII Cata das augardentes de Galicia, á V Cata dos licores de herbas e de café de Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas e á II Cata das augardentes de herbas de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro martes, 10 de maio.
Todos os que queiran participar neste certame, consagrado xa no calendario galego, poderán atopar as bases e os correspondentes boletíns de inscrición na páxina web da Consellería do Medio Rural, concretamente na seguinte ligazón http://mediorural.xunta.gal/areas/alimentacion/cata_de_vinos_e_de_augardentes/.
De acordo coas bases, as solicitudes relativas aos viños con denominación de orixe e ás augardentes e licores deberán presentarse na sede do consello regulador correspondente, agás os viños da terra que se deberán enviar á Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentarias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Este tipo de concursos serven para premiar a calidade dos produtos agroalimentarios, o cal redunda na súa propia promoción e aumento do seu prestixio entre os consumidores. Ademais, a realización deste tipo de certames tamén ten efectos positivos en relación coa mellora das condicións de produción e elaboración polo interese dos participantes en acadar un recoñecemento público.
Para a organización deste evento, a Consellería do Medio Rural conta coa colaboración do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, así como coa dos cinco consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas galegas e coa do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.