Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2019

“TERRACICLE”: COMPROMISO COA PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE


A recollida selectiva é a chave para rematar cos residuos e camiñar cara a unha economía circular que se identifique cunha cantidade de residuos cero. Nesa liña está a traballar o Concello de Cambados, tentando concienciar a veciños e veciñas de que a súa implicación nunha mellor reciclaxe  é imprescindible para conservar o bo estado do planeta, empezando polo máis próximo. Por esta razón o  concello de Cambados participará no programa de recollida de instrumentos de escritura (bolígrafos, rotuladores, portaminas, borradores, marcadores, rotuladores fluorescentes, correctores líquidos) en diferentes puntos públicos a través do programa “Terracicle”.


Este tipo de material será depositado nunhas caixas de cartón, perfectamente identificadas (logotipo do Concello de Cambados e o do Refuxio de Animais de Cambados) nos puntos de entrada dos edificios públicos para ser enviados a empresa de reciclaxe onde fabricarán novos materiais e produtos. En próximos días os/as técnicos/as municipais da Concellaría de Medioambiente repartirán nos edificios públicos os correspondentes contedores para iniciar este proxecto.


Cada recollida de 20 quilos deste tipo de residuos será trocable nunha doazón para o Refuxio de animais de Cambados.


O obxectivo deste programa é fomentar a reciclaxe de diferentes instrumentos de escritura por non ter cabida no contedor amarelo, promover a participación cidadá na reciclaxe e fomentar unha política medioambiental de reciclaxe nas actuacións municipais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.