Coronavirus Pontevedra: 40 contaxios novos e baixan a 856 os casos activosNova mellora na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que cada vez ten menor incidencia. Continúa mellorando a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, con cada vez menos incidencia nos seus municipios, que na súa maioría continúan en situación de confinamento perimetral. Nas últimas 24 horas producíronse 40 contaxios novos, 2 falecementos (unha muller de 85 anos e outra de 92 anos, que faleceron no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra e no CHOP, respectivamente, procedían da Residencia Soremay) e 53 altas, o que fai que baixen en 15 persoas os casos activos, pasando dos 871 de onte a 856 hoxe. Segue baixando a incidencia da área sanitaria e, salvo Vilaboa polo seu rebrote en residencia, ningún municipio xa está por encima dos 300 de incidencia (O Grove está xusto nesa cifra). A cidade de Pontevedra segue sendo a urbe galega máis afectada, pero a súa traxectoria segue sendo descendente e está xa en 213. E en Cambados baixa en un o número de enfermos e sitúase en 35 activos O número de pacientes hospitalizados sobe de 50 a 51 persoas, distribuídos en 43 pacientes no CHU de Pontevedra (34 en planta e 9 na UCI), 5 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 5.831 casos de coronavirus, con 67 falecementos, 4.948 altas e 856 casos activos nestes momentos.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
10 de diciembre de 2020
CONTINÚA A MELLORA DE PONTEVEDRA-SALNÉS A PESAR DO AUMENTO DE FALECIDOS

6 de diciembre de 2020
NOVOS POSITIVOS EN CENTROS DE ENSINO DE CAMBADOS E VILAGARCÍA
O número de casos activos por covid-19 relacionados coas aulas galegas ha baixado de novo este venres ata situarse en 931 (29 menos que os que había fai 24 horas), que obrigan a manter pechadas catro escolas infantís e 47 unidades educativas --una menos--. Así figura no balance ofrecido polas autoridades sanitarias este sábado, xornada na que se manteñen en catro as escolas infantís pechadas: A municipal do Saviñao, Barcala de Cambre, Chiquis de Pontevedra e Cáritas Tui-Vigo da cidade olívica.
A área sanitaria de Pontevedra continúa coa tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus nos centros educativos. Deste xeito, segundo os datos ofrecidos pola Xunta, este sábado hai 131 casos, once menos que o venres (142). Descende tamén o número de centros con algún caso (de 75 a 71), aínda que continúan as mesmas aulas pechadas, seis.
As malas noticias chegan no Antonio Magariños de Cambados e no CEIP A Lomba de Vilagarcía, que se incorporan á lista de centros educativos con coronavirus cun caso cada un.5 de noviembre de 2020
AS RESTRICIÓNS ENTRARÁN EN VIGOR O SÁBADO AS 00:00 HORAS
• Nos concellos con peches perimetrais reducirase a actividade, pero non se suspende a actividade comercial nin a educativa
• O decreto está dispoñible no Diario Oficial de Galicia
Os habitantes de 60 concellos verán limitados os seus movementos desde as doce da noite do venres 6 de novembro. Só se poderá entrar e saír deles por motivos laborais, educativos, sanitarios, coidado de maiores e menores ou para actividades esenciais.
Son as cidades e tamén os seus municipios limítrofes, agás Lugo, onde estas novas restricións non afectan a ningún concello lindeiro. Ademais das cidades e os municipios limítrofes, tamén funcionarán como grupo Lalín con Silleda e A Estrada e Vilagarcía de Arousa con Vilanova e Cambados.
Ademais hai outros once concellos que se inclúen nestas restricións porque teñen máis de 200 casos por cen mil habitantes. Si que está permitida a mobilidade entre os concellos que están na mesma área restrinxida.
En todos os municipios perimetrados, non se suspende a actividade escolar nin pechan os comercios pero pecha a hostalería. Os restaurantes só poderán abrir para recollidas no local e para ofrecer servizo a domicilio. O Goberno galego estudará axudas para o sector no Consello da Xunta de hoxe.
Para os deportistas non federados, só estará permitida a actividade individual. Poderá ser colectiva se é ao aire libre. Tamén se limita a permanencia de persoas en lugares de culto e a ocupación dos eventos culturais, en cines, teatros e auditorios, que poderán celebrarse pero ao 50 por cento de público, cun máximo de trinta persoas no interior e 75 no exterior.
En toda Galicia redúcese a ocupación do transporte público á metade. Ademais nos concellos sen restricións tamén se limitan as saídas dos usuarios das residencias, pero mantéñense as visitas. Nas áreas perimetradas, as reunións só poden xuntar persoas conviventes; no resto, as xuntanzas pasan de cinco a seis persoas non conviventes. A Xunta estuda, tamén, a fórmula para permitir visitas a pais ou nais que vivan sos.
As novas medidas estarán en vigor ata o 4 de decembro, pero serán continuamente revisadas e se fose preciso modificadas ou levantadas.
2 de octubre de 2020
CASE 600 PARADOS MÁIS NO SALNÉS
Setembro adoita ser un mes no que se aumentan as cifras do desemprego, pero o coronavirus alterou nos últimos tempos ao comportamento habitual do mercado laboral. O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 377 persoas o pasado mes en relación ao anterior. Esta cifra supón un descenso do 0,21%, por baixo da caída do 0,7% da media española, segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Traballo e Economía Social. Con todo os efectos da pandemia aprécianse se se realiza a comparación a máis longo prazo. Os desempregados na Comunidade galega son 19.590 máis que en setembro de 2019 (+12,48%), ata situar o total en 176.574 persoas. Nesta cifra non se contabilizan os traballadores que aínda están afectados por un ERTE. Por provincias, rexistran diminucións mensuais A Coruña (-436 parados) e Pontevedra (-92), pero aumenta o número de parados en Lugo (+143) e Ourense (+8). Anualmente, as catro experimentan ascensos. Mentres, por sectores, o desemprego incrementouse na agricultura, con 230 persoas máis nesta situación, ata 6.271. A industria recortouno en 881 persoas, ata 18.893; do mesmo xeito que tamén baixou en construción, en 383 persoas, ata 13.341. Tamén se deron aumentos en servizos (+186 parados, ata 122.191) e no colectivo sen emprego anterior (+471, ata 15.878).