Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ACCIDENTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACCIDENTES. Mostrar todas las entradas

28 de noviembre de 2020

DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE NA AUTOVÍA


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudiu a un accidente de tráfico na Autovía do Salnés, no concello de Meis. Colaboran na intervención Ambulancias do 061, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Persoal de Mantemento de Estradas.

Os feridos foron evacuados ao Hospital
Quirón Domínguez con dor cervical, lumbar, dorsal, torácico e mazaduras. Son condutor da furgoneta J. M. R. F e acompañante J. B. G. Estivo cortada a Autovía 4 horas en sentido Pontevedra, o accidente produciuse próximo a unha saída e entrada polo que se puido desviar o tráfico polo devandito acceso.


19 de noviembre de 2020

ACCIDENTE SIN FERIDOS EN CAMBADOS


Un turismo e unha furgoneta chocaron frontalmente cando circulaban pola Rúa Os Caeiros de Cambados sen que se chegasen a rexistrar feridos. Na intervención colaborou a Policía Local do municipio, segundo informa Emerxencias Cambados a través da súa conta de Twitter.
 


 

17 de noviembre de 2020

DOUS ACCIDENTES SIN GRAVES DANOS ESTA MAÑÁN EN CAMBADOS


O Servizo de Emerxencias do
Concello de Cambados vén de intervir en dous accidentes de tráfico.

O primeiro dos accidentes tivo lugar na Avenida do Salnés,moi próximo ao I.E.S. Ramón Cabanillas. Unha colisión
frontolateral que se saldou unha persoa ferida. R. P.V. que é evacuada ao Hospital do Salnés con dor cervical e lumbar pola Ambulancia do 061. Colaboran na intervención a Policía Local e Ambulancia do 061. O segundo accidente ocorreu preto da Rotonda de Vilariño. Este segundo contratempo saldouse sen feridos e produciuse por unha colisión por alcance. Colaboraron no dispositivo a Policía Local e a Garda Civil de Trafico.


16 de octubre de 2020

UNHA MULLER E A SÚA FILLA DE 4 ANOS FERIDAS NUN ACIDENTE EN CAMBADOS


Esta tarde, pouco despois das 18:30 hrs producíase un accidente de tráfico na Avenida de Vilariño, pouco despois da rotonda en dirección ao centro de Cambados. Nunha colisión por alcance, resultaron 2 persoas feridas. A copiloto de un dos vehículos implicados, E.V. B.D. de 41 anos con dor cervical e lumbar e a súa filla A. N. B. B. de 4 anos con molestias polo cinto. Ambas foron derivadas ao Hospital do Salnés.

Ambas son de Villagarcía. Participan no operativo a Ambulancia do 061, Policia Local de Cambados e o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.


UN CAMIÓN ENVORCA E PERDE A SUA CARGA EN VILANOVA


Un camión que transportaba 24.000 quilos de fertilizante granulado perde a súa carga ao envorcar en Vilanova de Arousa

O condutor dun camión que transportaba 24.000 quilos de fertilizante granulado resultou ferido e tivo que ser trasladado despois de que o vehículo envorcase e perdese a súa carga en Vilanova de Arousa, concretamente nunha rotonda no punto quilométrico 18 da PO-531, a conocida como rotonda de San Simón en Baión.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil de Tráfico, a circulación de vehículos continúa con precaución na rotonda, excepto a incorporación a Caldas de Reis, que permanece pechada ao tráfico mentres continúen os traballos para restablecer as condicións de seguridade na estrada. Con este fin, a empresa transportista á que pertence o camión encárgase da limpeza da vía e do transbordo da mercancía que rematou espallada no accidente.

O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás 17:00 horas a través da chamada dunha persoa particular e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Salnés, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada. 

14 de octubre de 2020

UN FALECIDO E TRES FERIDOS NA ILLA



Un home faleceu e outros tres resultaron feridos nun accidente sucedido sobre medianoite no municipio da Illa de Arousa ao saírse un vehículo da vía. Segundo informou o 112, tivo coñecemento dun accidente de tráfico na Illa de Arousa que finalizou cunha persoa falecida e outras tres feridas. Así o confirmou o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se desprazou ao lugar do sinistro tras recibir o servizo de emerxencias a chamada de alerta dunha persoa particular. A persoa que alertou indicou que o accidente, unha saída de vía dun vehículo, produciuse pasada a medianoite deste mércores na rotonda de acceso á vila, na estrada PO-307. Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios e dos axentes da Garda Civil de Tráfico que, pouco tempo despois, confirmaron o falecemento dun ocupante, mentres que os outros tres resultaron feridos de diversa consideración. Este operativo contou coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados que, unha vez no lugar dos feitos, advertiron da gravidade do suceso. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, así como persoal sanitario do PAC de Cambados para atender a catro pacientes. En concreto, o persoal do 061 confirmou o falecemento no punto dun home de 54 anos, J.D.M.; mentres que outros dous homes foron evacuados ao Hospital do Salnés: D.V. P., de 40 anos e A.D. J., de 18. Pola súa banda, foi levado ao PAC de Cambadados R.V. P., de 40 anos, confirmaron fontes sanitarias.
O condutor J. C.D.M. de 54 anos falecido. O copiloto A.D. J. de 17 anos ferido. Ambos vivían desde hai pouco tempo na Illa Os pasaxeiros D.V. P. e R.V. P. de 40 anos e veciños de Vilanova de Arousa.
Na intervención estivo a Ambulancia do 061 de Cambados, Persoal Médico do Pac de Cambados, Ambulancia Medicalizada do 061, Mantemento de Estradas, Garda Civil de Trafico e Atestados.



2 de octubre de 2020

UN HOME FERIDO NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Este mediodía producíase un accidente no cruce da  Avenida de Galicia coa rúa Os Olmos. Por causas que se descoñecen, aínda que todo parece indicar que foi por debido ao esbaradizo da estrada, un ciclomotor foise ao chan.

Como consecuencia o condutor J. M. P.I. de 68 anos e veciño de Cambados foi trasladado ao Hospital do Salnés con feridas en mans e dor no nocello dereito.
Na intervención colaboraron a Policía Local de Cambados e a Ambulancia do 061.


19 de septiembre de 2020

UN CICLISTA FERIDO DE GRAVIDADE NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Un ciclista resultou ferido tras colidir con un vehículo. O suceso prodúxose pouco antes das nove da noite na estrada PO-549 na parroquia cambadesa de Corbillón. O vehículo parou no paso de peóns e ao ciclista non lle deu tempo de frear, polo que embistou ao turismo.

S. G.M. de 48 anos foi evacuado ao Hospital do Salnés pola ambulancia medicalizada. O home tiña un forte golpe na espalda.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Trafico. No punto Guardia Civil de Cambados, Policía Local de Cambados e Emerxencias Cambados.


10 de septiembre de 2020

UN ACCIDENTE EN OUBIÑÁ SÁLDASE CUN FERIDO

Esta mañá poucos minutos despois das 9 da mañán, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudía a un accidente de tráfico, no que viron implicados dous turismos, na Po-300, na parroquia de Oubiña en Cambados.
Como resultado do sinistro un xoven resultou ferido. O home con iniciais V.O.R. e de 29 anos foi evacuado ao Hospital do Salnés con dor cervical e lumbar.
Na Intervencion estivo a Ambulancia do 061 de Cambados e a Garda Civil de Trafico, xunto ao mencionado Servicio de Emerxencias de Cambados.

Preto das 8 da tarde dous vehículos colisionaron por alcance na rúa A Mariña no centro de Cambados. Como resultado do impacto unha muller resultou ferida M R. C. O. que foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor torácica, lumbar e cervical.

8 de septiembre de 2020

UN NOVO ACCIDENTE MARÍTIMO SALDASE CON UN HOME FERIDO DE CONSIDERACIÓN



O tripulante dunha embarcación sufriu pequenas lesións malia envorcar a embarcación que manexaba contra unha batea na Illa de Arousa.
Ocorreu pasada a medianoite, tal e como indicou unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o tripulante ferido.
As lesións parecían de escasa importancia, sinalou, e a embarcación foi recollida coa axuda doutros particulares. Así, malia contactar o 112 Galicia con Salvamento Marítimo, descartouse a necesidade de enviar medios de rescate debido a que a lancha xa fora remolcada e o ferido xa estaba a ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O home presentaba cortes profundos no queixo e na gorxa, segundo a información facilitada polos servizos de Emerxencias, e foi trasladado ao Hospital do Salnés.
Cómpre sinalar que o accidente produciuse no Peirao do Campo e alí acudiron tamén os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Cambados.


3 de septiembre de 2020

UN FERIDO NUN ACIDENTE EN CABANELAS


Esta mañán producíase un accidente de tráfico en Cabanelas, no termo municipal de Ribadumia. O condutor dun ciclomotor J. M. P. de 75 anos e veciño de Cambados saíuse da via por razóns que se descoñecen. Foi trasladado ao Hospital do Salnés con dor torácica e feridas no brazo dereito.
Na Intervencion estivo o Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, Ambulancia do 061 e Tráfico que instrúe o atestado.


23 de agosto de 2020

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CASTRELO




Esta madrugada en torno a unha da mañán producíase un accidente de tráfico en O Facho, Castrelo. En concreto un vehículo saíase da vía. Como consecuencia do sinistro resultou ferido e posteriormente evacuado ao Hospital do Salnés F. P. C. de 21 anos e veciño de Cambados. O xoven presentaba un cadro de dor cervical e tamén na cadeira. O vehículo ao saires da vía causou danos na caseta da Confraría de Mariscadores.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Trafico que acudeu ao lugar xunto co Servicio de Emerxencias do concello de Cambados cun camión e a Ambulancia.





18 de agosto de 2020

DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Durante a noite deste luns a martes producíase un accidente de tráfico na PO-300, ao seu paso pola parroquia de Oubiña no municipio de Cambados. Un lugar onde habitualmente se producen accidentes. Algúns deles con falecidos.
A Garda Civil de Tráfico investiga as causas de como a condutora perdeu o control do turismo e o vehículo saía da vía caendo a parte dianteira sobre a cuneta. Os dous ocupantes,  M. M. P., de 21 anos e o copiloto A.A.M., de 18 anos, sufriron dor cervical e dorsal. No caso do acompañante tamén se queixaba de dor lumbar, información facilitada polo Servizo de  Emerxencias do Concello de Cambados.
Ambos foron evacuados ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061. Ata o lugar  se desprazaba unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, que instrúe dilixencias sobre o accidente e os mencionados anteriormente, ambulancia do 061 e as Emerxencias do Concello de Cambados.


12 de agosto de 2020

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Este mediodía producíase un accidente de tráfico na Avenida de Vilariño. Exactamente no cruzamento desta avenida coa rúa do Castro que leva aos pes do Monte da Pastora:
Como consecuencia do choque frontolateral entre un turismo e unha motocicleta resultou ferido  C.V.M. de 45 anos, veciño de Ribadumia e conductor da moto.  O Home foi trasladado ao Hospital do Salnés con feridas e dor lumbar, cervical e dor brazo es
querdo. 
Acudiron ao lugar dos feitos o Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados, Ambulancia do 061, e a Policía Local que instrúe as dilixencias oportunas.



9 de agosto de 2020

MORRE LOGO DE BATER CONTRA UN ESCAPARATE

Un rapaz, A. L. B. de 24 anos e veciño de A Illa, perdeu a vida na madrugada de hoxe despois de saírse da vía co quad no que circulaba e chocar contra un escaparate á altura do número 58 da Rúa Castelao, no termo municipal pontevedrés da Illa de Arousa.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, a causa do impacto, o condutor sufriu múltiples lesións. De feito, varios particulares contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia médica urxente para o ferido ás catro horas desta madrugada.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos  profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, ao chegar no punto onde se produzo o sinistro, tan só puideron confirmar o falecemento do condutor.
Cómpre sinalar que desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse tamén a intervención dos Bombeiros do Salnés, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil de Cambados





5 de agosto de 2020

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS

Na mañán de hoxe mércores rexistrouse un accidente de tráfico en Cambados concretamente na PO-300 (Cambados-Oubiña), á altura de Vilariño, na subida cara ao polígono industrial.
No siniestro víronse implicados dous vehículos. Como consecuencia da colisión unha muller resultou ferida, D. C. B. C. de 20 anos, veciña de Cambados, que foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor cervical e dorsal pola ambulancia do 061, segundo informa o Servizo de Emerxencias Municipal de Cambados, que se desprazaron ao lugar xunto á Garda Civil.
 



11 de julio de 2020

SALVAMENTO ABANDONA A PROCURA DOS DOUS MOZOS DESAPARECIDOS EN PORTO DO SON

O dispositivo de Salvamento Marítimo para dar cos dous mozos que o sábado desapareceron tras envorcar o seu kaiak na costa de Porto do Son (A Coruña) abandonou este sábado a procura activa e entrará nunha segunda fase despois de "a intensa e extenso" labor dos días anteriores. Segundo informan fontes de Salvamento, a partir deste sábado seguiranse emitindo "avisos" ás embarcacións que transcorran pola zona para "pedirlles que extremen a vixilancia e comunicarlles a quen se busca". De igual modo, as patrullas marítimas manterán a súa "actividade rutineira", pero con preferencia pola costa onde desapareceron os dous mozos: entre praia de Sieira e Cabeiro. O obxectivo, explican as mesmas fontes, é que "á mínima novidade, vólvase á procura activa pero cunha información concreta". En canto aos efectivos de Protección Civil, este servizo indica a Europa Press que tiña previsto continuar a procura cunha lancha, pero tiveron que abandonar este dispositivo debido a que o vento do norte non lles permitía achegarse á costa. ACCIDENTE O accidente tivo lugar na praia de Coira, na localidade de Portosín este luns pola tarde, cando tres amigos, dous mozos e unha moza, facían uso da embarcación. Sobre as 21,30 horas deste luns un particular comunicou ao 112 Galicia desde a Praia de Coira, en Portosín, que facía tres horas que tres novos saíran a navegar e non volveran. Tras coñecer os feitos, Salvamento Marítimo mobilizou un dispositivo de procura con medios marítimos e aéreos, ademais de terrestres e subacuáticos. Os servizos de emerxencia localizaron o luns o kaiak envorcado e rescataron a unha das ocupantes da embarcación en terra. A moza foi trasladada ata o aeroporto de Santiago nun helicóptero de Salvamento Marítimo, desde onde foi levada ao CHUS. As outras dúas persoas que viaxaban no kaiak, dous homes, permanecen en paradoiro descoñecido. No dispositivo despregado desde o luns tamén participaron efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, axentes da Garda Civil e persoal de Protección Civil de varias localidades.


5 de julio de 2020

UN INCENDIO EN OUBIÑA E UN ACCIDENTE EN PUENTEARNELAS NAS ÚLTIMA HORAS


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudeu a un accidente de tráfico na PO-300, en Pontearnelas (Ribadumia) que se produxo minutos antes das duas da tarde. Na intervención colaborou Protección Civil de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Ambulancia do 061. Evacuada a condutora dun dos vehículos A. G. P. de 24 anos evacuada ao hospital do hospital.

Doutra banda produciuse un incendio urbano en Loureiro, na parroquia de Oubiña en Cambados sen que houbese que lamentar feridos. Os propios residentes na vivenda apagaron o incendio. Daquela os Bombeiros do Salnés e o Servizo de Emerxencias de Cambados ventilaron a vivenda.


UNHA PERSOA FERIDA NUN ACCIDENTE EN RIBADUMIA

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na noite deste sábado en Sisán, en Ribadumia.
Trátase dunha persoa que responde as iniciais N. B. P., de 28 anos, e presentaba feridas na cara e dor dorsal e lumbar.
Foi evacuada ao hospital do Salnés nunha ambulancia do 061.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.


27 de junio de 2020

DOUS FERIDOS EN SENLLOS ACCIDENTES ESTA TARDE EN CAMBADOS


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudeu esta tarde a dous accidentes en Cambados. O primeiro accidente de tráfico foi na Po-300, Oubiña . Na Intervencion estivo a Ambulancia do 061 de Cambados, Policia Local de Cambados, Garda Civil de Trafico. O ferido M.I. C. de 69 anos, foi evacuado ao Hospital do Salnés.
O segundo accidente de aconteceu na Po-300, Vilariño. Na participaron a Ambulancia do 061 de Cambados, Ambulancia Medicalizada do 061, Policia Local de Cambados, Garda Civil de Trafico e Atestados. O ferido S. R. B. de 17 anos é evacuado ao Hospital do Salnés.