Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de febrero de 2015

O BNG PREGUNTA POLO CUSTE DA EMPRESA CONTRATADA PARA FACER A RPT





Tralo pleno extraordinario celebrado hai uns días aprobouse definitivamente, cos únicos votos a favor do PP, a nova RPT do Concello de Cambados. O BNG  votou en contra deste documento por considerar que, na súa elaboración, primaron os criterios políticos e non os laborais e que realmente non soluciona as necesidades para un bo funcionamento do concello. Ademais, o BNG non entende que para a elaboración do documento fora necesaria a contratación dunha empresa privada (neste caso, “Galivalia Avogados e Consultores”) pois existen suficientes técnicos municipais  (secretario, interventora, tesoureira e asesor xurídico) que poderían elaborar, xunto aos representantes dos traballadores, unha RPT máis axustada ás necesidades do noso concello ca aprobada e, por suposto, sen ter que pagar o sobrecusto da contratación da citada empresa. Consideramos así mesmo, que a participación da empresa só serviu para tentar dar unha falsa  imaxe de imparcialidade pero o que realmente se fixo foi que a empresa trasladara aos traballadores/as a proposta política da alcaldía, creándose a medida uns baremos ou criterios que xustificasen os obxectivos políticos marcados previamente.

O B.N.G. no seu afan por acadar a transparencia negada desde o PP cambadés fai as seguintes preguntas:
1.- En que data  foi contratada “Galivalia Avogados e Consultores” e que proposta de orzamento presentou ao concello de Cambados para a realización da citada RPT?
2.- Canto leva pagado actualmente o concello a dita empresa polos traballos de elaboración da RPT?
3.- Cal será o custo total para o concello, dos servizos de “Galivalia Avogados e Consultores” pola  elaboración da RPT?

4.- Coa aprobación da nova RPT, que vai a ocorrer coa Oferta de Emprego Público do concello de Cambados do exercicio 2006, onde foron ofertadas unha serie de prazas, e que  foi paralizada despois de que moitos aspirantes pagaran as respectivas taxas de matrícula no proceso? Cando se lle devolverán os cartos correspondentes a dito pago de taxas? Canto supón a totalidade desta devolución?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.