Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RADIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RADIO. Mostrar todas las entradas

2 de noviembre de 2020

O COLEXIO DE CASTRELO CONTARÁ MOI PRONTO CUNHA RADIO ESCOLAR


O
 CEIP Plurilingüe de Castrelo, en Cambados, contará próximamente cunha radio escolar no marco do programa 'Radio na Biblio' da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia vén de incorporar un total de 30 centros educativos en toda Galicia ao programa Radio na Biblio.

Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar.

Coas novas incorporacións, en total participan nesta iniciativa este curso un total de 109 centros públicos de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) de toda Galicia.

Os novos centros seleccionados recibirán 2.000 € de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio (incluíndo un obradoiro de formación). Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os centros que xa participaron en Radio na Biblio en cursos anteriores e renovan recibirán unha asignación de 500 € por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.


6 de junio de 2019

ALUMNOS DE CASTRELO E CORVILLÓN RECIBIRÁN OS PREMIOS POLO LOGOTIPO DA RADIO E TV ESCOLAR



Mañá venres o Concelleiro de Cultura Víctor Caamaño, entregará os agasallos ós nenos e nenas participantes no concurso para deseñar o logotipo da creación da radio e tv escolar. Ás 10:00 horas no colexio de Castrelo entregaranse os agasallos de participación e ás 11:15 no colexio de Corvillón o agassallo ós gañadores.




7 de diciembre de 2018

TODAS AS ESCOLAS DE CAMBADOS TERÁN RADIO ONLINE


As radios e televisións escolares que emiten por internet estenderanse a todos os centros educativos de Cambados, despois de que a experiencia piloto nos de Vilariño e Castrelo fose satisfactoria.
O concelleiro de Educación, Víctor Caamaño, visitou dias pasados o colexio de Vilariño, onde foi entrevistado polos alumnos no estudo de radio. Neste centro, a actividade leva un mes funcionando, e profesores e alumnos utilizan a radio e a televisión para traballar contidos lectivos. O proxecto iniciouse cun curso para 20 profesores, impartido polo cineasta Xan Leira, e que estaba homologado pola Consellería de Educación. Posteriormente, formouse aos alumnos na creación de canles da internet, e finalmente adquiriuse o material necesario grazas a un premio obtido nun certame da rede de bibliotecas.




18 de septiembre de 2018

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS LEVAN A PLENO UNHA MOCIÓN CONTRA A SUPRESIÓN DA INFORMACIÓN LOCAL E CULTURAL NA RADIO GALEGA



A agrupación socialista de Cambados presenta para o seu debate no pleno local de setembro unha moción na que reclaman o mantemento dos servizos informativos locais e culturais na Radio Galega.

A formación encabezada por Fátima Abal considera que a Radio Galega é indispensable de cara á cobertura informativa de Galicia, así como para a promoción da lingua e cultura propias, polo que esixen o mantemento das desconexións locais nos informativos da Radio Galega, de cara ao mantemento dun axeitado servizo público.
Fátima Abal lembra que dende a chegada de Feijoo á presidencia da Xunta de Galicia “vense producindo un constante desmantelamento da radio e da televisión públicas de Galicia, e en especial da información local e cultural, dúas das súas principais razóns de ser, recoñecidas incluso legalmente”
“No ano 2010 foron pechadas a metade das delegacións territoriais da Televisión de Galicia, deixando de emitirse os informativos locais. Nos últimos 8 anos só sobreviviu a información local propiamente dita na Radio Galega, obxecto precisamente deste novo ataque do partido popular”, sinala a alcaldesa socialista.


Ademais do mantemento das desconexións locais, na moción tamén se pide garantir os postos de traballo nas redaccións e delegacións da RTVG, e censúrase a reducción da programación cultural específica da Radio Galega.




15 de agosto de 2016

AROUSA DEPORTES, INICIA UNHA NOVA TEMPADA DEPORTIVA EN AROUSA SI RADIO













#ArousaDeportes regresa a programación de#ArousaSiRadio, dende o martes 16, e no horario acostumado (15:00 h), afrontando unha nova tempada deportiva, baixo a dirección de Carlos M.Vieites e con máis de 25 colaboradores e analístas. Con moitos deportes coma protagonístas.

#STAFFPRINCIPAL

-Dirección e Presentación: Carlos M.Vieites
-Redacción e Locución: Fernando Ulloa
-Técnica e Son: Iria San Juan 
-Técnico Especialista Eventos Exteriores: Daniel Facorro
-Auxiliar Técnico Eventos En Exteriores: Héctor Suárez.

@Colaboradores e Analistas.

#FUTBOL (11)

- Lino González (Adestrador ) T*
- Álvaro Andrade (Director Deportivo) T*
- Manuel Leiroski (BASE & Polideportivo) T*
- Daniel Fol (Féminas & Polideportivo) T*
- Jóse López (Adestrador ) T*
- Luis Treviño (Adestrador ) T*
- Celso Couso (Adestrador ) T*
- Neno Millán (Adestrador )
- Ricardo Fernández (Adestrador )
- David López “Perú” (Adestrador )T*
- Manolo Nuñez (Adestrador ) 


*Tertulianos.

#BALONCESTO (3)

- Yago Casal (Adestrador Titulado)
- Diego Doval (Periodista especializado)
- Manu Felpeto (Director Deportivo)

— @OUTROS DEPORTES (7) —

#DEPORTESdePONTEVEDRA con David Acevedo (D.P)
#TENISdeMESA con Fer Padín (Subcampeón Galego)
#PIRAGUíSMO con Rubén Tobío (Directivo FGP)
#CICLISMO con Ernesto Falcón (Directivo FGC)
#RUGBY con David Losada (Selecc. Gallego)
#REMO con Gelo Tarrío. (Patrón C.R Vilaxoán)
#DEPORTESdeContacto con Jose Conde (VitalSport)










4 de agosto de 2016

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO AROSA NA FESTA DO ALBARIÑO










"Hoy por Hoy"  especial Festa do Albariño en directo desde o Paseo da Calzada mañán venres 5 de agosto será no Magazine "Pontevedra-Arousa" de 12:25 a 13:40. Ao contrario do ano pasado que se fixo o magazine o día da inauguración, este ano faise o venres. Como preámbulo do fin de semán da Festa do Albariño.

A Cadena Ser prepara para mañán un gran magazine conducido por Justo Peón i Eloy Magariños. 
Polo set da emisora pasarán a alcaldesa Fátima Abal, un coñecido restaurador, adegueiros, un representante do Parador, e tamén entrevistarán a membros dun dos grupos que actuarán pola noite.

Farán tamen unha ronda polo Paseo da Calzada onde degustarán algún dos caldos que alí están presentes e falarán con público que de seguro ateigue xa a esas horas a zona dos stands.









5 de agosto de 2015

"LA PELA ES LA PELA" MAÑÁN EN CAMBADOS







Concurso en Cambados "La pela es la pela!" de Vía Radio, que se retransmitirá en directo dende o programa "Me la pela"  dende a Praza do Concello de Cambados o día 6 de agosto. O set de concursos consta dos seguintes elementos.
- 1 cabina tipo cabina telefónica;
- 2 altofalantes;
- tótems publicitarios;
- 1 máquina de pulsadores.

No devandito concurso, os concursantes poden chegar a conseguir un premio en metálico de ata 300€. Primeiro clasificaranse para optar a gañar o premio nunha máquina de pulsadores, que medirá os seus reflexos.
Tras clasificarse, os ganadores meteranse na cabina, que é unha turbina de aire que lanza billetes de 20€ falsos e de verdade. O premio que se levará cada concursante será dun máximo de 300€, dependendo da cantidade de billetes que consiga cazar ao voo.
O horario do concurso será de 20:00 h a 23:00 h.