Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de octubre de 2020

CASE 600 PARADOS MÁIS NO SALNÉS


Setembro adoita ser un mes no que se aumentan as cifras do desemprego, pero o coronavirus alterou nos últimos tempos ao comportamento habitual do mercado laboral. O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo
Inem) baixou en 377 persoas o pasado mes en relación ao anterior. Esta cifra supón un descenso do 0,21%, por baixo da caída do 0,7% da media española, segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Traballo e Economía Social. Con todo os efectos da pandemia aprécianse se se realiza a comparación a máis longo prazo. Os desempregados na Comunidade galega son 19.590 máis que en setembro de 2019 (+12,48%), ata situar o total en 176.574 persoas. Nesta cifra non se contabilizan os traballadores que aínda están afectados por un ERTE.

Por provincias, rexistran diminucións mensuais A Coruña (-436 parados) e Pontevedra (-92), pero aumenta o número de parados en Lugo (+143) e Ourense (+8). Anualmente, as catro experimentan ascensos. Mentres, por sectores, o desemprego incrementouse na agricultura, con 230 persoas máis nesta situación, ata 6.271. A industria recortouno en 881 persoas, ata 18.893; do mesmo xeito que tamén baixou en construción, en 383 persoas, ata 13.341. Tamén se deron aumentos en servizos (+186 parados, ata 122.191) e no colectivo sen emprego anterior (+471, ata 15.878).

Salnés
Os datos da nosa comarca veñen reflexados no gráfico que se adxunta e que dan un mal dato en todos os concellos, Destaca o aumento de persoas desempregadas en O Grove e Sanxenxo. Menos forte é o aumento en Cambados e Vilagarcía






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.