Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TASAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TASAS. Mostrar todas las entradas

30 de diciembre de 2016

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS










Elevados a definitivos os Acordos plenarios iniciais do Concello de Cambados de data 27.10.2016 de modificación de diversas ordenanzas fiscais, fanse públicos os seus textos íntegros en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS
DE TRACCIÓN MECÁNICA
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR OUTORGAMENTO DAS LICENCIAS URBANÍSTICAS ESIXIDAS POLA LEXISLACIÓN DO SOLO E ORDENACIÓN URBANA
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN  DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN 
DO SERVIZO DE SUMIDOIROS



18 de noviembre de 2016

MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS FISCAIS REGULADORAS DE VARIAS TAXAS













MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR VISITAS A MUSEOS, MONUMENTOS HISTÓRICOS OU ARTÍSTICOS E CENTROS E LUGARES ANÁLOGOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/07/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por visitas a museos, monumentos históricos ou artísticos e centros e lugares análogos do Concello de Cambados, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ARTIGO 6.—COTA TRIBUTARIA
A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
TARIFAS
CONCEPTO
IMPORTE EUROS
Entrada normal (Entrada valida para os tres centros)
3,20 €
Entrada Unica (Entrada unica para acceder a un so centro)
1,00 €
Maiores de 65 anos (Entrada valida para os tres centros)
1,60 €
Rapaces de 10 a 18 anos (Entrada valida para os tres centros 50% desconto )
1,60 €
Grupos, a partir de 25 persoas (Entrada valida para os tres centros 20% desconto)
2,55 €
Nenos menores de 10 anos
Gratis
Nota.—Os descontos non serán acumulables, podendo facerse uso só dun dos establecidos.”
DISPOSICIÓN FINAL
A modificación da presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES DE ENTIDADES LOCAIS (ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E CONSERVATORIO ELEMENTAL)
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 30/06/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais (Escola Municipal de Música e Conservatorio Elemental), cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Artigo 5.- Cota tributaria
1.- A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
MATRÍCULA
Os alumnos que se matriculen no Conservatorio ou na Escola de Música pagarán unha taxa de 23,05 €/anual, que será aboada no mes de xuño.
TARIFAS ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Concepto
€/trimestre/persoa
Música e Movemento (de 4-8 anos)
59,25 €
Instrumento (1/2 h semana)
66,85 €
Instrumento (1 h semana)
133,70 €
Linguaxe Musical
29,75 €
CONSERVATORIO ELEMENTAL
Concepto
€/trimestre/persoa
Curso completo (Instrumento, Linguaxe musical i Educación Auditiva e Vogal)
148,35 €
Instrumento(2ª especialidade)
49,50 €
Probas de acceso a 1º de Grado Elemental(taxa de inscrición)
26,10 €
Probas de acceso a 2º, 3º e 4º de Grado Elemental(taxa de inscrición)
31,25 €
Materia solta 4º curso do grao elemental. Co límite do importe da tarifa por curso completo (148,35 €):
- Linguaxe musical:
29,75 €
- Educación Auditiva e Vogal:
29,75 €
- Instrumento:
133,70 €
2.- Materias soltas e materias pendentes:
a) No caso de estudos na Escola Municipal de Música, o importe total da taxa trimestral será o que resulte da suma de cada unha das materias e instrumentos, segundo as tarifas expresadas no cadro anterior e segundo o tempo de docencia no caso da materia de “Instrumento”.
b) A matrícula no Conservatorio Elemental será por curso completo. Poderase cursar un segundo instrumento de acordo co previsto na normativa xeral de aplicación nas ensinanzas de réxime especial de música. Neste caso non será preciso satisfacer taxa algunha polas materias comúns superadas. Igualmente poderá solicitarse a asistencia como oínte ás materias comúns de calquera dos cursos (superadas ou non) sen custe adicional.
c) No caso de repetir curso, aboarase o importe do curso completo. No caso de que debera cursarse unha materia pendente, aboarase igualmente o curso completo correspondente ao curso máis alto no que se está matriculado, sen que supoña sobrecuste. De acordo co previsto na normativa xeral de aplicación nas ensinanzas de réxime especial de música no seu grao elemental, unicamente se pode cursar unha materia solta e pendente no 4º curso do grao elemental.
3.- Actividades de asistencia gratuíta:
A Escola Municipal de Música organizará actividades de conxunto, tales como orquestra, banda de música, conxuntos, coro, etc, de acordo co previsto na Orde de 11 de marzo de 1993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. A asistencia a estas actividades é gratuíta para todo o alumnado matriculado na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Elemental, precisándose unicamente a inscrición nas mesmas aos efectos da organización e xestión académica destas actividades.
Artigo 6.- Beneficios fiscais:
1. Aplicarase unha bonificación do 50% da taxa ás familias numerosas, en virtude do disposto no art. 12.2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás familias numerosas, previa solicitude e xustificación, mediante a achega de fotocopia do carné de familia numerosa en vigor.
2. Estarán exentos do pago da taxa: As Familias numerosas de categoría especial, en virtude do disposto no art. 12.2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás familias numerosas, previa xustificación, mediante a achega de fotocopia do carné de familia numerosa en vigor.
3. Ademais dos recollidos nos apartados anteriores, só se admitirán beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse no curso escolar 2016-2017, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

TEXTO DEFINITIVO MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE DIVERSOS PRODUTOS NA REDE DE MUSEOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/07/2016 sobre a modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola venta de diversos produtos na rede de museos do concello de Cambados, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ARTIGO 3º.- ACTIVIDADES GRAVADAS
Constitue servicio ou actividade gravada por este Prezo Público a compra dos seguintes productos:
- Libro “MUSEOS DE CAMBADOS”
- Libro “A MEMORIA DE CAMBADOS”
- Libro “A FESTA DO ALBARIÑO”
- Libro “ACTAS FIESTAS DEL VINO ALBARIÑO”
- Libro “MUSEOS DEL VINO DE ESPAÑA”
- Libro “A UVA E O VIÑO”
- Libro “2000 AÑOS DE CULTURA DEL VINO EN LA P.I.”
- Libro “EL ALBARIÑO: ILUSTRACIONES SOBRE LA VARIEDAD DEL ALBARIÑO”
- Libro “EL UMIA, EL COMETA”
- Libro “CARPETAS FICHAS ACAMFE”
- Libro “ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO”
- Libro “GUÍA-MUSEO R. CABANILLAS”
- Libro “CAMBADOS DE EDUARDO BAAMONDE“
CD’S E DVD’S
- “ACTAS CURSOS UNED”
- “R. CABANILLAS: BIOGRAFÍA”
- “R. CABANILLAS NA MÚSICA”
PRODUTOS SERIGRAFIADOS
- TESTER “MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO”
- TIRARROLLAS
- CORTA CÁPSULAS
- CATAVIÑOS
- BOLIGRAFOS MUSEO DO VIÑO
- CATÁLOGOS DE EXPOSICIÓN
- POSTAIS CORREOS CAMBADOS
ARTIGO 4º.- CONTIAS DAS ACTIVIDADES GRAVADAS
1.- O importe do Precio Público fixado cubrirá, como mínimo, o custo de realización dos productos, según os datos que constan na Memoria económica anexa á Ordenanza.
2.- A contía do Prezo Público determinarase aplicando as tarifas seguintes:
- Libro “MUSEOS DE CAMBADOS”: 40,00 €
- Libro “A MEMORIA DE CAMBADOS”: 34,00 €
- Libro “A FESTA DO ALBARIÑO”: 30,00 €
- Libro “ACTAS FIESTAS DEL VINO ALBARIÑO”: 30,00 €
- Libro “MUSEOS DEL VINO DE ESPAÑA”: 20,00 €
- Libro “A UVA E O VIÑO”: 9,30 €
- Libro “2000 AÑOS DE CULTURA DEL VINO EN LA P.I.”: 9,30 €
- Libro “EL ALBARIÑO: ILUSTRACIONES SOBRE LA VARIEDAD DEL ALBARIÑO”: 9,30 €
- Libro “EL UMIA, EL COMETA”: 9,00 €
- Libro “CARPETAS FICHAS ACAMFE”: 9,00 €
- Libro “ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO”: 5,15 €
- “LIBRO GUÍA-MUSEO R. CABANILLAS”: 1,25 €
- LIBRO CAMBADOS DE EDUARDO BAAMONDE: 9,00 €
CD’S E DVD’S
- “ACTAS CURSOS UNED”: 15,00 €
- “R. CABANILLAS: BIOGRAFÍA”: 15,00 €
- “R. CABANILLAS NA MÚSICA”: 10,00 €
PRODUTOS SERIGRAFIADOS
- TESTER “MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO”: 6,00 €
- TIRARROLLAS: 5,00 €
- CORTA CÁPSULAS: 3,00 €
- CATAVIÑOS: 2,00 €
- BOLIGRAFOS MUSEO DO VIÑO: 0,65 €
- CATÁLOGOS DE EXPOSICIÓN: 5,15 €
- POSTAIS CORREOS CAMBADOS: 1,00 €
3.- O Concello de Cambados resérvase o dereito de regalar algún destes productos, con carácter excepcional e para promociona-lo mesmos e aVila de Cambados.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.




25 de octubre de 2016

PLAN DE BONIFICACIÓNS FISCAIS PARA UN CONCELLO MÁIS XUSTO












Cambados baixará o IBI ao 0,55%, conxelará unha gran parte das taxas e propón numerosas bonificacións fiscais para 2017.
O obxectivo do goberno local para o vindeiro ano é investir para a creación dun concello máis xusto socialmente, de maior emprego e con máis oportunidade de negocio, e máis sensible co medio ambiente e coa natalidade.

Por eso, dentro do plan, as bonificacións estarán destinadas a catro grandes áreas: medidas de solidariedade social, politicas ambientais, impulso da actividade económica e fomento do emprego.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín presentaron esta mañá os novos beneficios fiscais que o equipo de goberno aprobará no pleno do vindeiro xoves.













28 de julio de 2016

MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES DAS ENTIDADES LOCAIS










APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES DAS ENTIDADES LOCAIS.
Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 30.06.2016, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais (Escola Municipal de Música e Conservatorio Elemental).
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido devandito prazo non se presentaran reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.




20 de mayo de 2016

APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORDENANZA DA TAXA DE TERRAZAS NO BOP









Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 28.04.2016, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido devandito prazo non se presentaran reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.




26 de abril de 2016

MEMORIA SELECTIVA DAS PÁXINAS DA DEREITA










O goberno municipal non vai pedir que se revise o valor catastral dos inmobles de Cambados.
Sabendo que a economía das familias non está para "tirar foguetes" esta é unha boa nova a pesares de que algúns individuos queiran terxiversar a verdade.

Xa no ano 2010 houbo unha revisión parcial que aumentou a recadación en máis de 150.000 €. Tendo en conta que a Xunta do PP vai revisar as construccións en terreos agrícolas (galpóns ou casetas propias para a maquinaria i enseres do campo) o concello pasará a ter uns cartos dos que agora carece e que se engadirán a partires do vindeiro ano.

Pero claro esto non o conta a dereita, ou polo menos algunha páxina da dereita. Eso sí, inventan unha taxa a de voladizos. Esta taxa esiste desde hai moitos anos pero ata agora viña incluída no recibo do lixo e a ORAL o que fixo foi separala dese recibo.
Como minten máis que falan, porque non din entón que baixou o lixo?
Porque nos recibos do lixo notarían unha pequena rebaixa, o que antes pagaban polos "voladizos".

Memoria Selectiva!!

Como exemplo as imaxes dos recibos que vedes.

Taxas- 34.73 €
Voladizos- 3.36 €
Lixo- 31.37 €

Voladizos + Lixo= 34.76 € = taxas






11 de febrero de 2016

COBRANZA VOLUNTARIA TAXAS DO MERCADO E DA PRAZA







De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, do 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), se lles comuníca aos contribuíntes suxeitos ao TAXAS POR SERVIZOS MERCADO, TAXAS POR SERVIZO PRAZA e TAXA RECOLLIDA, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS   correspondentes ás Remesas: MERCADO 1T 2016, PRAZA 1T 2016 e LIXO PRAZA 1T 2016 pertencentes ao período impositivo do ano 2016 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre o 12 de Febreiro de 2016 ata o 20 de Abril de 2016 ou o inmediato hábil posterior se aqueles fosen festivos), procederase ao cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento: ABANCA - CAIXABANK - BANCO SABADELL.

Domiciliacións: Os contribuíntes poderán efectuar o pago a través dunha entidade bancaria. Para iso dirixirán comunicación escrita coa antelación suficiente.



23 de diciembre de 2015

NOVAS ORDENANZAS EN CAMBADOS







De conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais, finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamación ningunha, enténdese definitivamente adoptado o acordo do Pleno do Concello de data 29.10.2015, de aprobación das Ordenanzas reguladoras do prezo público pola prestación de actividades organizadas por monitores nas parroquias e pola prestación do servizo do Plan Madruga no Concello de Cambados,  modificación de diversas Ordenanzas Fiscais( IBI, IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, e outras tarifas varias) publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 10/11/2015, procedéndose segundo o disposto no artigo 17.4 do devandito texto legal, á publicación do acordo automaticamente elevado a definitivo.

IBI E OUTRAS

PLAN MADRUGA





4 de noviembre de 2015

COBRANZA LIXO PRAZA, PADRÓN MERCADO E PADRÓN PRAZA 4T 2015










De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, do 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), se lles comuníca aos contribuíntes suxeitos ao TAXA RECOLLIDA, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS ADOITADOS correspondentes á Remesa: LIXO PRAZA 4T2015 TAXAS POR SERVIZOS MERCADO correspondentes a la Remesa: MERCADO 4T 2015 e TAXAS POR SERVIZO PRAZA correspondientes a la Remesa: PRAZA 4T 2015 e pertencentes ao período impositivo do ano 2015 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre o 5 de Novembro de 2015 ata o 5 de Xaneiro de 2016 ou o inmediato hábil posterior se aqueles fosen festivos), procederase ao cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento: 
ABANCA

CAIXABANK

BANCO SABADELL

Domiciliacións: Os contribuíntes poderán efectuar o pago a través dunha entidade bancaria. Para iso dirixirán comunicación escrita coa antelación suficiente.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, ao vencimiento do prazo en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, determinará o inicio do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles tal como fíxanse nos arts. 26, 28 e 161 da lei 58/2003 Xeral Tributaria.





11 de agosto de 2015

AXUDA ECONÓMICA PARA O PAGO DA FACTURA ELÉCTRICA, E SOLICITUDES DE EXENCIÓN NO CANON DA AUGA E NO COEFICIENTE DE VERTEDURA






Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambados comunicamos a existencia dunha nova axuda económica para o pago da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, consistente nunha cantidade fixa semestral de 90€ para unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 150€ para as que acrediten ser ademais familia numerosa.
O prazo de presentación da solicitude conclúe o 15 de setembro de 2015 e débense cumprir entre outros os seguintes requisitos:

  • Ter fillos menores de 18 anos a cargo.
  • Estar aboando a factura eléctrica.
  • Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superaran os 9.585,19€ no ano 2013 (798,76€ mes).
  •  Informar ademais da existencia da exención no canon da auga e no coeficiente de vertedura por estar en situación de exclusión social cumprindo entre outros os seguintes requisitos:

  • Os ingresos totais da unidade de convivencia non superarán os 6.390,13€ o ano (532,51€/mes)
  • O titular do contrato debe estar empadroado no enderezo para o que solicita bonificación.

Para mais información poñerse en contacto cos Servizos Sociais municipais sitos no nº8 da rúa Ourense, 3º andar, telf.:986520510 solicitando cita para tramitar a solicitude.