Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TELMO MARTIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TELMO MARTIN. Mostrar todas las entradas

19 de diciembre de 2014

RAFAEL LOUZÁN POSIBLE CANDIDATO A ALCALDÍA DE CAMBADOS?






A Deputación de Pontevedra financiou 114 campos de fútbol nos 62 concello da provincia, baixo o mandato de Louzán, esto quere decir que se fixeron case dous campos por concello e máis de 10 campos por ano.
Pero cantos pavillóns se fixeron? 
Acaso non teñen outros deportes a mesma importancia que o fútbol?
Non se pide que faga a mesma cantidade de pavillóns pois todos sabemos que o fútbol é practicado por moita máis xente, pero a proporción tampouco se da.
Poderíase seguir con outras cousas as que a Deputación e Louzán non prestaron a mínima atención.

Por outro lado esta mañán compareceu en rolda de prensa na que afirmou ..." non hai incompatibilidade entre a nova responsabilidade e o cargo de presidente da Deputación polo que compaxinará ambos os dous cargos actuando con "transparencia".  
Dixo tamén Louzán que "non ten intención de deixar a política xa que "seguramente" estará en "algunha" candidatura do Partido Popular aos comicios municipais, que se celebrarán en maio de 2015.
"O gran reto é presentar 62 candidaturas gañadoras" do Partido Popular na provincia "e seguramente vou estar nalgunha destas candidaturas", así confirmouno Rafael Louzán aos xornalistas durante unha rolda de prensa na Deputación.

Estas verbas deixan dudas de si seguirá presente nas listas da sua Ribadumia natal ou polo contrario mudará de concello e hai varios candidatos posibles entre eles Sanxenxo onde a actual alcaldesa non ten seguro participar e Telmo Martín é un candidato nulo, tras a espantada de hai case 8 anos e os seus problemas coa xustiza, dos que por agora saleu libre.



Outro posible destino de Louzán pode ser Cambados debido ao desgaste de Aragunde que non conta co apoio dos míticos líderes populares de Cambados e que xa se reflectiu nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo e tendo en conta que Aragunde aínda non se pronunciou ao respecto.

Veremos que acontece nos vindeiros meses.





14 de junio de 2013

EMBÁRGANLLE O SALARIO A TELMO MARTÍN.





Unha débeda pendente da Sociedade Deportiva Teucro levou ao Xulgado do Social Número 2 de Pontevedra ten decretado o embargo "da parte proporcional do soldo e demais prestacións que perciba o executado, Telmo Martín González, do Congreso dos Deputados".

Os xornalistas Begoña Márquez e Juan Martínez contan en páxinas do Faro de Vigo que en marzo do ano 2011, Telmo Martín se ofreceu como avalista "subsidiario" ao equipo de balonmán coa finalidade de levantar o embargo que pesaba sobre as contas do club.
Sucedeu durante a precampaña para as eleccións municipais nas que se presentaba por segunda vez á alcaldía.
Sobre o Teucro había unha reclamación de 50.000 euros instada polo xogador Coque Fontenla. A Sociedade Deportiva Teucro asinou un plan de pagamentos de acordo con Coque Fontenla. O ex capitán teucrista cobraría en quince talóns. Pero só cobrou os dous primeiros.



8 de marzo de 2013

TELMO MARTÍN PODERÍA TER QUE PASAR POLOS XULGADOS DE CAMBADOS






O Tribunal Supremo concluíu que "non constan indicios de criminalidad" contra o exalcalde de Sanxenxo e deputado do PP, Telmo Martín, en relación coa construción duns bloques de vivendas en Portonovo.

A Asociación de Veciños de San Cristóbal denunciara presuntas irregularidades, ao estimar que a construción de tres bloques de vivendas na zona do humedal de Baltar podía constituír un delito contra a ordenación do territorio.

O Tribunal di que non, de momento e á vista da documentación aportada. Por iso devolve ao Xulgado de Instrución número 2 de Cambados a investigación, para que se aporte máis información. 

E entende o Tribunal que non estaría de máis interrogar ao propio Telmo Martín.








20 de diciembre de 2012

O SUPREMO DECIDIRA SI PRESCRIBIU UNHA DENUNCIA CONTRA TELMO MARTIN





O Tribunal Supremo asume a investigación aberta en 2007 polo xulgado de Cambados sobre o exalcalde de Sanxenxo e presidente local do PP en Pontevedra, Telmo Martín, denunciado por Salvemos Pontevedra por un suposto delito de tráfico de influencias na recualificación dun solar en Portonovo.

O xulgado cambadés inhibiuse ao ser Telmo Martín un aforado.

O Supremo deberá decidir primeiro se os feitos investigados xa prescribiron.

Martín foi denunciado en xaneiro de 2007 polo colectivo ecoloxista pola recualificación dos terreos fronte á praia de Baltar de Portonovo nos que a empresa da que Martín era socio, Construcuatro, comprou tres parcelas por importe de 595.000 euros.

As leiras, inscritas no rexistro mercantil de Cambados como rústicas, foron vendidas no ano 2005, unha vez clasificadas como chan urbano, por 2,8 millóns de euros á construtora da familia de Xosé Cuíña Crespo, ex conselleiro popular de Política Territorial.

A urbanización, xa levantada, foi obxecto dunha paralización cautelar pola suposta invasión dun humidal.