Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de mayo de 2016

MAR E CONFRARÍAS DE AROUSA REÚNENSE PARA TRATAR A COMERCIALIZACIÓN DO "RELÓ"












A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Covadonga Salgado, recibiu hoxe a representantes de organizacións de produtores e confrarías da ría de Arousa e do Consello Regulador do Mexillón para tratar as accións que está a realizar a Administración galega para promover a extracción e comercialización do reló e para abordar o estudo sobre esta especie realizado polo grupo de investigación Ecotox da Universidade de Vigo. Na xuntanza, Covadonga Salgado explicou que boa parte do labor da Unidade de Metais Pesados do Intecmar se centra en analizar esta especie, de feito, segundo subliñou, o 25% das análises que realiza esta unidade estuda a presenza de chumbo no reló.
A directora do Intecmar lembrou que a explotación do reló en Galicia foi suspendida no 2008 debido á presenza de chumbo por encima dos límites legais. Explicou que a Consellería do Mar realizou análises e estudos que permitiron que dende finais de 2014 se poida comercializar esta especie en determinados bancos en función do seu tamaño e con todas as garantías hixiénico-sanitarias.
A Consellería do Mar realizou esas mostraxes nesta especie por tallas e por bancos marisqueiros para poder comprobar a diferenza de concentración de chumbo, en función do tamaño e localización da especie. Delas deduciuse que, en determinados bancos, a presenza de chumbo en individuos de reló con talla inferior aos 35 mm non superaba os límites autorizados pola Unión Europea para consumo humano con todas as garantíassanitarias.
Estudo sobre o reló
Por outra banda, a directora do Intecmar informou aos asistentes á reunión que a Consellería do Mar ten colaborado co equipo de investigación da Universidade de Vigo que realizou o estudo sobre o consumo do reló. De feito, o coñecemento da acumulación deste metal en gránulos no ril deste molusco vén dunha publicación realizada en común.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.