Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2014

RAFAEL LOUZÁN POSIBLE CANDIDATO A ALCALDÍA DE CAMBADOS?






A Deputación de Pontevedra financiou 114 campos de fútbol nos 62 concello da provincia, baixo o mandato de Louzán, esto quere decir que se fixeron case dous campos por concello e máis de 10 campos por ano.
Pero cantos pavillóns se fixeron? 
Acaso non teñen outros deportes a mesma importancia que o fútbol?
Non se pide que faga a mesma cantidade de pavillóns pois todos sabemos que o fútbol é practicado por moita máis xente, pero a proporción tampouco se da.
Poderíase seguir con outras cousas as que a Deputación e Louzán non prestaron a mínima atención.

Por outro lado esta mañán compareceu en rolda de prensa na que afirmou ..." non hai incompatibilidade entre a nova responsabilidade e o cargo de presidente da Deputación polo que compaxinará ambos os dous cargos actuando con "transparencia".  
Dixo tamén Louzán que "non ten intención de deixar a política xa que "seguramente" estará en "algunha" candidatura do Partido Popular aos comicios municipais, que se celebrarán en maio de 2015.
"O gran reto é presentar 62 candidaturas gañadoras" do Partido Popular na provincia "e seguramente vou estar nalgunha destas candidaturas", así confirmouno Rafael Louzán aos xornalistas durante unha rolda de prensa na Deputación.

Estas verbas deixan dudas de si seguirá presente nas listas da sua Ribadumia natal ou polo contrario mudará de concello e hai varios candidatos posibles entre eles Sanxenxo onde a actual alcaldesa non ten seguro participar e Telmo Martín é un candidato nulo, tras a espantada de hai case 8 anos e os seus problemas coa xustiza, dos que por agora saleu libre.



Outro posible destino de Louzán pode ser Cambados debido ao desgaste de Aragunde que non conta co apoio dos míticos líderes populares de Cambados e que xa se reflectiu nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo e tendo en conta que Aragunde aínda non se pronunciou ao respecto.

Veremos que acontece nos vindeiros meses.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.