As radios e televisións escolares que emiten por internet estenderanse a todos os centros educativos de Cambados, despois de que a experiencia piloto nos de Vilariño e Castrelo fose satisfactoria.
O concelleiro de Educación, Víctor Caamaño, visitou dias pasados o colexio de Vilariño, onde foi entrevistado polos alumnos no estudo de radio. Neste centro, a actividade leva un mes funcionando, e profesores e alumnos utilizan a radio e a televisión para traballar contidos lectivos. O proxecto iniciouse cun curso para 20 profesores, impartido polo cineasta Xan Leira, e que estaba homologado pola Consellería de Educación. Posteriormente, formouse aos alumnos na creación de canles da internet, e finalmente adquiriuse o material necesario grazas a un premio obtido nun certame da rede de bibliotecas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.