Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de octubre de 2014

OS CAMPOS DO POMBAL ESTÁN MOI DETERIORADOS




OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN O DETERIORO E ACUSAN AO CONCELLO DE ABANDONO
Son moitos os nenos de Cambados que acoden á Escola de Fútbol do Campo de O Pombal, e son tamén moitos os partidos que se xogan nestas instalacións ás que acoden tamén nenos de fora a enfrentarse cos xogadores do Cambados en diferentes categorías.


Estas instalacións desde hai tempo mostran moitas deficiencias que poñen en perigo a seguridade e hixiene para os nenos.
O Concello debe manter as instalacións nun estado aceptable para o desenrolo da actividade e non se está facendo.
Por iso, os Socialistas de Cambados solicitan o seguinte:
  • Reparación da cuberta da grada do campo dianteiro posto que hai unha canaleta rota e cae a auga a chorro sobre a grada e sobre o propio campo de entreno
  • Retirar os fosos dos xogadores do campo de diante xa que dificultan o paso de persoas
  • Solucionar o feito de que o campo se atope totalmente encharcado por determinados sitios
  • Acondicionamento dos vestuarios posto que algún se atopa incluso sen porta
  • Acondicionamento e limpeza integral dos baños no seu conxunto, incluido o do árbitro que se atopan nun estado lamentable. Cos lavabos completamente cheos de óxido e suciedade
  • Limpeza nas instalacións no seu conxunto pois hai suciedade e basura por todo o recinto ( dentro dos vestuarios, ó lado das gradas, baños, contenedores se vaciar desde hai días, etc).
  • Os vestiarios polo menos o dos árbtros e os adestradores precisan algo de mobiliario, por exemplo unha taquilla, mesa ou sillas...
  • A pista de atletismo, rota por varios sitios, precisa dun valado polo seu perímetro. Tal como está agora non se poden xogar partidos oficiais de ningún tipo porque o árbitro precisa dunha zona de seguridade co público. Este feito se o árbitro o reflexa na acta do partido acarrea unha multa ó clube de forma semanal.
  • Colocación de redes detrás das porterías. Os balóns vanse moi lonxe cando non collen dirección á portería. Acarrea unha gran pérdida de tempo nos partidos e un problema nos adestramentos.
  • Os campos tanto o número 1 coma o número 2, aínda que son de herba artificial, necesitan mantemento: hai que regar de vez en cando e tamén limpar as malas herbas que saen.
  • Non campo 1 non hai marcador e no campo 2 hai un, pero leva avariado desde o primeiro día.
  • Suxeitar con algún medio os fosos dos xogadores do campo traseiro pois son tirados do revés na pista, polo vento de xeito frecuente
  • Cubrir os laterais da grada do campo de atrás, pois doutro xeito é totalmente inservible, xa que chove dentro e está sempre mollada polo q non pode ser utilizada axeitadamente
  • Revisión das chemineas que están enriba dos vestuarios posto que se quentan con frecuencia e chegan a botar fume sen motivo aparente
  • Revisión da zona dos depósitos que está nun estado lamentable.
Pensamos que con todas estas deficiencias os nenos non teñen a seguridade e medidas hixiénicas que deberían ter para poder desenrolar a actividade polo que se prega ó Concello de Cambados solucione estes temas de forma urxente.
Ademáis o clube solicita como medida primordial para a súa subsistencia unha cafetería dentro do recinto, xunto ó campo, para ser utilizada polos afecionados e xogadores, sen ter que saír do recinto como se fai actualmente, xa que este feito fai que a xente entre e saia do campo sen pasar sequera por diante do bar.
Dado as dificultades económicas que atravesa o clube, vese aquí unha posible fonte de ingresos tanto nos días de entreno coma nos días de partido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.