Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de octubre de 2014

OS SOCIALISTAS PIDEN MELLORAS EN BURGÁNS




Por todos é sabido que na actualidade o Club Juventud de Cambados non está pasando polo seu mellor momento, pero non por iso o Concello pode desentenderse desta situación que están vivindo os afecionados do fútbol local. O Concello debe promocionar a súa actividade  e adecuar as súas instalacións : as intalacións do Campo de Burgáns están nunha situación de total abandono por parte do goberno local.

Os problemas xa non son só de mantemento senón de reparación e construcción de novas estructuras. A situación é verdadeiramente deplorable. Non entendemos como se chegou a esta situación nestas instalacións que cada vez son menos visitadas polos afecionados por culpa da situación na que se atopan.
Desde o grupo municipal socialista, solicitan en concreto e como medidas urxentes para frear o deterioro total deste campo para poder contribuir ó resurximento do Club, o seguinte:
  • Reparación da cuberta das gradas que está rota e cae auga da chuvia tanto pola parte de detrás como pola parte dos asentos e acondicionamento da mesma xa que está chea de óxido.
  • Reparación de aspersores rotos
  • Reparación de focos
  • Solucionar o problema dos charcos e da falta de herba no campo, xa sea extendendo o abono necesario para que medre a herba onde falta ou buscando outra solución que sexa máis axeitada para poder desenrolar a actividade que alí se fai, que é xogar ó fútbol. O campo non se levantou nunca, leva co mesmo céspede desde novembro do 1989, e ademáis está plagado de toupeiras
  • Limpeza debaixo das gradas que están cubertas de escombros e basura
  • Reparación das manillas das portas exteriores do Baño dos Homes e do Vestuario Local que están totalmente rotas
  • Reaparación dos marcos de madeira das portas dos baños
  • Acondicionamento das porterías fixas do terreo de xogo, están oxidadas, failles falta limpeza e pintura. Ou cambio das mesmas xa que agora xa non se usan as porterías de ferro por ser moi perigosas.
  • Acondicionamento do Bar, que non ten chan, as barras están cheas de auga cando chove, hai suciedade e porquería..., e que sería unha boa fonte de ingreso para o Clube os días de partido, pero que non se pode utilizar adecuadamente pola situación na que se atopa.
  • Conservación dos trofeos que por sorte son moi numerosos, pero que non teñen un lugar axeitado onde estar expostos. A súa conservación tal e como están agora mesmo é imposible, moitos estánse estropeando e deteriorando por non contar cun lugar axeitado para elo.
  • Acondicionamento do acceso ó Campo para persoas de movilidade reducida que a día de hoxe é imposible, e non contan con ningún tipo de facilidades para acudir ás gradas. Ademáis, unha vez chegados á grada non teñen lugar onde colocarse, pois diante da primeira fila de asentos , pola situación da cuberta, cae moita auga os días de chuvia.
  • Adquisición de dúas porterías móviles (de fútbol 8) para o acortamento do campo durante os adestramentos.
  • Un letreiro novo na entrada na visera do campo. Poñía “campo municipal de Burgáns“ e agora quedan letras soltas polo efecto do mal tempo.
  • Un radiador ou algo similar nos vestiarios porque en inverno son moi fríos e non se aguanta a temperatura
  • Unha rede alta por detrás dunha das porterías porque a que hai está rota e o clube perde moitos balóns por esa rotura durante cada tempada
Por último o Clube necesita ter acceso a regar o campo cando o considere oportuno, media hora antes do partido, por exemplo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.