MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR VISITAS A MUSEOS, MONUMENTOS HISTÓRICOS OU ARTÍSTICOS E CENTROS E LUGARES ANÁLOGOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/07/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por visitas a museos, monumentos históricos ou artísticos e centros e lugares análogos do Concello de Cambados, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ARTIGO 6.—COTA TRIBUTARIA
A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
TARIFAS
| |
CONCEPTO
|
IMPORTE EUROS
|
Entrada normal (Entrada valida para os tres centros)
|
3,20 €
|
Entrada Unica (Entrada unica para acceder a un so centro)
|
1,00 €
|
Maiores de 65 anos (Entrada valida para os tres centros)
|
1,60 €
|
Rapaces de 10 a 18 anos (Entrada valida para os tres centros 50% desconto )
|
1,60 €
|
Grupos, a partir de 25 persoas (Entrada valida para os tres centros 20% desconto)
|
2,55 €
|
Nenos menores de 10 anos
|
Gratis
|
Nota.—Os descontos non serán acumulables, podendo facerse uso só dun dos establecidos.”
DISPOSICIÓN FINAL
A modificación da presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES DE ENTIDADES LOCAIS (ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E CONSERVATORIO ELEMENTAL)
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 30/06/2016 sobre a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais (Escola Municipal de Música e Conservatorio Elemental), cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Artigo 5.- Cota tributaria
1.- A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
MATRÍCULA
| |
Os alumnos que se matriculen no Conservatorio ou na Escola de Música pagarán unha taxa de 23,05 €/anual, que será aboada no mes de xuño.
| |
TARIFAS ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
| |
Concepto
|
€/trimestre/persoa
|
Música e Movemento (de 4-8 anos)
|
59,25 €
|
Instrumento (1/2 h semana)
|
66,85 €
|
Instrumento (1 h semana)
|
133,70 €
|
Linguaxe Musical
|
29,75 €
|
CONSERVATORIO ELEMENTAL
| |
Concepto
|
€/trimestre/persoa
|
Curso completo (Instrumento, Linguaxe musical i Educación Auditiva e Vogal)
|
148,35 €
|
Instrumento(2ª especialidade)
|
49,50 €
|
Probas de acceso a 1º de Grado Elemental(taxa de inscrición)
|
26,10 €
|
Probas de acceso a 2º, 3º e 4º de Grado Elemental(taxa de inscrición)
|
31,25 €
|
Materia solta 4º curso do grao elemental. Co límite do importe da tarifa por curso completo (148,35 €):
| |
- Linguaxe musical:
|
29,75 €
|
- Educación Auditiva e Vogal:
|
29,75 €
|
- Instrumento:
|
133,70 €
|
2.- Materias soltas e materias pendentes:
a) No caso de estudos na Escola Municipal de Música, o importe total da taxa trimestral será o que resulte da suma de cada unha das materias e instrumentos, segundo as tarifas expresadas no cadro anterior e segundo o tempo de docencia no caso da materia de “Instrumento”.
b) A matrícula no Conservatorio Elemental será por curso completo. Poderase cursar un segundo instrumento de acordo co previsto na normativa xeral de aplicación nas ensinanzas de réxime especial de música. Neste caso non será preciso satisfacer taxa algunha polas materias comúns superadas. Igualmente poderá solicitarse a asistencia como oínte ás materias comúns de calquera dos cursos (superadas ou non) sen custe adicional.
c) No caso de repetir curso, aboarase o importe do curso completo. No caso de que debera cursarse unha materia pendente, aboarase igualmente o curso completo correspondente ao curso máis alto no que se está matriculado, sen que supoña sobrecuste. De acordo co previsto na normativa xeral de aplicación nas ensinanzas de réxime especial de música no seu grao elemental, unicamente se pode cursar unha materia solta e pendente no 4º curso do grao elemental.
3.- Actividades de asistencia gratuíta:
A Escola Municipal de Música organizará actividades de conxunto, tales como orquestra, banda de música, conxuntos, coro, etc, de acordo co previsto na Orde de 11 de marzo de 1993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. A asistencia a estas actividades é gratuíta para todo o alumnado matriculado na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Elemental, precisándose unicamente a inscrición nas mesmas aos efectos da organización e xestión académica destas actividades.
Artigo 6.- Beneficios fiscais:
1. Aplicarase unha bonificación do 50% da taxa ás familias numerosas, en virtude do disposto no art. 12.2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás familias numerosas, previa solicitude e xustificación, mediante a achega de fotocopia do carné de familia numerosa en vigor.
2. Estarán exentos do pago da taxa: As Familias numerosas de categoría especial, en virtude do disposto no art. 12.2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás familias numerosas, previa xustificación, mediante a achega de fotocopia do carné de familia numerosa en vigor.
3. Ademais dos recollidos nos apartados anteriores, só se admitirán beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse no curso escolar 2016-2017, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
TEXTO DEFINITIVO MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE DIVERSOS PRODUTOS NA REDE DE MUSEOS DO CONCELLO DE CAMBADOS
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 28/07/2016 sobre a modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola venta de diversos produtos na rede de museos do concello de Cambados, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
ARTIGO 3º.- ACTIVIDADES GRAVADAS
Constitue servicio ou actividade gravada por este Prezo Público a compra dos seguintes productos:
- Libro “MUSEOS DE CAMBADOS”
- Libro “A MEMORIA DE CAMBADOS”
- Libro “A FESTA DO ALBARIÑO”
- Libro “ACTAS FIESTAS DEL VINO ALBARIÑO”
- Libro “MUSEOS DEL VINO DE ESPAÑA”
- Libro “A UVA E O VIÑO”
- Libro “2000 AÑOS DE CULTURA DEL VINO EN LA P.I.”
- Libro “EL ALBARIÑO: ILUSTRACIONES SOBRE LA VARIEDAD DEL ALBARIÑO”
- Libro “EL UMIA, EL COMETA”
- Libro “CARPETAS FICHAS ACAMFE”
- Libro “ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO”
- Libro “GUÍA-MUSEO R. CABANILLAS”
- Libro “CAMBADOS DE EDUARDO BAAMONDE“
CD’S E DVD’S
- “ACTAS CURSOS UNED”
- “R. CABANILLAS: BIOGRAFÍA”
- “R. CABANILLAS NA MÚSICA”
PRODUTOS SERIGRAFIADOS
- TESTER “MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO”
- TIRARROLLAS
- CORTA CÁPSULAS
- CATAVIÑOS
- BOLIGRAFOS MUSEO DO VIÑO
- CATÁLOGOS DE EXPOSICIÓN
- POSTAIS CORREOS CAMBADOS
ARTIGO 4º.- CONTIAS DAS ACTIVIDADES GRAVADAS
1.- O importe do Precio Público fixado cubrirá, como mínimo, o custo de realización dos productos, según os datos que constan na Memoria económica anexa á Ordenanza.
2.- A contía do Prezo Público determinarase aplicando as tarifas seguintes:
- Libro “MUSEOS DE CAMBADOS”: 40,00 €
- Libro “A MEMORIA DE CAMBADOS”: 34,00 €
- Libro “A FESTA DO ALBARIÑO”: 30,00 €
- Libro “ACTAS FIESTAS DEL VINO ALBARIÑO”: 30,00 €
- Libro “MUSEOS DEL VINO DE ESPAÑA”: 20,00 €
- Libro “A UVA E O VIÑO”: 9,30 €
- Libro “2000 AÑOS DE CULTURA DEL VINO EN LA P.I.”: 9,30 €
- Libro “EL ALBARIÑO: ILUSTRACIONES SOBRE LA VARIEDAD DEL ALBARIÑO”: 9,30 €
- Libro “EL UMIA, EL COMETA”: 9,00 €
- Libro “CARPETAS FICHAS ACAMFE”: 9,00 €
- Libro “ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO”: 5,15 €
- “LIBRO GUÍA-MUSEO R. CABANILLAS”: 1,25 €
- LIBRO CAMBADOS DE EDUARDO BAAMONDE: 9,00 €
CD’S E DVD’S
- “ACTAS CURSOS UNED”: 15,00 €
- “R. CABANILLAS: BIOGRAFÍA”: 15,00 €
- “R. CABANILLAS NA MÚSICA”: 10,00 €
PRODUTOS SERIGRAFIADOS
- TESTER “MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO”: 6,00 €
- TIRARROLLAS: 5,00 €
- CORTA CÁPSULAS: 3,00 €
- CATAVIÑOS: 2,00 €
- BOLIGRAFOS MUSEO DO VIÑO: 0,65 €
- CATÁLOGOS DE EXPOSICIÓN: 5,15 €
- POSTAIS CORREOS CAMBADOS: 1,00 €
3.- O Concello de Cambados resérvase o dereito de regalar algún destes productos, con carácter excepcional e para promociona-lo mesmos e aVila de Cambados.”
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.