Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RPT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RPT. Mostrar todas las entradas

6 de abril de 2017

APROBADA DEFINITIVAMENTE A MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT












8 de febreiro do 2.017 foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio da aprobación inicial da modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados.

Elevado a definitivo dito acordo, unha vez resoltas as alegacións presentadas contra o mesmo, por acordo plenario de data 30 de marzo do 2017, e de conformidade co previsto no artigo 202.3 da Lei 2/2.015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, unha vez aprobada definitivamente a modificación puntual da relación de postos do Concello de Cambados, remítase copia da mesma aos órganos competentes da Administración Xeral do Estado así como da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo de trinta días. Asemade, procédase a publicar a aprobación definitiva da mencionada modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, segundo o detalle que se sinala a continuación.
Contra a aprobación definitiva da modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados, poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo, na forma e prazos establecidos na Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa, o cal non suspenderá, por si só, a súa aplicación.






20 de mayo de 2015

O BNG MUDARÁ A RPT ACTUAL DE GOBERNAR EN CAMBADOS






O BNG leva anos denunciando que a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Cambados non se fixo en función das propias necesidades do concello senón en función dos intereses do PP. Ademais, na recente  modificación da RPT, que era a ocasión axeitada para axustala á realidade de Cambados e solucionar as carencias que tiña, o que fixo o PP foi beneficiar especialmente a algúns traballadores afíns en detrimento doutros, consolidando unha RPT inxusta pola súa natureza partidista. Esa foi a razón pola que o  BNG tamén se opuxo, nesa ocasión, e considera a gran oportunidade perdida para axustar a plantilla de traballadores/as ás necesidade reais do concello, e non ao revés. E a raíz de todo este conflito está no que o BNG leva denunciando desde hai moito tempo, que o PP leva utilizando o concello como o seu negocio particular e aplicando como premisa de contratación o enchufismo e o trato de favor.
Semella que os tempos están cambiando para o PP, cando un grupo de traballadores/as se atreven a denunciar xudicialmente que moitos dos incrementos retributivos desta RPT realmente son premios que o PP fai a algúns empregados municipais. Resulta reconfortante que a xente perda o medo e comece a utilizar a democracia, na que en teoría vivimos, para reclamar os seus dereitos e rematar coa utilización partidista das administracións, neste caso do concello.

Co BNG gobernando o concello de Cambados estas malas prácticas rematarán de inmediato. Co BNG no concello de Cambados todo o mundo terá os mesmos dereitos e será tratado con igualdade e respecto. O BNG creará un goberno onde a participación social e a transparencia impidan que se volvan a producir casos de utilización dun concello por intereses particulares ou partidistas. Cambados terá un concello de todos/as ao servizo de todos/as e non duns poucos, como ata o de agora.



19 de mayo de 2015

ADMITIDA A DEMANDA DUN GRUPO DE TRABALLADORES DO CONCELLO CONTRA A RPT




O Xulgado do Contencioso Administrativo Número Dous de Pontevedra ven de admitir a trámite a demanda presentada por un grupo de empregados municipais contra a modificación da relación de postos de traballo aprobada por Aragunde. Esta é a segunda demanda que os xuíces admiten a trámite trala presentada polos Socialistas de Cambados.
Entre os motivos que levaron a este grupo de traballadores descontentos a acudir aos xulgados, encóntranse os seguintes:
º)-Los incrementos retributivos, a través dos cales Aragunde premia algúns empregados municipais, e que son superiores aos previstos na Lei de Presupostos Xerais do Estado. Lei
aprobada polo propio Partido Popular.

2º)-Eliminación de prazas vacantes, ofertadas a través dun proceso de selección de persoal, convocado no ano 2007, ao cal numerosos interesados, entre ellos· varios veciños de Cambadoslogo de pagamento das taxas correspondentes, presentaron os seus
solicitudes para participar neste e deste modo poder acceder a un emprego público.
Os empregados municipais que presentaron a demanda, pretenden poñer fin á penosa situación de incerteza laboral, a que Aragunde ten sometido ao persoal funcionario interino e laboral indefinido. O que se pretende é que tanto os policías locais, auxiliares administrativos e administrativos interinos; como o persoal laboral indefinido; os cales forman parte do equipo
municipal, pero cun futuro laboral incerto e pendentes dun fío, como consecuencia do desleixo do equipo de goberno, pasen a formar parte do equipo municipal a través dos procedementos legalmente establecidos. Non debemos esquecer que algún destes empregados municipais vén prestando servizos para o Concello de Cambados dende. o ano 2007 e outros dende moitos anos antes, como é o caso do arquitecto municipal, ou de unha das asistentas sociais, a cal leva prestando servizos dende o ano 1983.
Malia iso e tras reiteradas e numerosas peticións por parte do persoal ao equipo de goberno, por parte deste o único que se fai é dar longas ao persoal.
3º)-Vulneración do principio de igualdade entre os traballadores municipais, na medida que Aragunde premia algúns traballadores achegados, como- o que ocupa o posto de administrativo de alcaldía, o cal, coa modificación da RPTpasa a percibir, só, en concepto de complemento específico 11.815,24 € anuais, fronte a cantidades moi inferiores atribuídas a postos de maior dificultade, perigosidade ou dedicación.
Traballadores do Concello
Un dos puntos fortes da demanda, é o relativo ao posto de oficial de apoio adscrito ao departamento de secretaría e réxime interior, ao terse detectado un feito que mesmo podería ser constitutivo dun delito de prevaricación.
O devandito posto foi adxudicado, de xeito irregular a persoal do Concello de Cambados, que non reúne os requisitos esixidos legalmente para ocupar tal posto, ao non ter superado a empregada municipal que vén ocupando este dende a aprobación da RPT, proceso ningún de selección de persoal para acceder a tal posto. A persoa, supostamente enchufada, entrou a formar parte do equipo municipal cando anos atrás aprobou unha oposición de auxiliar conserxe. Non obstante na actualidade e sen pasar oposición ningunha esta empregada ten pasado do posto de conserxe ao posto de oficial.
Os feitos relatados presentan certa similitude co acontecido en os Concellos gobernados polo PP, de Riveira de Pitín(Lugo), e Camota, (A Coruña). Feitos dos que estas últimas semanas fixo eco a prensa, ao ter resultado imputados unha deputada autonómica do PP e un ex alcalde popular.
A maxistrada xa fixou a data do xuízo, o cal está previsto para o día 3 de novembro ás 10:00 horas, citou numeroso persoal municipal co fin de tomarlles declaración nos xulgado e hai solicitado o envío do expediente administrativo relativo ao proceso de selección de persoal que está paralizado sen motivo ningún dende ao ano 2007, malia recadarse as taxas municipais para poder participar neste.




13 de febrero de 2015

O BNG PREGUNTA POLO CUSTE DA EMPRESA CONTRATADA PARA FACER A RPT





Tralo pleno extraordinario celebrado hai uns días aprobouse definitivamente, cos únicos votos a favor do PP, a nova RPT do Concello de Cambados. O BNG  votou en contra deste documento por considerar que, na súa elaboración, primaron os criterios políticos e non os laborais e que realmente non soluciona as necesidades para un bo funcionamento do concello. Ademais, o BNG non entende que para a elaboración do documento fora necesaria a contratación dunha empresa privada (neste caso, “Galivalia Avogados e Consultores”) pois existen suficientes técnicos municipais  (secretario, interventora, tesoureira e asesor xurídico) que poderían elaborar, xunto aos representantes dos traballadores, unha RPT máis axustada ás necesidades do noso concello ca aprobada e, por suposto, sen ter que pagar o sobrecusto da contratación da citada empresa. Consideramos así mesmo, que a participación da empresa só serviu para tentar dar unha falsa  imaxe de imparcialidade pero o que realmente se fixo foi que a empresa trasladara aos traballadores/as a proposta política da alcaldía, creándose a medida uns baremos ou criterios que xustificasen os obxectivos políticos marcados previamente.

O B.N.G. no seu afan por acadar a transparencia negada desde o PP cambadés fai as seguintes preguntas:
1.- En que data  foi contratada “Galivalia Avogados e Consultores” e que proposta de orzamento presentou ao concello de Cambados para a realización da citada RPT?
2.- Canto leva pagado actualmente o concello a dita empresa polos traballos de elaboración da RPT?
3.- Cal será o custo total para o concello, dos servizos de “Galivalia Avogados e Consultores” pola  elaboración da RPT?

4.- Coa aprobación da nova RPT, que vai a ocorrer coa Oferta de Emprego Público do concello de Cambados do exercicio 2006, onde foron ofertadas unha serie de prazas, e que  foi paralizada despois de que moitos aspirantes pagaran as respectivas taxas de matrícula no proceso? Cando se lle devolverán os cartos correspondentes a dito pago de taxas? Canto supón a totalidade desta devolución?




12 de febrero de 2015

A RPT DE PREMIOS E CASTIGOS



A nova RPT do Concello de Cambados "premia" a algúns traballadores e "castiga" a outros.

Subidas de máis de 1.000, 2.000 e ata 3.000 euros anuais, e baixadas de 1.000 euros aproximadamente para "operarios de zona" esto é varredores, para entendernos, que aínda subindo de nivel ven como os seus salarios merman.
E como se fai para subir ou baixar os soldos?
Que diferencia hai entre uns interinos e outros para que se lles suba o salario a uns e a outros se lles baixe?
A todas estas preguntas é deber do equipo de goberno respostar, pero coma sempre quedaremos coas dúbidas.

Segundo fontes cercanas ao concello existe un malestar enorme entre boa parte do persoal do Concello, por un lado pola baixada de soldos sumada xa a anteriores baixadas e segundo porque xa se fan a idea de que o Partido Popular pode perder as próximas eleccións, e o persoal interino ve como se esfuman as promesas por parte do alcalde de facelos fixos, por outro lado existe unha fuga de xente no Partido Popular, uns en desacordo coa nefasta maneira de gobernar do alcalde e outros por promesas incumpridas por parte deste. Sabido é que o señor Aragunde é coñecido por "Si Si", e a gran maioria deses "si sis" remataron no olvido ou en excusas baratas, esa xente xa perdeu a confianza nel e non esta disposta a seguir apoiando nin tan sequera a volver a darlle un so voto. 

A continuación podedes ver o cadro de postos de nova creación e vacantes.


OCUPANTE . DENOMINACION                           ACTUAL                   NOVO
                                                                (14 PAGAS)             (14 PAGAS)

N.  CREACIÓN  XEFE DA POLICÍA LOCAL                                         12.320,82  
N.  CREACIÓN OFICIAL POLICÍA LOCAL                                             9.766,67
N.  CREACIÓN TÉCNICO DE ARTE                                                    5.637,81 
N.  CREACIÓN  DELINENANTE                                                         5.705,93 
N.  CREACIÓN  O.  ADMINISTRACIÓN                                               5.524,60 
N.   CREACIÓN O.  ADMINISTRACIÓN                                               6.423,96
V.   OFICIAL POLICÍA LOCAL                              8.036,53                  9.766,67
V.   TÉCNICO DE XEST. CULT. E DEP.                  9.047,72                10.298,48  
V.    RESP. ALMACÉN E MANT. MEC.                    6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª XARDINERO                               6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª XARDINERO                               6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª CONDUCTOR- MAQ.                    6.929,54                  6.929,54
V.   OFICIAL 2ª CONDUCTOR- MAQ.                    6.929,54                  6.929,54 
V.   OFICIAL 2ª MANTEMENTO                            6.929,54                  6.929,54 
V.   OPERARIO SERVIZOS                                  6.929,54                  7.506,74 
V.   OPERARIO DE ZONA                                    8.036,53                  6.929,54 
V.    LIMPADOR DEP. MUNICIPAIS- COOR.             3.156,72                 3.499,27 
V.    OPERARIO VIXIANTE                                   6.908,82                 6.908,82 
V.    CONSERXE-LIMPADOR DE COL. PÚB.              3.499,27                 3.499,27  

Por suposto estes non son os soldos definitivos, como comprenderes haberá que sumar complementos trienios e todas esas cousas, ademáis de horas extras.

Ninguén traballa por 4.000 euros divididos en 14 pagas.

A todo esto hai que engadir 27 interinos, moitos dos cales ven reducido o seu soldo e persoal de confianza que non aparece no listado e dos que descoñecemos o seu soldo.
Por certo porque algúns empregados do concello mudan o nome do que renegan para sair nesta lista?   






11 de febrero de 2015

OS SOCIALISTAS MANIFESTAN QUE A RPT DE CAMBADOS INCUMPRE VARIAS LEIS




A formación que lidera Fátima Abal ratifica novamente as alegacións presentadas en escrito do 19 de xaneiro e manifesta que as motivacións que se defenden  para desestimar as alegacións no lles parecen convincentes. Seguen a manifestar que lles parece que contraveñen a Lei en varios aspectos, entre eles no tocante ó incumprimento dos límites legalmente establecidos en relación ós complementos específicos. Segundo o informe que desestima as alegacións dise que “compre considerar que os incrementos retributivos que se teñen realizado, gozan de carácter singular e excepcional, e por tal motivo atopan xustificación normativa no artigo 20.7 da LPXE para o ano 2014”.
Esta xustificación parécenos una mofa á vista dos reparos das nóminas da Intervención municipal, mes tras mes e ano tras ano, nin son tan singulares nin son tan excepcionales.
Ademáis de presentar as alegacións ante o rexistro de Cambados, éstas foron presentadas tamén por portelo á Dirección Xeral  da Administración local e á Subdelegación de goberno en Pontevedra.
Segundo explica a voceira socialista: “desde o 19 de xaneiro que presentamos os escritos aínda non obtivemos contestación de ningún dos organismos citados. Tendo en conta que a Dirección Xeral depende de Vicepresidencia, e tendo en conta que unha das prazas beneficiadas é a do Vicepresidente da Xunta, é dicir a de Secretaría municipal, ni temos contestación nin se espera. Estamos convencidos que a contestación emitida por este organismo vai ser saíndo pola tanxente sen resolver e facendo que sexa outro organismo o que teña que resolver para non mollarse co tema”.

Os socialistas cren que “Luís Aragunde pensa que a maioría lle da lexitimidade para impoñer o que queira, sen ter en conta o estado de dereito. Este é o xeito de facer política que ten este alcalde. Un acordo plenario vai ir contra leis nacionais: a Lei de orzamentos xerais do estado do 20014 e a do 2015, só para aumentar os complementos específicos de determinados traballadores, estamos falando de subas nalgúns dos casos de máis de 3000€ en detrimento doutros traballadores que non suben nin un céntimo. As nosas alegacións veñen fundamentadas básicamente nos informes da Intervención municipal”
Ademáis na intervención plenaria defendida por Mila, ésta recordou ós presentes que os votos a favor dun acordo inxusto e neste caso, presuntamente non acorde coa lei, pode dar lugar a unha imputación por presunto delito de prevaricación daqueles concelleiros que prevalecéndose da súa condición de autoridade voten a favor a sabendas da inxustiza do acordo.

Este RPT, claramente favorece a algún traballadores do Concello en detrimento de outros moitos. De feito, ademáis das alegacións presentadas polo Psdg-Psoe houbo 14 traballadores do Concello que tamén presentaron as súas alegacións a pesar de que o Alcalde presume de que a gran mayoría de representantes sindicais estaban conformes con esta modificación.
Os socialistas declaran que adoptarán as medidas oportunas unha vez este acordo plenario sexa publicado oficialmente.


10 de febrero de 2015

A NOVA rPPt ESTÁ FEITA AO GUSTO DO ALCALDE E NON DE CAMBADOS



UN ARTIGO DE VÍCTOR CAAMAÑO

Hoxe o PP, de seguro en solitario, aprobará a súa RPT; xamais será mellor dito: a súa. O BNG xa adiantou que votará en contra, mais non argumentando razoamentos legais, senón alegando razóns políticas de suficiente calado como para considerar inaceptable o documento elaborado polo PP para o concello de Cambados. Porque este documento xurde para beneficiar a unha serie de traballadores/as afíns ao partido de goberno municipal e, tamén, para cubrir as costas ao alcalde nas irregularidades que nos últimos anos veu realizando, tratando de evitar os reparos de Intervención no pago de gratificacións e complementos de produtividade nada xustificables. Esta é a verdadeira e principal razón pola que o BNG non está dacordo co documento presentado polo PP. Cambados non terá unha RPT en función das necesidades para un bo funcionamento do concello, co cal estase a perder unha oportunidade única que redundaría no beneficio de veciñas e veciños.
Víctor Caamaño
Ademais as subidas de soldos ao mencionado persoal, foron acompañadas da suba  a outro persoal, para conseguir unha maioría de traballadores que apoiara o documento final presentado. Como pode xustificar o PP que nun momento onde o paro asola aos veciños/as e a maioría dos traballadores non poden chegar a fin de mes (grazas ás reformas do PP, por suposto), o concello suba os soldos, de xeito xeneralizado, por motivacións políticas. Con este tipo de actuacións comprobamos, unha vez máis, as incoherencias do PP e do seu concepto de austeridade.
E o BNG tampouco entende como para presentar esta modificación da RPT foi necesario contratar a unha empresa privada, pois afirmamos que cun par de técnicos municipais e os representantes dos/as traballadores/as, podería terse abordado esta tarefa con mellores resultados e, sobre todo, teríase dado unha auténtica negociación e non unha chantaxe por parte do concello-empresas: “isto é o que hai” (a metade da representación dos sindicatos maioritarios non asinou a proposta). A participación da empresa só serviu para tentar dar unha falsa imaxe de imparcialidade pois, neste caso, o que se fixo foi trasladarlle á empresa a proposta da alcaldía para que esta buscase unha xustificación aos obxectivos marcados politicamente (creáronse, á medida, uns baremos ou criterios para xustificar uns obxectivos marcados politicamente).

Por certo, á empresa contratada, loxicamente tamén habería que pagarlle e, como se comproba, para certas cousas, desde o concello de Cambados non se repara en gastos; semella que xa levan tempo percibindo  brotes verdes.



6 de febrero de 2015

A NOVA R.P.T. CO CONCELLO DE CAMBADOS SO BENEFICIA AO PP




UN ARTIGO DE VÍCTOR CAAMAÑO, VOCEIRO DO B.N.G. EN CAMBADOS

O próximo martes será tratado nun pleno extraordinario, a aprobación definitiva do Orzamento 2015; un orzamento que non apoiamos nin apoiaremos por moitas razóns, algunhas de gran importancia. O BNG leva moitos anos votando en contra deste documento, en parte, por unha RPT feita ao gusto do PP e non das necesidades do concello. Unha Relación de Postos de Traballo que conta cun  número considerable de postos sen cubrir, que son utilizados como “caixón de sastre” para os posibles gastos que vaian  xurdindo, o que é un claro exemplo de falta de previsión e validez do documento presentado. O BNG leva anos esixindo que se elabore unha RPT acorde ás necesidades deste concello e que as partidas adicadas a pagar soldos non se utilicen realmente para pagar asfaltados, como ven sendo habitual. Por iso cando se elaborou a nova RPT, o BNG agardaba unha solución para este despropósito pero co que nos encontramos foi cun remendo para unha chapuza previa, unha modificación que non soluciona o problema do concello pero si o do PP, pois consolida os soldos dos seus traballadores afíns e tenta pechar a boca a outros para que non protesten.

Así nun Orzamento moi semellante ao anterior, onde podía haber diferenzas significativas na RPT, o que encontramos foron modificacións que ao criterio do BNG empeoran o que había, e fará que sigan os desencontros con respecto ás partidas de persoal vacante (por suposto, tamén seguirán na RPT, postos que consideramos non son necesarios no concello). Ademais, nesta ocasión, o alcalde non tivo inconveniente en saltarse as “leis de Rajoi” e utilizar os cartos de todos/as para a defensa dos intereses do PP (subindo os soldos a quen conviñera para aprobar esta, inaceptable, RPT). Pola contra, no seu momento, cando tomou a decisión de non aboar a paga extra aos traballadores/as municipais, argumentou que non se podía saltar a lei (xa vemos a coherencia; unhas veces si e outras non; para o seu interese si, para o interese de todos/as non).
Ademais, tampouco a política de contratación de persoal se efectúa seguindo os principios de igualdade, mérito, transparencia, capacidade e publicidade que debe ser a norma a seguir no sector público. E, por certo, seguirán sen elaborarse uns criterios obxectivos para pagar as Produtividades.

Se no pasado orzamento o BNG afirmaba que os criterios para unha boa administración esixen que o capítulo de gastos de persoal non debe superar o 30%, observamos que neste orzamento significa un 42´5% (máis ca no pasado grazas, claro, á nova RPT). E este capítulo xunto co de gastos correntes supoñen agora o 86´5% (sobe punto e medio con respecto ao anterior). E neste orzamento plano se nos mostraron uns investimentos reais de 26.000 €  sobre máis de 8´5 millóns; o que di moi pouco deles.

E se Aragunde se gaba de que no orzamento subiron as partidas sociais, a razón é ben sinxela, pois desde que goberna o PP, coas súas políticas as cousas van de mal en peor e conseguiron o fito de que nin sequera os que teñen traballo poidan chegar a fin de mes.

25 de agosto de 2014

AS VERDADEIRAS CAUSAS DO ENFRONTAMENTO ENTRE O ALCALDE E POLICÍA LOCAL






As verdadeiras causas do desencontro entre a Policía Local de Cambados e o Governo municipal aínda seguen sen ter solución.

Abundando nas denuncias que BNG e PSOE veñen de facer estos dias en relación ao enfrontamento da Policía Local e Concello e a RPT que é a base do conflito imos engadir uns dadtos que ata agora non se feran.
A pesares do achegamento que tiveron hai uns dias, o conflito dista moito de solucionarse si o alcalde non acepta as peticións que fan os axentes, que non son outras que  do convenio colectivo aprobado fai uns meses e que non se está cumprindo porque non se están pagando os complementos acordados polas gardas do fin de semana e o aumento de plantilla e que non se reflexa na RPT que está a elaborar o Concello e que si contempla a creación dun posto de Especialista en Arte e que sería para unha persoa que xa está a traballar no Concello e que conlevaría unha subida salarial de 6.000 euros anuais.
Tamén se incluiría nesa RPT a creación da plaza de Deliniante Municipal, posto que se está a cubrir de forma interina a través de sucesivos contratos. Por último na RPT hai o ascenso de categoría doutro funcionario coa subida salarial que conleva. Estes tres puntos da RPT, segundo os axentes o que fan e menospreciar o seu traballo en relación a outros taballadores do Concello.
Imaxe: "A Ti Meu Cambados"
A todo esto hai que engadir que o governo de Rajoy prohibeu a creación de novos postos de traballo nos concellos.  Será esta a nova forma de pago de servizos ao partido?
Por certo no Concello de Cambados hai 8 plazas de funcionario sen cubrir, sobre todo de operarios de servicios, un deles é o de encargado de mantemento dos campos de fútbol do Pombal(así está). 8 postos que serven para disimular os gastos de persoal e facendo ou querendo facer crer aos cambadeses que aforran cartos, cando en realidade é que están deixando sen servicios aos veciñ@s.