Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ENSINANZA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENSINANZA. Mostrar todas las entradas

28 de noviembre de 2020

CORONAVIRUS NOS CENTROS DE ENSINO DO SALNÉS

Os casos de coronavirus nos centros educativos galegos diminúen unha xornada máis, ata os 1.062, o que supón 44 menos que 24 horas antes, aínda que a cifra de aulas pechadas aumenta nunha, ata as 52. Así o evidencia o parte remitido este sábado pola Consellería de Sanidade, con datos dos departamentos de Educación e Política Social, que recollen a situación ata o venres. Segundo este informe, os únicos dous centros pechados en Galicia por mor da pandemia son a escola infantil A Barcala, onde se detectou un caso, e outro centro infantil, A Xirandola, de Santiago, que leva clausurado unha semana tras outro caso de covid. A área sanitaria de Pontevedra, rexistra 135 afectados por coronavirus (tres menos) e oito aulas pechadas (unha máis). Desta zona, presentan un importante número de casos activos o CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados, con sete (dous menos) e tamén o IES Sánchez Cantón de Pontevedra, no que hai 6 positivos (baixa un).

A continuación os datos dos centros de ensino do Salnés con algún alumnos
afectado.

SANXENXO                                            E.I Municipal O Revel                     1

RIBADUMIA                                           E.I. Municial Querubines                 1

VILAGARCÍA DE AROUSA                  E.I Municipal Vilagarcía de Arousa         1

A ILLA DE AROUSA                             CEIP da Torre-Illa                              1

A ILLA DE AROUSA                             CPR Sonrisas y Lágrimas                    1

A ILLA DE AROUSA                             IES da Illa de Arousa                         1

CAMBADOS                                           CEIP de Corvillón                            4

CAMBADOS                                           CEIP Plurilingüe E. Barreiro Piñeiro    7

CAMBADOS                                           CEP Antonio Magariños Pastoriza      1

CAMBADOS                                           CPR Salesianos A Mercé                   1

CAMBADOS                                           IES Francisco Asorey                       2

CAMBADOS                                           IES Ramón Cabanillas                      2

MEAÑO                                                   CEIP de Coirón-Dena                     1

MEAÑO                                                   CEIP P. de Meaño-As Covas            2

MEAÑO                                                   IES de Meaño                               3

MEIS                                                        CPI de Mosteiro-Meis                   2

O GROVE                                                CEIP Plurilingüe de Conmeniño       1

O GROVE                                                IES Monte da Vila                          2

O GROVE                                                IES Plurilingüe As Bizocas              3

RIBADUMIA                                          CPI Julia Becerra Malvar                   1    

SANXENXO                                           CEIP de Noalla-Telleiro                      2

SANXENXO                                           CEIP de Portonovo                            1

SANXENXO                                           CEIP Plurilingüe Cruceiro                    2

SANXENXO                                           CEIP Plurilingüe Nantes                      3

SANXENXO                                           IES de Sanxenxo                               2

SANXENXO                                            IES de Vilalonga                               2

VILAGARCÍA DE AROUSA                 IES Castro Alobre                                     2

VILAGARCÍA DE AROUSA                 IES Fermín Bouza Brey                             1

VILANOVA DE AROUSA                     CEIP Plurilingüe Xulio Camba                   2

VILANOVA DE AROUSA                    IES A Basella                                           3



9 de septiembre de 2020

A DESINFECCIÓN DOS CENTROS DE ESTUDO É COMPETENCIA DA XUNTA, NON DOS CONCELLOS

"A desinfección dos centros escolares con motivo del Covid-19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza". De esta forma conclúe o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra que foi solicitado por concellos da provincia, como xa ocorreu noutras zonas do estado, para coñecer o alcance real do "Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021" das Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade da Xunta de Galicia.
A solicitude do informe dos concellos á Deputación, sobre se a desinfección dos centros é ou non competencia dos municipios, ven motivada porque o documento da Xunta establece medidas de prevención e medidas xerais de limpeza como un protocolo de limpeza e desinfección, limpeza dos aseos ao menos dúas veces ao día, existencia de material de desinfección, realización de limpeza e desinfección dos postos compartidos nos cambios de quenda, e ao finalizar a xornada, entre outras.
O informe asinado polo Secretario Xeral da Deputación, que xa foi remitido aos concellos, inclúe toda a normativa legal tanto estatal como autonómica en materia de educación, salubridade pública e de sanidade, incluídas as responsabilidades mínimas aínda que non sexan competencias municipais, nas que non figura nin unha soa excepción para que sexan os concellos os que corran coa desinfección dos centros.
Tamén figura a única normativa que regula la desinfección del Covid-19 como lexislación do Estado nos centros docentes é o RDL 21/2020, de 9 de xuño, que di que "As administracións educativas deberán asegurar o cumprimento polos titulares dos centros docentes, públicos ou privados, que impartan as ensinanzas contempladas no artigo 3 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, das normas de desinfección, prevención e acondicionamento dos citados centros que aquelas establezan". "Esta nova competencia, di o informe da Deputación, diríxese ás administracións educativas e os municipios non o son, como así claramente se deduce da Disposición Adicional décimo quinta da L.O. 2/2006, de 3 de maio. As administración educativas son concretamente o Ministerio de Educación e a correspondente consellería autonómica en materia de educación"
Así, o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra é contundente: "podemos establecer, asevera, que a desinfección dos centros escolares con motivo del Covid-19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas, que excede da pura limpeza". O informe incluso refire que "para esta nova competencia (impropia) que se traslada aos concellos mediante unha disposición que non ten o rango normativo suficiente, non se acudiu nin á delegación de competencias na que deberá de valorarse o impacto no gasto nos municipios afectados sen que en ningún caso poida conlevar un maior gasto dos mesmos (art. 27 LRBRL), nin a encomenda de xestión a través do correspondente convenio que así mesmo deberá acompañarse da financiación necesaria (art. 11 Lei 40/2015, de 1 de outubro).


6 de enero de 2020

DOCE CENTROS ESCOLARES DO SALNÉS PARTICIPAN NO PROGRAMA CLUBS DE LECTURA NO CURSO 2019-20


Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe.
O programa Clubs de Lectura impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional chega este curso a 247 centros escolares de toda Galicia e a aproximadamente 12.700 alumnos.
O programa vai dirixido a centros públicos titularidade da consellería que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou de réxime especial. Por provincias, do total de participantes neste curso, 105 centros pertencen á provincia da Coruña, 37 centros á de Lugo, 25 á de Ourense e 80 á provincia de Pontevedra, 12 deles no Salnés.
A iniciativa, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.
Para tal fin, a Consellería destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro que se destina, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club de lectura (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.
Estes clubs actúan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá; ao tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas con pouco interese por este hábito. Estanse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe.
Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

O SALNÉS:
IES Francisco Asorey, Cambados

IES Monte da Vila, Grove, O

IES Plurilingüe As Bizocas, Grove, O

IES da Illa de Arousa, Illa de Arousa, A

IES de Meaño, Meaño

CEE de Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa

EOI de Vilagarcía, Vilagarcía de Arousa

IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa

IES Fermín Bouza Brey, Vilagarcía de Arousa

IES Miguel Ángel González Estévez, Vilagarcía de Arousa

IES A Basella, Vilanova de Arousa

IES Faro das Lúas, Vilanova de Arousa

20 de noviembre de 2019

ALUMNOS DO SALNÉS PRESENTAN OS SEUS PROXECTOS "DEPOEMPRENDE" NA DEPUTACIÓN


Máis de 300 rapazas e rapaces de entre 10 e 11 anos dos 9 centros da provincia participantes en "DepoEmprende na Escola" tomaron esta mañá o salón de plenos da Deputación de Pontevedra na presentación das 14 cooperativas que van desenvolver ao longo do curso escolar. O alumnado máis novo, dos cursos de educación primaria e especial, amosou o seu compromiso co coidado do medio ambiente ao centrar os seus proxectos na sustentabilidade, na reciclaxe e na ecoloxía. Ademais, en canto aos beneficios, as nenas e nenos fixeron gala da súa solidariedade ao explicar que parte das súas ganancias irán destinadas a diferentes ONGs ou asociacións, entre as que destacaron diversas protectoras de animais.

O acto comezou co saúdo en vídeo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao alumnado participante no que animou ás nenas e nenos a que seguiran formándose na cultura emprendedora e a "desenvolver a súa creatividade de cara a creación de empresas". A continuación, o alumnado dos centros participantes de educación primaria e especial, dividido en dúas quendas, presentou as súas cooperativas e, posteriormente, foron entregados os NIF. A xornada rematou coa actuación de A Saco Circo, co que todas as rapazas e rapaces gozaron e participaron nun espectáculo cheo de humor, xogos, maxia e malabares.

Máis polo miúdo, na primeira quenda, o CEE Pontevedra presentou a cooperativa "3E"; o CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados explicou a súa cooperativa "Vilariño's Company"; o CEIP Antonio Palacios do Porriño presentou "Naturoides"; O CEIP Santo André de Xeve de Pontevedra presentou tres cooperativas, "Redex", "Xeveshop" e "Cooperativa Escolar Xeve" (C.E.X); e o alumnado do CEE Vilagarcía de Arousa leva a cabo "Specialmans". No que respecta á segunda quenda, o CEIP Plurilingüe núm. 1 de Tui foi o primeiro en presentar a súa cooperativa "MC'Pache"; o seguinte centro en expoñer foi o CEIP A Xunqueira I de Pontevedra, que conta con catro cooperativas, "Multishop", "Ecoxunqueira", "Lado Bio" e "Xunqueir@s"; o alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona explicou o seu proxecto "Aloumiños de Papel"; e, finalmente, o CEIP Serra-Vincios de Gondomar pechou a xornada coa presentación da cooperativa "Coopevincios".




5 de julio de 2019

INFORMACIÓN DE UTILIDADE PARA XÓVENES I ESTUDANTES



OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL E VOLUNTARIADO  -   Verán  2019

MONOGRÁFICOS DE TEMPO LBRE: Talleres creativos...

□ ... con coiro, pulseiras  (AINDA ESTADES A TEMPO DE INSCRIBIRVOS)
Datas:  16  de  xullo  
Horario: de  11 A 13 h
Gratis
□ ... con bricks: carteiras (AINDA ESTADES A TEMPO DE INSCRIBIRVOS)
Datas:  23 de xullo
Horario:  de 11 a 13 h
Gratis
Precisas  Bricks con tapa   (Opcional: papel que che guste)
□ ... con técnica de kumihimo
Datas:   6 de agosto
Horario: de 11 a 13 h
Gratis
□ ... con telar abalorios
Datas: 13  de agosto
 Horario: de 11 a 13 h
Gratis
□ ... con plástico: flores
Datas: 20 de agosto
 Horario:  de 10:30  a 13.30 h.
 Gratis
Precisas  3 botellas
□ ...con trapillo: bolso
Datas: 27 e 28 de  agosto 
Horario: de 11:00 a 13:h
Gratis
Precisas 1 ovillo de trapillo


Prazas limitadas por orde de inscrición

Información : Oficina Municipal de Información Xuvenil e voluntariado Centro “A Merced” –  Tel.986542663 / 673533331 omix@cambados.es




- Bolsas para estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Bolsas para estudos no Centro Superior de Hostalaría de GaliciaA Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).
Tipos de bolsas:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Gastronomía e Xestión en Cociña.
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas:
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba  de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta convocatoria.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU200A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de agosto de 2019.
Máis información no DOG do 1 de xullo de 2019 e en 
http://www.cshg.es/index.php/es/formacion/informacion-interes/becas-y-financiacion

Aloxamento da universidade da Coruña


Aloxamento da universidade da Coruña
As residencias universitarias son servizos de asistencia destinados a proporcionar aloxamento ao membros da comunidade Universitaria.
Prazo:
Para o curso 2019-2020 está aberto o prazo para solicitar as residencias de Ferrol e Coruña ata 14:00 horas do día 19 de xullo de 2019.

Residencia Universitaria Pública de Ferrol. Folleto
Rúa Sánchez Barcaiztegui, 28
15402 Ferrol
Teléfono: 981 337 400 ext.: 3696

Residencia Univ. Pública de A Coruña "Elvira Bao". Folleto
Rúa Archer Milton Hutington, 24
15011 A Coruña

Residencias privadas na Coruña e en Ferrol: https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento/

   Proxecto

Proxecto "Millennials" 2019

Plan de emprego para a mocidade
Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de  Garantía Xuvenil.
Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade  e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.
Esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.


- Participantes no proxecto "Millennials"
As e os participantes nos programas deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • Ter entre 16 e 30 anos (ou a idade límite que no seu momento poida establecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil), estar en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Preferentemente da provincia de Pontevedra (en calquera caso sempre deben ser da Comunidade Autónoma de Galicia)
  • Superar o proceso de selección
Ademais, estes programas estarán destinados ás mozas e mozos que, cumprindo os requisitos anteriores, desexen mellorar as súas habilidades e capacidades para incorporarse ao mercado laboral por conta allea.
As accións formativas que se van desenvolver no 2019 son as seguintes:
Máis información:



                        EOIFondo Social Europeo




- Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios

Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitariosO Ministerio de Educación convoca 2.356 bolsas de colaboración en departamentos universitarios para promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.
A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.000 €.
Requisitos:
Poderán solicitar bolsas colaboración os estudantes universitarios que no curso 2018-2019 estean matriculados de último curso de estudos de Grao ou de primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades
A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es  no apartado correspondente a «Trámites e Servizos» e enviala antes do 18 de setembro de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xullo de 2019 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html




12 de junio de 2019

A CAMBADESA PAULA GONZÁLEZ RECOLLE O PREMIO SOFÍA NOVOA


O pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia, acolle este mércores a partir das 19 horas a entrega dos terceiros Premios Sofía Novoa á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de grao e máster da Universidade de Vigo. O evento será presentado pola escritora Ledicia Costas e servirá ademais para dar visibilidade á figura de Novoa Ortiz, unha muller esquecida pola historia que empregou a música como vehículo para o ensino. Deste xeito, a música do piano, instrumento que Novoa estudou, terá tamén un papel protagonista no desenvolvemento do acto.
Este ano recibirán os III Premios Sofía Novoa Ortiz, Paula González, Laura Cao, Alba Vicente, María Dolores Fernández, Andrea López e Belén Calero que centraron as súas investigacións nos estereotipos e roles tradicionais, na linguaxe sexista, na visión andocéntrica dos dicionarios, na perspectiva de xénero na educación, na análise de profesións e estudos feminizados e masculinizados na FP e nas desigualdades entre mulleres e homes no ámbito científico-tecnolóxico. Todas elas recollerán os galardóns da man da presidenta Carmela Silva e terán a oportunidade de explicar no pazo de Gandarón a súa motivación para introducir a perspectiva de xénero nos seus TFG/TFM.
Máis polo miúdo, tres mulleres recibirán premios relativos á modalidade fin de grao. O primeiro premio, dotado de 1.000 euros, será para Paula González de Cambados pola súa obra "V. O segundo galardón, tamén con 1.000 euros, será recollido por Laura Cao Dóriga, de Viveiro, por "O rol da muller e a linguaxe sexista na tradución cara ao galego e ao español de The house on Mango Street". Pola súa banda, o terceiro premio, de 600 euros, será para Alba Vicente, da Guarda, con "Análisis de la representación de la mujer en la vigesimotercera edición del diccionario de la lengua española (RAE y ASALE) y sus actualizaciones".
No caso dos traballos fin de grao recibirá o primeiro premio, dotado con 1.000 euros, María Dolores Fernándes del Pozo, de Mos, por "Introdución da perspectiva de xénero na aula de inglés como lingua estranxeira: proposta de adaptación dunha unidade didáctica real para 1.º de Bacharelato". O segundo galardón , tamén con 1.000 euros, para Andrea López Pastoriza, de Moaña, por "Trazos de xénero na elección de estudos na familia profesional de Administración e Xestión". Pola súa banda, o terceiro premio, de 600 euros, será para Belén Calero Blanco, de Vigo, por "Ciencia y género: una propuesta didáctica para trabajar en el aula".







27 de mayo de 2019

CONVOCADO O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA ESTUDANTES GALEG@S


Nova información facilitada pola OMIX de Cambados

*   Aloxamento para estudantes, aberto prazo pola universidade de Santiago (USC).
                Prazos: Para os solicitantes de nova admisión: dende o día 2 de maio ata ás 14:00 h do 28 de xuño de 2019 ambos os dous inclusive.
Máis información en  http://www.usc.es/es/servizos/oiu/aloxest.html Tlf.: 881 814 574 / 575/ 582

*A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de textos e material escolar para o curso 2019/2020.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 20 de xuño de 2019. Máis información no DOG do 20 de maio de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros


A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.
1. No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2018/19. 
2. Nas axudas para adquirir libros de texto podrá participar alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial. 
3. Nas axudas para adquirir material escolar podrá participar o alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
A asignación de libros farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
Obrigas das persoas beneficiarias:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19.
Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 20 de xuño de 2019.
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 20 de maio de 2019 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros

*   A Consellería de Política Social abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.
Máis información en : xuventude.programas@xunta.es


A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), aposta pola importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal e de socialización da nosa xuventude, para a adquisición de valores e competencias e para a construción da cidadanía e a promoción da cohesión social e o compromiso.
Así mesmo, a diversidade funcional representa un escenario que require de novas realidades de traballo e da necesidade de transformar as accións para que os distintos espazos sexan de verdade espazos inclusivos.
Con este fin, e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.
Tratarase de monitores e monitoras de tempo libre que conten con formación especializada ou con experiencia acreditada neste eido.
As persoas interesadas deberán enviar a información relativa á súa formación e/ou experiencia a través deste formulario.
A DXXPV comunicará os datos facilitados á empresa ou empresas que resulten adxudicatarias do servizo de monitorado de apoio das persoas con discapacidade nos campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, coa finalidade de seleccionar os equipos de apoio nos distintos campamentos.
A comunicación de datos procurará información sobre monitorado coa formación e experiencia necesaria para tratar de garantir a participación plena das persoas con discapacidade nos distintos campamentos, pero non implica compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria.
A presentación do formulario leva implícita a autorización para trasladar os datos consignados no formulario á empresa adxudicataria do servizo de monitorado de apoio.