Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO NO GARAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO NO GARAXE. Mostrar todas las entradas

11 de enero de 2019

TEATRO NO GARAXE PRESENTA: BODAS DE SANGRE, DE FEDERICO GARCÍA LORCA

Este domingo, 13 de xaneiro ás 19h no auditorio da xuventude, terá lugar  a representación da obra de Federico García Lorca “Bodas de sangre”, con entrada de balde.

Bodas de sangre é unha traxedia en verso e en prosa do escritor español Federico García Lorca escrita no ano 1931. Estreouse o 8 de marzo de 1933 no Teatro Beatriz de Madrid pola Compañía de Josefina Díaz e Manuel Collado e escenografía de Santiago Ontañón, que en 1938 foi levada ao cinema por Edmundo Guibourg, protagonizada pola musa lorquiana Margarita Xirgu.​ É unha produción poética e teatral que se centra na análise dun sentimento tráxico. Desde o antigo e o moderno, na maneira de ver a traxedia. Todo iso enmarcado nunha paisaxe andaluza tráxica e universal. A través de sentimentos que expresa cada un dos personaxes. O tema principal tratado neste gran drama é a vida e a morte. Pero dun modo arcano e ancestral, na que figuran mitos, lenda e paisaxes que introducen ao lector nun mundo de sombrías paixóns que derivan nos celos, a persecución e no tráxico final: a morte. O amor destácase como a única forza que pode vencela. A obra recolle uns costumes da terra do autor, que aínda perduran. Todo iso a partir de obxectos simbólicos que anuncian a traxedia. É constante na obra de Lorca a obsesión polo puñal, o coitelo e a navalla, que en Bodas de Sangre atraen a fascinación e, á vez, presaxian a morte. Os acontecementos tráxicos e reais nos que podería basearse a obra de Lorca producíronse o 22 de xullo de 1928 no Casarío do Frade, Níjar, Almería. Lorca coñeceunos pola prensa, aínda que a escritora e activista almeriense Carmen de Burgos, orixinaria de Níjar, xa escribira unha novela curta sobre o suceso anterior a Bodas de Sangre, chamada Puñal de claveles, que foi tamén inspiración para o autor granadino.



24 de enero de 2018

TEATRO ESTE DOMINGO NA XUVENTUDE










Este domingo, 28 de xaneiro ás 19:00 no auditorio municipal de “A Xuventude” representarase a obra “Que soíño me deixas!” de , da compañía Teatro no Garaxe. A entrada será de balde, e poderanse realizar donativos a favor de Cáritas.




3 de junio de 2017

TEATRO "NO GARAXE" REPRESENTA "A MAN DA SANTIÑA"










Mañá domingo, 4 de xuño, a compañía de teatro “no garaxe” representará no Auditorio Municipal da Xuventude a obra “a man da Santiña”, de Ramón Cabanillas.
A actuación será ás 20:00 e a entrada gratuíta.

A man da santiña é unha obra teatral do autor galego Ramón Cabanillas, publicada en 1921. É unha comedia de tema amoroso protagonizada por personaxes fidalgos.

Case 100 anos pasaron da estrea desta peza, que se puxo en escena por primeira vez o 22 de abril do ano 1919, no pavillón Lino, de A Coruña. E que supuxo un antes e un despois, na historia do teatro galego. 'A man da Santiña' está considerada unha das grandes pezas da historia da literatura galega. Por primeira vez, os personaxes que protagonizan esta peza teatral falan en galego, dende o máis humilde ata o máis destacado. Esta característica fai que Cabanillas estea considerado como un dos pais do teatro en galego. Un dato que o concello de Cambados tivo en conta á hora de organizar este acto cultural. 'A man da santiña vaise representar mañán no Auditorio da Xuventude. 






21 de abril de 2016

TEATRO NA XUVENTUDE A CARGO DO GRUPO CAMBADÉS "NO GARAXE"







A compañía de teatro cambadesa “No Garaxe”, partir das 20.00 horas do domingo 24 no Auditorio "A Xuventude" porá en escena “O achado do Castro” de Manuel Núñez Singala. 

Teatro no Garaxe naceu da desaparecida Escola Municipal de Teatro de Cambados. Este grupo afeccionado, pero xa con taboas dabondo, dará vida este domingo a unha comedia na que o humor o é todo, unha historia que, pulando por riba do anacrónico e profundando na súa esencial hilaridade, nos retrotrae á Roma histórica da man duns personaxes arquetípicos que se comunican nun galego inzado de latín macarrónico e que se enlean en enredos cómicos cheos de equívocos e confusións que producen no espectador unha clara empatía e doado recoñecemento.









29 de diciembre de 2015

TEATRO E MAXIA PARA COMEZAR O ANO 2016







Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados seguen a propoñer interesantes iniciativas para facer deste Nadal unha escusa perfecta para divertirse en familia a través do teatro e a maxia. Así este vindeiro fin de semana, e dando inicio ao 2016 o Auditorio da Xuventude contará con tres citas ineludibles no calendario dos veciños de Cambados.
Así, o sábado 2 de xaneiro ás 18.00 horas, comezaremos con Dani García e o seu espectáculo “Volta á maxia”. Este mago novo fundou a súa propia compañía en 2004 co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos. Na actualidade e tras unha década de traballo, compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos. Naquelas terras recoñeceron xa o seu talento con galardóns como o 1º Premio Michigan Magic Day, o 2º Premio Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o 2º Premio TAOM Texas. Esa bagaxe permítelle crear producións propias que son auténticas obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusionismo algo intanxible, pero próximo para o público. No espectáculo do vindeiro sábado todos os que se acheguen poderán dicir que asistiron ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. E é que nada estará escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde se lle dará unha volta á maxia. Esta é unha obra infantil, só apta para nenos e nenas...aínda que xa peiteen canas.
Ao día seguinte tocaralle o turno á compañía de teatro cambadesa “No Garaxe” que a partir das 19.00 horas porá en escena “O achado do Castro” de Manuel Núñez Singala. Teatro no Garaxe naceu da desaparecida Escola Municipal de Teatro de Cambados. Este grupo afeccionado, pero xa con tablas dabondo, dará vida este domingo a unha comedia na que o humor o é todo, unha historia que, pulando por riba do anacrónico e profundando na súa esencial hilaridade, nos retrotrae á Roma histórica da man duns personaxes arquetípicos que se comunican nun galego inzado de latín macarrónico e que se enlean en enredos cómicos cheos de equívocos e confusións que producen no espectador unha clara empatía e doado recoñecemento.
E xa o luns 4 de xaneiro, para templar os nervios antes da chegada dos Reis Magos a Cambados, os nenos poderán gozar do bo facer de Bandullo Azul. Compañía creada no 2012, nada en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que, como din, tres son multitude. Evaristo Calvo regresa aos escenarios para presentarnos a historia de Maestro e de Pupilo (estrea en Cambados), dous disparatados cómicos que farán que nos riamos con eles. Ou talvez deles.
Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando polo mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatrino, pero non vén só. Decidiu fai un tempo que hai de retirarse e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor. Entre os dous xurdirán varios conflitos, que terán que resolver para que o espectáculo continúe.
Dende a Concellería de Cultura recomendan non faltar a estas tres citas nas que as risas están garantidas. As dúas primeiras propostas son de balde, ata completar aforamento, mentres que a terceira ten un custo na entrada normal de 3,5€ (e 2,5€ na reducida).








25 de junio de 2015

"TEATRO NO GARAXE" REPRESENTA A PIRANDELLO






A compañía cambadesa Teatro No Garaxe representará o vindeiro domingo 28 no Auditorio da Xuventude de Cambados, ás 21 horas a obra "ASÍ É SI VOS PARECE"
Así é (si así vos parece) é o título dunha obra de teatro popular do escritor italianio Luigi Pirandello, definida polo mesmo como unha "farsa filosófica", e realizada en 1917. Como ocorre na maior parte do seu teatro, o autor desenvolve a obra a partir dun relato. Neste caso a comedia está sacada do conto "A señora Frola e o Señor Ponza", o seu yerno. A obra trata o tema da verdade, o contraste entre realidade e aparencia, entre verdadeiro e falso. Pirandello pon en crise a idea dunha realidade obxectiva que poida interpretarse de modo unívoco mediante os instrumentos da racionalidad.

O contexto histórico da obra e a ambientación están magistralmente matizados polo autor. Os feitos transcorren nunha pequena capital de provincia, o que permite ao autor reflectir as súas ideas sobre a sociedade pequeno burguesa, á que ve como unha gaiola, que impón unha vida miserable e frustante.

En canto aos personaxes, Pirandello colócaos nunha situación paradoxal para demostrar o contradictorio da existencia. Para o autor, o home, malia os seus esforzos, non logra penetrar ata o final do labirinto das aparencias, nin coñecer o que está encerrado nas formas das que é responsable e á vez prisioneiro.






12 de junio de 2014

TEATRO NO GARAXE VOLVE A INTERPRETAR "YERMA"





Teatro no Garaxe (Cambados) volve  interpretar " Yerma". Xa o fixo en xaneiro e so queda agardar si se atreverán con "Bodas de Sangre", despois de interpretar "A casa de Bernarda Alba"
Yerma, é unha muller do rural andaluz frustrada por non poder ter fillos. A compañía leva tempo traballando nesta montaxe e o domingo 15 a partires das 21:00 Hrs no auditorio municipal da Xuventude, en Cambados.
Os cambadeses recoñecerán a moitos dos actores. Araceli Bugallo e Manuel Dios, a primeira veciña de Cambados e o segundo da Illa, correrán cos papeis protagonistas. Ambos son profesores no colexio de Tremoedo, pero a súa proxección pública vénlles de ámbitos ben distintos. A primeira é unha campioa de esgrima e o segundo foi anos atrás alcalde de Vilanova. Non están sos nesta empresa. Dores, Ademar, Consuelo, Rita, Cruz, Manuela, Norma, Bea, Rosa Matilde, Fiona e as dúas Teresas completan o cadro actoral. Begoña Igrexas ofrecerá un só de guitarra durante a representación e Isabel Otero encárgase da iluminación e o son.