Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta xuventudes socialistas cambados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xuventudes socialistas cambados. Mostrar todas las entradas

26 de octubre de 2015

ISMAEL AGRA PARTICIPOU NA CONFERENCIA POLÍTICA DAS J.S.E. EN ALACANTE








As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participaron esta fin de semana na Conferencia Política das Juventudes Socialistas (JSE) que tivo lugar na cidade de Alacante na que se aprobou a proposta programática da organización xuvenil para as vindeiras eleccións xerais de decembro.

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza afirmou que “as ideas e propostas dos mozos e mozas socialistas que debatimos esta fin de semana son as que marcarán a folla de ruta neste eido do Goberno socialista con  Pedro Sánche como Presidente”.

"A primeira prioridade dos mozos e mozas socialistas pasa pola loita contra o desemprego xuvenil, apostando pola derogación da Reforma Laboral do Partido Popular e pola posta en marcha un Plan de Estratexia Nacional contra esta lacra, na que se inclúa un plan para a recuperación do talento xoven, así como o regreso de todos os mozos e mozas exiliados por culpa das nefastas políticas do Partido Popular”, declarou Aitor Bouza.

“Os socialistas estamos comprometidos coa igualdade de oportunidades, polo que apostamos pola derogación da LOMCE e a posta en marcha dunha nova Lei Orgánica de Educación de consenso co sector educativo. Apostamos por qué ningún estudante quede fóra da universidade pola situación económica da súa familia, apostando por un sistema de bolsas de estudo amplo, xusto e equitativo”, engadiu o Secretario Xeral.

Dende a organización xuvenil mostraron que “dentro da nosa ampla proposta de reforma constitucional, apostamos pola laicidade do Estado xa que garantiza a liberdade de conciencia de todos e todas, apostando pola denuncia do Concordato coa Santa Sede e revisando a financiación da Igrexa Católica”.

Aitor Bouza concluiu afirmando que “as próximas eleccións serán decisivas para o noso país xa que marcarán as bases dun novo modelo de país polo que as Xuventudes Socialistas apostamos por un modelo de país coa xustiza social como pedra angular e alicerce da España que debemos construir entre todos e todas”




28 de agosto de 2015

XSG PIDEN UNHA SOLUCIÓN PARA O RIO UMIA







As XSG esixen á Feijoo que poña unha solución inmediata á contaminación do Río Umia e escoite dunha vez á veciñanza

 As Agrupacións de Caldas, Meis e Cambados presentaron unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia, pola que convidaron ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, xa que tanto pasea por Galicia, aínda que “por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.”

XSG: “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron no día de hoxe unha campaña pola que reivindican a recuperación do Río Umia. Aproveitaron con esta campaña para convidar ao Sr. Rajoy a darse un baño no río, “xa que tanto pasea por Galicia, aínda que por desgracia seguro que teríamos a mesma imaxe que nos dera o Sr. Fraga no lago de Palomares.”
Segundo as declaracións da Organización “sentímonos alarmados pola situación río Umia, consideramos que é o maior exemplo do abandono do Medio Ambiente por parte da Xunta de Feijóo. Un feito que representa un ataque á identidade Galega do país do ríos, non protexer os noso ríos é non protexer a nosa identidade e patrimonio natural.”
As Agrupacións das XSG de Meis, Cambados e Caldas de Reis uniron as súas forzas para facer esta demanda e reinvicar que “a riqueza ecolóxica do Umia que tivo historicamente e, aínda que moi mermada, segue a ter actualmente ven pola súa diversidade de fauna e flora, formando ademais na súa desembocadura a Enseada do río Umia catalogada coma Zona Húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR). Sen embargo, nos últimos anos se veu convertido nun dos máis contaminados, sendo practicamente ano tras ano, dende a construción do Encoro da Baxe, noticia por problemas ambientais.”
Dende as XSG explicaron que “a construción do Encoro da Baxe foi o inicio da situación na que actualmente se atopa o Umia. Unha construción chea de irregularidades e que se fixo coa oposición total da veciñanza das vilas afectadas: Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. O Encoro vendeuse coma a solución ao abastecemento de augas da zona do Salnés e Caldas e as enchentes que se producían en Caldas ano tras ano; o certo é que isto non foi así, os problemas de abastecemento empeoraron até chegar a ser un risco para a saúde durante algunhas tempadas e as enchentes seguen a ser unha constante anual.”
Os mozos/as socialistas lamentaron que “o verquido tóxico da empresa Brenntag do 2006 tinguiu de azul turquesa sete quilómetros do río, provocando efectos ambientais que aínda perduran hoxe. Logo do verquido de Brenntag veu a crise da microcystina, o peche das comportas do Encoro para reducir a velocidade da mancha de Brenntag, aumentou a concentración del alga tóxica Microcystis aeruginosa, que dende ese ano se repite tódolos veráns.”
Continuaron explicando que “temos que sumar, a todo isto, a presenza da Egeria densa, un alga invasora que comezou a aparecer no Umia no 2005 e que ano tras ano, foi proliferando por todo o cauce dende a zona do Malecón de Caldas de Reis ata invadir completamente as súas augas en zonas onde está estancada.”
Para finalizar, dende a Organización concluíron esixindo o compromiso inmediato da Xunta de Galicia con esta problemática que lonxe de atopar unha solución, empeora co tempo. “Un presidente da Xunta comprometido co medio ambiente realmente non tivera permitido que se chegase a esta situación.”




24 de abril de 2015

FORO MUNICIPAL DAS JSE






O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Cambados e de Comunicación das XSGalicia, Ismael Agra, participa esta fin de semana no Foro Municipal e Autonómico que as Juventudes Socialistas de España celebran na cidade de Candás, Asturias.
Neste Foro estarán presentes mozos e mozas de delegacións de Xuventudes Socialistas de todo o país. Ismael Agra participará na ponencia sobre municipios de menos de 20 mil habitantes “o valor da cercanía” onde se porá enriba da mesa a importancia do municipalismo como eixo das políticas socialistas.
Con esta experiencia Ismael Agra agarda “adquirir coñecementos de concelleiros socialistas para a partir do 24 de maio facer das políticas de xuventude un eixo fundamental da acción das políticas do Concello de Cambados con Fátima Abal como Alcaldesa”.
Ademais neste Foro tamén se tratarán as políticas municipais nos concellos de máis de 20 mil habitantes, así como varios obradoiros sobre campañas electorais e o funcionamento das institucións no ámbito municipal.
Por outra banda, o Secretario Xeral das XSG Cambados intervirá na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Cambados o vindeiro martes xunto o ex-Lehendakari de Euskadi Patxi López, o S.Xeral do PSdeG Gómez Besteiro e a candidata a Alcaldía de Cambados, Fátima Abal.




8 de marzo de 2015

MENTIRAS E PROPAGANDA





As Xuventudes Socialistas de Cambados saíron hoxe ao paso do anuncio dun acordo entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para a reforma da cuberta da piscina municipal a dous meses das eleccións municipais.

O Secretario Xeral, Ismael Agra, asegurou que “trátase dunha mentira máis de Luis Aragunde, quen pretende enganar aos cambadeses a dous meses das eleccións xa que durante toda a lexislatura non foi capaz de cumprir nin unha soa proposta do seu programa electoral”.

Asemade, Ismael Agra recordou que “esta obra lévase anunciando tres veces dende o 2008, polo que xa estamos acostumados a que as promesas do PP se queden en nada”. “O capricho do Partido Popular de ter esta cuberta estalle saíndo moi cara aos cambadeses, xa que teñen que asumir o custe da electricidade mentres o delegado da Xunta e exalcalde só pisa Cambados para sacarse fotos, pero non foi capaz todos estes anos de licitar esta obra”, engadiu o Secretario Xeral.

“En 2010 anunciouse a cesión á Xunta de Galicia para a reforma, e en 2011 fomos as Xuventudes Socialistas as que denunciamos que a Xunta, co seu delegado en Pontevedra á cabeza, Cores Tourís, volvía a abandonar esta obra”, afirmou Ismael Agra.

“Cambados non merece un Alcalde que non é capaz de reclamar aos seus compañeiros de partido que colaboren co Concello para solucionar un problema, síntoma de que o Partido Popular pasa olimpicamente da nosa vila”, sentenciou o Secretario Xeral. 



15 de diciembre de 2014

O PP VIVE NO SÉCULO XIX. E LEVA AOS CIDADÁNS CON EL






As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe a lamentable situación do servizo de trens rexionais que conectan Santiago de Compostela con Vigo, A Coruña e Ourense; en especial de modo que “centos de universitarias e universitarios vense na obriga de viaxar sen asento e cos pasillos bloqueados polas maletas, o cal pode resultar máis propio do transporte de gando que de persoas”.

“Os estudantes galegos, tamén os cambadeses, deberían poder viaxar en transporte público con total seguridade”, afirmou Ismael Agra. “Ademais as conexións de transporte público da nosa vila coas cidades galegas son pésimas, froito da nefasta política en mobilidade do Partido Popular”, engadiu.

O secretario xeral das XSG Cambads, Ismael Agra, destacou que “o Partido Popular está demasiado obcecado con recuperar o seu glorioso século XIX, non só ideoloxicamente, senón que pretenden manter a Galicia coas mesmas infraestruturas daquel século”. Tamén recalcou a necesidade “dun servizo público de ferrocarís que responda ás necesidades das mozas e mozos galegos, que non poña en risco a súa seguridade nin que os trate como se de mercadorías se tratase”. Dese modo instou á responsable de Fomento, Ana Pastor, “a aumentar inmediatamente a frecuencia de ferrocarrís nas fins de semana”, por ser cando se producen as criticadas aglomeracións.

O líder da organización socialista puxo en cuestión a privatización do sector ferroviario, lembrándolle á ministra de Fomento que “a mobilidade das persoas tamén é un dereito fundamental que se debe garantir, máis se cabe nas rexións nas que esta se ve dificultada polas complexidades xeográficas”. Porén, instaron á titular deste departamento a “deixar de desfacerse de servizos públicos e empezar a traballar pola súa mellora”.

Do mesmo xeito, Agra censurou que “milleiros de millóns de euros de inversión pública vaian ser agora aproveitados por unha empresa privada, o cal é un reflexo do modelo de goberno do Partido Popular: pagar entre toda a cidadanía os custos que ningunha sociedade privada quere asumir”.

Dende a organización xuvenil tamén criticaron “a pasividade do goberno de Núñez Feijoo á hora de reclamar un servizo de cercanías entre as cidades galegas, feito que facilitaría as comunicacións entre galegas e galegos. Esiximos ao presidente da Xunta que deixe os seus intereses partidistas e defenda o interese xeral dos galegos e galegas.” Concluíu afirmando sobre Feijoo que “ben que se presentaba como o maior defensor da patria de Galicia cando gobernaba o Partido Socialista no goberno central.”

1 de noviembre de 2014

XUVENTUDES SOCIALISTAS CRITICAN A DEIXADEZ DE ARAGUNDE





As Xuventudes Socialistas de Cambados saíron hoxe ao paso das declaracións de Luis Aragunde nas que afirmaba deixar en mans do Capítulo do Serenísimo a decisión de se o seu compañeiro do Partido Popular Jaume Matas debería ostentar o cargo de Cabaleiro do Albariño.

Ismael Agra afirmou “é vergoñento que Luis Aragunde afirme deixar en mans do Capítulo do Serenísimo que o seu amigo que está na cadea siga representando ao noso viño e a Cambados cando el mesmo forma parte da mesma, polo que podería tomar partido en calquera momento ”.

“No mes de xullo pedímoslle que na xuntanza do Capítulo Serenísimo, como Copeiro Maior, solicitase que se lle fose retirado o título a Jaume Matas, sen obter resposta, polo que ese silencio é entendible como complicidade con que o encadeado popular siga representando a Cambados”, engadiu o Secretario Xeral.

Agra concluíu afirmando que “as declaracións de Luis Aragunde o único que pretenden e botar balóns fóra”. “Non ser contundente contra a corrupción e os corruptos demostra a conivencia de Aragunde e todo o Partido Popular coa mesma”.







3 de septiembre de 2014

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS CUMPRE TRES ANOS






"O 3 de setembro de 2011 comezaba unha nova etapa da historia do socialismo en Cambados co nacemento das Xuventudes Socialistas de Cambados", estas foron as primeiras palabras do seu Secretario Xeral, Ismael Agra na celebración do terceiro aniversario do nacemento da organización político xuvenil en Cambados. 3 anos de traballo e iniciativas a prol da cidadanía.
Ismael Agra quixo aproveitar a ocasión para facer un balance positivo destes anos, conseguindo, no eido orgánico, situar a Cambados no mapa do socialismo español trala boa relación coas Juventudes Socialistas de España e no eido político, conseguindo a chegar o proxecto á mocidade cambadesa, resaltando a moi boa relación entre as XSG Cambados e o PSdeG cambadés liderado por Fátima Abal. 
Como mostra do anteriormente dito está a toma de posesión de Regina Núñez da acta de concelleira polo PSdeG tralo seu traballo en XSG Cambados, sobre todo no eido da igualdade e os dereitos e liberdades civís. 
As Xuventudes Socialistas de Cambados tamén quixeron mostrar o seu total e absoluto apoio á candidata á Alcaldía de Cambados Fátima Abal e destacaron que sexa a primeira muller socialista que opte a Alcaldía en Cambados. 



15 de julio de 2014

OS SOCIALISTAS PIDEN QUE SE RETIRE O TITULO DE CABALEIRO A JAUME MATAS




AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS ÚNENSE A PETICIÓN

Durante a Festa do Albariño, Cambados convírtese no foco de atención dos medios de comunicación. O desfile da comitiva do Partido Popular e da do Capítulo do Serenísimo centra todas as miradas o domingo da Festa. A única función de Damas e Cabaleiros é a defensa do Albariño en tódolos ámbitos e lugares posibles.

Levamos anos denunciando a acaparación que fai o Partido Popular da Festa de tódolos cambadeses, nomeando Damas e Cabaleiros soamente a cargos dese partido. Isto  trae como consecuencia o nomeamento de persoas con capacidade máis que dudable para defender o noso viño e representar a Cambados no exterior.


A inminente entrada na cadea de Jaume Matas, Cabaleiro do Capítulo do Serenísimo e ex-Ministro de Medio Ambiente co Partido Popular, pon de manifesto o anteriormente mencionado. Non é de recibo que o viño que todos defendemos teña como defensor a unha persoa que está na cadea por corrupción.


Por outra parte, a toma de decisións do Capítulo do Serenísimo, organismo encargado do nomeamento de Damas e Cabaleiros, correspóndelle ao Gran Mestre do mesmo, na actualidade Alberto Nuñez Feijóo. Na súa ausencia, as comepetencias recaen no Copeiro Maior, na acutalidade vostede mesmo, Luis Aragunde.

Polo tanto os Socialistas de Cambados piden que na vindeira xuntanza do Capítulo do Serenísimo o Alcalde de Cambados, Copeiro Maior do mesmo, inste ao Gran Mestre, Alberto Nuñez Feijóo, a que retire o título de Cabaleiro ou Dama do Capítulo do Serenísimo da Festa do Albariño a todos aqueles condeados por corrupción, comezando por Jaume Matas i Palou.

12 de julio de 2014

XUVENTUDES SOCIALISTAS LANZAN UNHA CAMPAÑA DE APOIO AO COLECTIVO LGTB






O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Cambados, Ismael Agra, presentou a campaña 'Manifestámonos polo que eles reprimen', para sumarse á Conmemoración do día Internacional do Orgullo LGTB (lesbianas, gays, transexuais e bisexuais) celebrado a pasada semana, e contra "as condutas homófobas do PP rancio".

Con respecto a isto, declarou que Xuventudes Socialistas non permitirá que se trate de impoñer" ao conxunto da sociedade "un fanatismo fundamentalista", cando a sociedade galega "ía polo bo camiño". Ademais, criticou que o Partido Popular presenta "moita fachada e pouca práctica" e que "din unha cosa pero votan outra", nas campañas de defensa da comunidade LGTB.



"No último ano aprobáronse leis perjudiciales anti-LGTB en varios países", denuncian XS, unhas normas que declaran, que "poden fomentar a homofobia e ter efectos moi tóxicos na vida da xente".

Por iso, Xuventudes Socialistas  manifestan que están "en contra de todo tipo de discriminación", ben sexa por cuestións de sexo, raza, relixión ou orientación sexual. Así, rexeitan as lei de Rusia, na que se prohibe calquera tipo de manifestación pública de diversidad sexual, ou a de Uganda, onde a homosexualidad condénase con cadea perpetua.

De feito, o cartel de promoción desta campaña, que inclúe manifestacións e homenaxes, é unha imaxe trucada dos presidentes destes dous países, Vladímir Putin e Yoweri Museveni, vestidos con coiro negro e tocándose mutuamente as nádegas en actitude cariñosa.


3 de junio de 2014

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DEFENDEN O DEREITO AUN REFERENDUM






As Xuventudes Socialistas de Cambados reivindicaron onte o seu talante republicano, como historiacamente vén recollido nos estatutos de Juventudes Socialistas de España, co motivo da abdicación do Rei Juan Carlos I. 
“A defensa da República como modelo de Estado forma parte da nosa identidade política”. “O recordo dos logros alcanzados no pasado, especialmente durante a II República, é algo que nunca esqueceremos”.



O Secretario Xeral, Ismael Agra, indicou que “a República debe congregar en torno a ela a todo o espectro político, de esquerdas ou dereitas”. “Debe ser un punto de encontro e convivencia cidadá, un espazo común no que non existan suspicacias nin reproches, senón o compromiso do bo goberno e da virtude cívica, características básicas do republicanismo”.
 Ismael Agra denunciou que “mentres na actualidade en España o xefe do Estado o é por nacemento, a súa persoa é inviolable e non está suxeita a responsabilidade, defendemos unha República na que o xefe do Estado sexa elixido por sufraxio universal e non goce de privilexios inxustos”. “A xuventude galega non se sente identificada coa Monarquía porque non forma parte de quen aceptou o seu establecemento, polo que ten dereito a decidir en referendum sobre o futuro do modelo de Estado”.

 O Secretario Xeral aproveitou para “valorar positivamente as declaracións do líder do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que amosou a súa vontade clara e rotunda de escoitar á cidadanía”. Palabras que son defendidas polo PSdeG de Cambados.




28 de marzo de 2014

A HORA DO PLANETA NON VAI CON ARAGUNDE






As Xuventudes Socialistas de Cambados presentaron a semana pasada, concretamente o día 21, un escrito no rexistro do Concello solicitando ao mesmo que se sume á iniciativa ‘’A Hora do Planeta’’ impulsada por WWF e apoiada por moitas organizacións ecoloxistas.
Unha semana despois, e un día antes de que a iniciativa se leve a cabo, non obtivemos resposta do Concello de Cambados á nosa proposta, o que supón que o equipo de goberno local non ten en conta as propostas de asociacións da nosa vila.

O Secretario Xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, afirmou que ‘’Luis Aragunde volve a mostrar a súa cara antidemocrática ao non responder ás propostas presentadas polas Xuventudes Socialistas de Cambados’’. Ademais, asegurou ‘’A Hora do Planeta conta co apoio por todo o mundo, asemade co apoio de Concellos de España e de Galicia’’. Tamén: ‘’Cambados volve quedar á marxe na realización de actos cunha repercusión importante pola negativa do goberno local’’.


Por outra parte, Ismael Agra concluíu dicindo que ‘’é unha mágoa que o goberno local ignore as propostas de colectivos que presentan as súas iniciativas, tendo en conta que nin o PP nin as Novas Xeracións teñen propostas para a vila’’.

21 de marzo de 2014

XUVENTUDES SOCIALISTAS PIDEN QUE CAMBADOS SE SUME A "A HORA DO PLANETA"







As XSG Cambados lembran que consiste nun xesto simbólico que impulsa a nivel
mundial a Organización Ecoloxista WWF, e que este ano terá lugar este sábado 29 de
marzo, de 20:30 a 21:30 horas.
Os mozos e mozas socialistas fan un chamamento aos galegos e galegas, e aos
diferentes Concellos para que se sumen tamén a esta e aposten pola eficiencia enerxética.


As Xuventudes Sociaslitas de Cambados anunciaron no día de hoxe que unirán as súas voces
coas de centos de millóns de persoas e moitísimas organizacións e Concellos de todo o mundo en
defensa do medio ambiente, nesta oitava edición da “Hora do Planeta”.

O secretario xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, declarou que “esta gran iniciativa é unha
mostra de que se se quere, pódense conseguir cambios reais e conquerir un futuro máis sostible.”
“Pretendemos alcanzar o compromiso dun cambio global e reivindicar un novo modelo enerxético
baseado nas enerxías renovables.”

Así mesmo, considerou que “os Concellos teñen un papel protagonista na loita contra o
cambio climático, e que a acción local é imprescindible para camiñar cara a o reto do
desenvolvemento sostible. “As Administracións Públicas deben ser as primeiras en apostar pola
eficiencia enerxética, e deben dar exemplo nas súas actuacións contra o cambio climático”.
Porén os mozos socialistas cambadeses anunciaron que “no día de hoxe instamos ao Concello de Cambados gobernado polo Partido Popular a sumarse a esta iniciativa e que demostre así o seu compromiso real e implicación coas propostas medioambientais levadas acabo por grandes Organizacións de referencia no mundo.”

 As Xuventudes Socialistas fan un chamamento á cidadanía e ás diferentes
administracións para que se sumen tamén a esta iniciativa, apostando ademais pola eficiencia
enerxética, e comprometéndose a adoptar medidas de aforro enerxético nos edificios e instalacións municipais. Poñemos de relevo tamén que “cada ano, moitísimas cidades de todo o
mundo amosan o seu apoio á devandita campaña apagando as luces dos seus principais
monumentos e edificios.”
Así mesmo, entendemos que “dende a Administración Pública Municipal pódense e débense
impulsar boas prácticas nas empresas e na poboación galega, incentivando o consumo
responsable e o uso responsable da electricidade”
Para concluír, os responsables das XSG censuraron “a falta de compromiso dos gobernos
do Partido Popular, dos Sres. Rajoy e Feijoo na loita contra o cambio climático, poñendo sobre a
mesa a nova regulación do sector eléctrico, entendendo que España e Galicia están a camiñar na
dirección contraria á normativa europea e a numerosos países europeos que están a apostar
polas enerxías renovables como sector enerxético estratéxico.”









8 de marzo de 2014

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS CONTRA A REFORMA DA LEI DO ABORTO




As Xuventudes Socialistas de Cambados organizaron en días pasados un reparto de dípticos de información contra a reforma da lei do aborto de Gallardón. Esta iniciativa contou coa presenza do Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, e do Secretario Xeral da agrupación cambadesa, Ismael Agra. 

Ismael Agra sinalou que ‘’o obxectivo desta campaña é informar á mocidade sobre o anteproxecto de lei que propón o Partido Popular e que atenta contra os dereitos da muller de decidir libremente sobre a maternidade’’. 

Por outra parte o S.Xeral afirmou que ‘’queremos achegarnos directamente á mocidade cambadesa para dicirlles o que está a facer o Partido Popular e mostrarlles que o PP cambadés é igual que Gallardón pois negáronse a apoiar a petición de retirada do anteproxecto de lei, escudándose na lei de 1985 que nin eles apoiaron’’. 

Segiu afirmando que ‘’Luis Aragunde pide continuar coa lei de 1985 no 2014, cando o seu partido votou en contra desa lei. Igual temos que esperar outros trinta anos para que se dea de conta da necesidade da lei aprobada no 2010’’. 

Por outra banda, o Secretario Xeral das XS de Galicia, na súa visita a Cambados, pediulle á mocidade cambadesa que participe nas mobilizacións en contra do anteproxecto de lei. 

Un anteproxecto de lei que só é apoiado pola Igrexa Católica e o PP. 

21 de febrero de 2014

"O MURO DE WERTlin" AS BECAS ERASMUS DE MAL EN PEOR





As Xuventudes Socialistas de Cambados acusan a Rajoy de elevar o Muro de Wertlin negándolles aos estudantes a posibilidade de marchar de Erasmus.

A Organización xuvenil asegura que o Executivo do PP minte ao dicir que sube o orzamento ás bolsas Erasmus cando o que fixo foi retallar esta partida en máis dun 70% dende a súa chegada ao Goberno
O secretario xeral acusou ao Sr. Feijoo de “ser cómplice deste atropelo de dereitos para o estudantado, apoiando coma sempre esta reforma do seu colega e amigo de andanzas Mariano Rajoy”
As Xuventudes Socialistas de Cambados sumáronse hoxe á campaña “El Muro de Wertlin” para denunciar así os graves retallos que o Goberno de Rajoy está realizando ano tras ano á partida destinada a estas bolsas. Dende a súa chegada ao Goberno, o Executivo do PP retallou as bolsas Erasmus en máis dun 70%, deixando para o vindeiro curso a ínfima cantidade de 18 millóns de
euros.
A Organización considera que o novo reparto das bolsas Erasmus anunciado polo Ministerio de Educación é enrevesado e restrinxirá o acceso a estas para os e as estudantes con menos recursos, rompendo así a igualdade de acceso das e dos universitarios que até agora primaba no
reparto destas bolsas. Ademais, os mozos e mozas socialistas cren que este novo reparto é unha mera cortina de fume para tapar o retallo do orzamento de case o 50% que o Goberno do PP anunciou para as bolsas Erasmus do vindeiro curso.


Para Ismael Agra Soto, secretario xeral das XSG Cambados, “é inaceptable que o vindeiro curso os e as estudantes con bolsa Erasmus só vaian a cobrar un máximo de 6 meses con independencia de que o vindeiro curso académico completo dure 9 meses.” “Ademais, mentir abertamente dicindo que o orzamento para as bolsas Erasmus sube, cando en realidade o que
ocorre é que se retalla á metade, demostra a importancia que Rajoy lle dá a que os seus mozos/as se formen no estranxeiro e se enriquezan con outras culturas.”

Segundo Ismael, “é vergoñento que o Ministerio de Educación esixa aos e ás estudantes un nivel de idiomas B2 ao mesmo tempo que está a multiplicar os prezos e taxas das escolas de idiomas
públicas. Unha vez máis quen, a base de recursos económicos, poida permitirse unha formación máis avanzada, estará por riba dos que confían no ensino público para a súa formación.” E
engade, “non se poden aumentar os requisitos se á vez diminúes a aposta polas Escolas Oficiais de Idiomas.”

O Secretario Xeral sentenciou “semella non importarlle nada ao Goberno de Rajoy que España viuse tremendamente beneficiada deste programa, ao ter sido até o de agora o país que máis estudantes estranxeiros recibía e ás súa vez, o que máis enviaba a outros países.” “Os e as mozos socialistas non nos imos a quedar de brazos cruzados vendo como este Goberno trata de acabar cun programa que foi esencial para a formación de milleiros de estudantes” –asegura.
O dirixente socialista acusou ao Sr. Feijoo de “ser cómplice deste atropelo de dereitos para o estudantado que coma sempre apoiou esta reforma do seu colega e amigo Mariano Rajoy votando en contra da PNL presentada polos socialistas no Parlamento na que se instaba ao Goberno do Estado a recuperar o sistema anterior de bolsas”

O secretario xeral das XSG Cambados concluiu “unha vez máis, os/as que menos teñen vense discriminados por políticas que non poñen en valor a formación e o futuro dos nosos e as nosas
mozas. Esiximos ao Goberno do PP que pare este ataque ás bolsas Erasmus e que permita que calquera estudante, independentemente dos seus recursos económicos, poida cursar estudos fóra do territorio español.”

Por outra parte anunciou a difusión desta campaña polas redes sociais (#elMUROdeWERTlin) así como o reparto de información á mocidade nos vindeiros días pola vila cambadesa.


15 de febrero de 2014

XX.SS. de GALICIA CONTRA O DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS SANITARIOS





 “O Partido Popular está a comezar na provincia de Pontevedra o desmantelamento da sanidade pública”
Os mozos e mozas socialistas participaron na manifestación para denunciar a marxinación de Pontevedra e a área do Salnés xunto con SOS Sanidade Pública
O Secretario Xeral alertou de que “este é só o comezo dun desmantelamento progresivo da sanidade pública que Feijóo e o Partido Popular teñen planeado para toda Galicia”
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participan nas mobilizacións destes días organizadas pola plataforma SOS Sanidade Pública despois de que “Feijóo e a Conselleira de Sanidade modificaran a distribución dos hospitais aos que se envían aos pacientes de Vigo, Pontevedra e o Salnés”. “Esta medida persigue a potenciación do Complexo Hospitalario de Santiago que encarece os gastos dos pacientes á hora de recibir atención sanitaria”.
Segundo o Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, “isto supón un novo obstáculo que Feijóo coloca no desenvolvemento dunha sanidade pública galega de calidade, en forma de recortes, xubilacións forzosas,
reducións de profesionais, fondos e prestacións xunto coa privatización de centros como o Novo Hospital de Vigo”.
Dende a Organización alertaron de que “esta situación de marxinación da área de Vigo, O Salnés e Pontevedra provoca incomodidade e un aumento do custo económico para os pacientes que non queren ter o Hospital de Santiago como centro de referencia, senón un hospital público único en Pontevedra e dotado de todos os servizos”.
Bouza lembrou que “ademais de mobilizarnos contra a particular situación desta área de poboación, estas manifestacións tamén serven para lembrarlle ao Partido Popular que seguimos en loita en defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade”.

O Secretario Xeral das XSG concluíu engadindo que “medidas como o copagamento dos fármacos dispensados nas farmacias dos hospitais ou a negación da sanidade a emigrantes retornados supoñen retallos
inaceptables”. “Feijóo e o Partido Popular deben rectificar antes de producir a quebra definitiva do Estado do Benestar”.
Neste senso, o Secretario Xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, quixo destacar a discriminación que sofren os veciños da área sanitaria do Salnés, na que está Cambados. Trátase dun ataque máis da Xunta de Galicia
en política de sanidade, que se suma á eliminación da area sanitaria do Salnés e a súa integración na de Pontevedra.
Ismael Agra denuncia que os veciños de Cambados veranse moi afectados trala decisión da Xunta de Galicia de ter o Complexo Hospitalario de Santiago como centro de referencia e non un Hospital con todos os equipamentos necesarios en Pontevedra. Isto, na práctica, supoñerá un desprazamento a ese hospital, co conseguinte gasto tanto económico como de tempo.


18 de noviembre de 2013

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS ESIXEN EXPLICACIÓNS AO ALCALDE




O ASUNTO FOI DESTAPADO POLO BLOG "ALZA LA VOZ CAMBADOS"

Xuventudes Socialistas de Cambados esixe a Luis Aragunde que dea explicacións sobre a viaxe a Marsala (Italia) 



Este fin de semana Luis Aragunde, o secretario municipal e un concelleiro de acudiron á cidade  italiana de Marsala á xuntanza de Recevin que debía decidir sobre a Cidade Europea do Viño  2014. 
A cidade escollida finalmente foi Xerez, e non Cambados. Unha decisión que seguramente ten que ver o pouco interese que dende o Concello de Cambados se lle puxo á candidatura da nosa vila. 

Dende as Xuventudes Socialistas de Cambados esixímoslle a Luis Aragunde que faga un exercicio de transparencia, tan pouco habitual pola súa parte, e lle explique aos cambadeses canto diñeiro público gastou na viaxe das tres persoas que foron á cidade italiana de Marsala, así como detalle en que gastou ese diñeiro e de que partida dos orzamentos do Concello de Cambados van saír. 
Foto "Alza la voz Cambados"


Ademais preguntámonos cal é a relación entre a Concellería de Urbanismo e a elección da Cidade Europea do viño, pois non entendemos que sexa o concelleiro desa área a que acuda a actos dese ámbito. Así como tampouco entendemos que o Secretario Municipal, do Concello, sexa un representante do municipio no estranxeiro. 



4 de noviembre de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS CAMBADESAS ARREMETEN CONTA O GOVERNO RAJOY






Xuventudes Socialistas de Cambados denunciou hoxe a Orde publicada o pasado 29 de outubro no BOE polo Goberno de Rajoy, na que se establece que todos aqueles estudantes Erasmus que o pasado curso non sexan beneficiarios da bolsa xeral do MECD, non recibirán este curso a súa bolsa Erasmus. 

O Secretario Xeral de XSG Cambados e Secretario de Formación de Xuventudes Socialistas de Galicia, Ismael Agra, declarou que "hai máis de 30.000 mozos que cada ano poden estudar nunha universidade doutro país da Unión Europea grazas ás bolsas Erasmus, e con esta medida, Wert e Rajoy deixarán sen a súa axuda á maioría dos Erasmus unha vez iniciado o curso". 



Para Ismael Agra "é indecente que o Goberno actúe con esta nocturnidade e aleivosía, deixando tirados por sorpresa a miles de estudantes que xa iniciaron o curso no seu país europeo de destino". 
Os Erasmus que xa se atopan estudando no estranxeiro contaban cos 150 
euros que aproximadamente cobraban cada mes, agora a súa estancia alí corre perigo para moitos deles, xa que o Goberno esnaquizou as súas expectativas" engadiu -. 



Neste sentido, Ismael Agra asegurou que "trátase doutra cacicada máis de Wert e Rajoy, na que como sempre, os prexudicados son os colectivos máis vulnerables, neste caso; os estudantes", -e engade- "o Goberno volve atacar á educación, esta vez impedindo que miles de estudantes poidan complementar e mellorar a súa formación nun país estranxeiro". 

O Secretario Xeral de XSG Cambados concluíu que "novos recortes como este van facer que sigan as mobilizacións educativas contra un Goberno déspota que non é capaz de dar ningún tipo de solucións e que está desmantelando o sistema público de bolsas no noso país". 

23 de octubre de 2013

COMUNICADO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS






Os mozos e mozas socialistas anunciaron a súa presenza na mobilización prevista para esa data ás 12 na Alameda de Compostela así como para a mobilización prevista ás 19.30 en Vilagarcía. 
O Secretario Xeral, Ismael Agra, asegurou que “o Goberno sobrepasou todos os límites en materia educativa desmantelando a educación pública e aprobando a LOMCE de maneira unilateral” 

As Xuventudes Socialistas de Cambados anunciaron hoxe o seu apoio á folga e ás mobilizacións convocadas para mañán xoves 24 de outubro despois de que as XSG desenvolvesen a súa actividade nesta materia nas últimas semanas na procura de mobilizar ao estudantado en institutos e universidades. 

O Secretario Xeral e Secretario de Formación das XS Galicia, Ismael Agra, asegurou que “xa non se trata de pedirlle ao Goberno que retire a LOMCE e remate cos recortes en educación, trátase de mobilizarse para dicirlle que a maioría non pensamos coma el”. “É unha vergoña que Wert saque peito das súas reformas mentres 25000 estudantes quedaron sen beca e máis de medio 
millón deixaron de recibir axudas para os libros de texto”. 


Agra cualificou a LOMCE como “unha contrarreforma educativa do Partido Popular que nos devolve ao pasado franquista, implantando de novo as reválidas, outorgándolle máis peso á materia de relixión católica e eliminando Educación para a Cidadanía”. 

Dende a organización xuvenil salientaron que “esta reforma educativa rompe o equilibro lingüístico que máis consenso obtivo e relega a nosa lingua a un segundo plano”. “É ilóxico que as institucións se vexan obrigadas a custearlle a praza nun centro privado ao alumnado que solicite o ensino íntegro en castelán fomentando un conflito lingüístico con diñeiro público”. 

Para as Xuventudes Socialistas de Cambados “é un disparate que dende que goberna o PP o orzamento en educación estatal atópase retallado en máis de 5.200 millóns de euros, deixándonos á cola da OCDE en inversión educativa.” “Como víñamos denunciando os socialistas, hai 24.500 estudantes que se quedaron sen bolsas o pasado curso, o que debería avergoñar ao PP.” 


Os mozos e mozas socialistas remataron afirmando que “asmobilizacións serán un éxito e non rematarán este xoves, xa que seguiremos loitando por unha educación pública de calidade e sen recortes na que a equidade siga sendo o principio imperante”. 









2 de septiembre de 2013

HOMENAXE A RAFAEL BLANCO






Coincidindo co primeiro aniversario do seu falecemento, a Agrupación Socialista de Cambados organiza un acto en homenaxe ao que foi  Secretario Xeral e Portavoz Municipal, Rafael Blanco.
Convidan a todas as persoas e colectivos que se queiran sumar a este acto, que será o vindeiro domingo 15 de setembro, ás 19 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados.


 O PSOE invita aos colectivos nos que Blanco tivo unha participación activa, como son o club de Motos Vellas e varias asociacións de pais de alumnos do municipio, co fin de darlle un carácter social máis que político a este acto, segundo explicou a portavoz do PSOE no Concello, Fátima Abal. «Cada colectivo fará a súa achega, con fotos, vídeos e ata poemas». A familia, representantes institucionais e membros do PSOE tamén están invitados.
Todos os que compartimos algo con Rafa estaremos ese dia no Auditorio físicamente ou de corazón. 





Dende Cores de Cambados unha aperta moi grande a todos os que nalgún momento estiveron a traballar con Rafa para intentar mellorar as cousas e sobre todo a Rosi e Lucía e a o resto da sua familia. Que son quen máis o botan  de menos. 

16 de agosto de 2013

COMUNICADO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS





Xuventudes Socialistas de Cambados lamenta que as Novas Xeracións do PP defendan as ameazas e desmontan todas as mentiras do seu comunicado 
As Novas Xeracións minten cando din que pagaron a súa entrada ao Xantar da Festa do Albariño, pois a súa compañeira que tanto defenden recoñeceu que os seus compañeiros acudiron gratis. 


Entre os convidados estaban o Presidente das Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado e membros da directiva da organización en Cambados. 
Ademais as NNXX defenden as amezas realizadas pola membro da súa directiva ao noso Secretario Xeral, mostra da escasa conciencia democrática que ten a organización xuvenil do Partido Popular.

Por outra parte emprazámolos a diferenciar entre Xuventudes Socialistas e PSdeG, pois somos organizacións afíns e ligadas, pero ambas con independencia plena, non como as NNXX que dependen totalmente do Partido Popular. 


Queremos aclarar que Ismael Agra acudiu en representación do PSdeG-PSOE de Cambados como membro da súa C.Executiva, ao non poder facelo a Secretaria Xeral, coa súa invitación; mentres que do Partido Popular acudiron os cargos institucionais en pleno e aparte os membros das Novas Xeracións. 

E para rematar, Ismael Agra afirma ‘’o que queda claro é a actitude antidemocráctica e a falta de respeto que ten o Partido Popular de Cambados, pois son cómplices das ameazas da súa compañeira’’.