Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de febrero de 2013

UNIÓNS AGRARIAS URXE UNHA REUNIÓN DA MESA DO VIÑO








A baixa a produccion, a caida dos prezos e o brutal incremento dos custos de explotación, provocaron unha dramática caida nos ingresos nos cosecheros da DO Rias Baixas, ata tal punto que urgen unha convocatoria da Mesa Sectorial do Viño, para lograr unha estabilidade no sector de cara a vindeiras campañas.
Reivindican que os prezos cubran os costes e que este conten cunha estabilidade ó longo de varios anos e poñen exemplos concretos; unha expotación media da DO Rias Baixas, con 1,6 hectareas, pasou duns beneficios medios próximos aos once mil euros na colleita 2011, a unhas perdas superiores aos dous mil en 2012.
Ademais de pedir esta estabilidade nos prezos a varios anos, dende Unións Agrarias instaron á Consellería do Mar a promover entre as adegas a creación de contratos homologados, outorgando subvencións unicamente a aquelas que os fagan.
Rías Baixas apenas produciu en 2012 doce millóns de litros, seis menos dos que foi quen de vender no exercicio anterior. Polo que segundo Xosé Ramón González é imposible que as adegas conten con stock. E  é que Unións Agrarias quéixase de que os productores non sempre cobran o que se lles promete. Con todo, Xosé Ramón González quixo felicitar ó Consello Regulador por ter iniciado a actualización de censos e parcelas. 
Dende Unións Agrarias engadiron que hai outros temas pendentes dos que falar: a fixación do obxectivo do rendemento por hectárea, que non pode ser igual cada ano e a posibilidade de utilizar a poda en verde como mecanismo de control.
E din que este é o mellor momento para entrar nunha negociación, e alcanzar un acordo beneficioso para todos os implicados, fóra das especulacións propias da colleita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.