O Concello de Cambados invitou a cidadanía a participar na campaña ”Separar con Xeito” promovida por Ecoembes e a Concellería de Medio Ambiente mediante a colocación dunha carpa no mercado o pasado mércores.
A Concellería de Medioambiente quere promover esta iniciativa para mobilizar, concienciar e informar á cidadanía na importancia da separación selectiva dos residuos que se depositan nos contenedores azuis e amarelos.
Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.
En concreto, Separar con Xeito acudirá a ferias, feiróns e eventos gastroculturais co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.