Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CONFRARÍAS.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONFRARÍAS.. Mostrar todas las entradas

14 de abril de 2020

AS LONXAS DA COMARCA SON HIXIENIZADAS

Portos de Galicia, procederá ao longo do día de hoxe á hixienización de edificios das lonxas na comarca de Arousa como medida de prevención e reforzo da salubridade ante o COVID-19. Esta medida está a ser aplicada nas lonxas con maior actividade das tres provincias costeiras logo de ser consensuada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, cos presidentes das federacións provinciais de confrarías de Lugo, A Coruña e Pontevedra.
No día de hoxe o ente público procederá ao baldeo exterior con lixivia diluída das fachadas e contornas das lonxas de Carril (Vilagarcía), Vilaxoán, Vilanova e O Xufre (A Illa de Arousa) para minimizar o risco de propagación do virus nestas instalacións. Deste xeito, preténdense maximizar as medidas de seguridade dos traballadores portuarios que continúan a desenvolver actividades esenciais, como o subministro de produtos de alimentación.
Portos de Galicia está a realizar estas tarefas de xeito periódico desde o inicio da crise sanitaria en coordinación coas confrarías que así o solicitan e continuará a desenvolvelas nas vindeiras semanas. No caso da provincia de Pontevedra, xa foron hixienizadas tamén as contornas das lonxas do Grove, Bueu e Cambados.


2 de mayo de 2016

A CONFRARÍA SAN ANTONIO DE CAMBADOS ADAPTA OS SEUS ESTATUTOS








A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade de diversas resolucións do 1 de abril de 2016 polas que se ratifican as adaptacións dos estatutos de varias confrarías de pescadores.

A CONSELLERÍA DO MAR cumprindo o previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, fai públicas as resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 1 de abril de 2016, polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Polo que respecta a Confraría cambadesa  a adaptación sitúase no Tomo II, libro 15-Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, volume 1. e que se poderá consultar na mesma confraría.






1 de mayo de 2016

BENITO GONZÁLEZ PODERÍA SAÍR IMPUNE DO CASO DO TRAGOVE









Aínda sin terse celebrado o xuicio xa hai xente "festexando" non se sabe qué.
Que a valoración do Fiscal é favorable sí é certo pero haberá que agardar ao que dictamine o xuíz encargado do caso.

De todos os xeitos o Fiscal da por cometida a fraude.

Resólvase dun xeito ou outro sería bo que alguén entendido na materia e alleo ao caso explique todo esto porque hai confusión.



A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para o vindeiro martes día 3 de maio un xuízo por unha fraude de subvencións. 
Curiosamente o fiscal especial de delitos económicos, Augusto Santaló, solicita a absolución. É a acusación particular quen acusa a Benito González, patrón maior da confraría de pescadores San Antonio de Cambados no momento dos feitos e aos administradores dos Estaleiros Polináutica S.L poloengano no importe do valor dun barco que se construíu con cargo a unha subvención.
O investimento ascendía a 293.507 euros e a axuda concedida foi de 176.104 euros.
Segundo o escrito de acusación, os feitos que sentarán no banco a Benito González, remóntanse ao 27 de marzo de 2009 cando a confraría solicitou, ao amparo da orde da Consellería do Mar unha axuda para a construción dun barco auxiliar de acuicultura, a cal foi aprobada.
No presente suposto a Fiscalía entende que o diñeiro obxecto de subvención tivo como destino o barco para o que se solicitou, con todo existiu engano no importe do valor do mesmo. Este comportamento será incardinable no delito de fraude de subvencións se concorre o importe fixado no tipo penal (120.000 no ordinario/ 50.000 euros na fraude aos orzamentos comunitarios).
Neste caso, segundo Augusto Santaló, non se alcanzan ditas cantidades, motivo polo que os feitos son constitutivos de infracción administrativa.




9 de marzo de 2016

OS TRABALLADORES DA LONXA DESPEDIDOS DEBERÁN SER READMITIDOS







A lonxa de Cambados terá que readmitir aos tres traballadores despedidos o pasado setembro. Cintra a sentenza cabe recurso, recurso que xa anunciou a confraría que ía a interpoñer.

A confraría tomara esta decisión tras descubrir que os empregados retiraban pequenas cantidades de marisco antes de ir a poxa, para despois vendelo presuntamento a restaurantes. Para a Xunta Xeral da Confraría estaban realizando unha actuación irregular que podía perxudicar ao pósito, xa que a ameixa carecía de trazabilidade e dun documento de rexistro. Agora, o xulgado do social número 3 de Pontevedra considera o despido nulo e improcedente. A sentenza entende que as accións nas que se basea o despedimento non merecían unha decisión tan drástica. 


Durante o proceso xudicial quedou probado, e así o recoñeceron os demandantes, que para facilitar o traballo a hostaleiros en épocas de intenso traballo retiraban marisco, formalizando posteriormente a venda mediante varias depuradoras, cando a lonxa só pode vender a estas últimas, para garantir a salubridade do produto.
É máis, indica que, que "a súa conduta entraña certo reproche como eles mesmos admiten", e así o dixeron mesmo nunha reunión do Cabildo, previa ao seu despedimento e na que pediron perdón, cecáis o despedimento sexa demasiado castigo

De feito, subliña, como se dixo, que esta era unha práctica "tolerada" e "consentida" antes da entrada do novo goberno do Depósito" pero non na actualidade.

O xuíz considera que os traballadores non tiñan a sensación de estar actuando de maneira ilícita, xa que continuaron coas súas prácticas a pesares de que sabían que o pósito instalara cámaras na lonxa. A Confraría ten previsto presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que considera que se trata dun precedente perigoso. 

O vindeiro sábado a directiva da Confraría ten previsto informar aos seus socios nunha asemblea que se celebrará nos locais da Confraría.







4 de marzo de 2016

A COMISIÓN SECTORIAL DO CERCO CONSTITÚE UN GRUPO DE TRABALLO PARA ACADAR ACORDOS NA MELLORA DA XESTIÓN DA PESCA







O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, presidiu esta tarde a xuntanza da Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de PescaO director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, presidiu esta tarde a xuntanza da Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, na que se constituíu un novo grupo de traballo de todo o sector do cerco. O obxectivo deste grupo de traballo do sector é o de consensuar propostas que poidan contribuír a acadar unha mellor xestión desta pesqueira para o presente ano.
As iniciativas acordadas neste grupo de traballo deberán presentarse na Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, da que tamén forma parte a administración, para ser ratificadas.
Na xuntanza nomeáronse os membros deste grupo, que son un representante dos sindicatos con quenda rotatoria, outro por cada unha das tres asociacións que forman parte da comisión sectorial (Arvi, Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e a Sociedade Cooperativa del Mar Santa Eugenia Limitada, de Ribeira). Tamén formarán parte del tres representantes das confrarías de pescadores, un por cada unha das federacións provinciais.
A maiores, asócianse ao grupo un representante da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, outro de Cerqueiros Galegos e outro da Federación Galega de Confrarías. Como coordinador deste grupo de traballo acordouse nomear ao presidente da Federación de Confrarías de Lugo, Basilio Otero.
Este grupo constitúe un primeiro paso para que o sector do cerco galego teña un foro no que debater sobre as cuestións que lle afectan e poder acadar o consenso necesario para dar as respostas máis axeitadas.
Asistentes
Na xuntanza participaron os representantes das dúas asociacións maioritarias do sector do cerco -ACERGA e Cerqueiros Galegos-, da Asociación Provincial de Armadores de Buques do Cerco de Pontevedra, da Sociedade Cooperativa del Mar Santa Eugenia Limitada (Ribeira) e da OPP de Lugo. Ademais tamén participaron representantes da Federación Galega de Confrarías e dos pósitos de Burela, Ribeira, Camariñas e Cambados. Por parte das organizacións sindicais, estiveron responsables de Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión General de Trabajadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG).



24 de febrero de 2016

30 NOVOS PERMEX NA CONFRARÍA DE O GROVE








A Consellería do Mar convoca 30 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría do Grove. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.
Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. As solicitudes deberán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé.
Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos. 



23 de febrero de 2016

A MANIFESTACIÓN DO VINDEIRO SÁBADO SEGUE ADIANTE







A manifestación do vindeiro sábado sigue en pe poque aparte da protesta contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia hai más temas polos que os mariñeiros se van a manifestar. 
Entre eles ..... Aparte da referida Lei están os repartos, TACS e cuotas da flota artesanal, a rexeneracion das rias, o estado dos bancos de libre marisqueo.
Todo o que se aprobou na asemblea da Federación Galega de Confrarías co lema de A prol do mar
Hai moitas mais cousas que a Lei de Acuicultura.
"Ainda que se fixera fincapé na acuicultura, pola salvaxada que representaba para o mar galego, hai más temas que están a preocupar". Dinnos desde o sector.
"Mentras non se vexa a retirada no DOGA non estaremos convencidos" sinalan as mesmas fontes.

Polo tanto a manifestación do vindeiro sábado sigue en pé. 
O sábado antes das 11.30 horas na Alameda de Santiago reuniranse os manifestantes para a esa hora comezar o percorrido cara á Praza do Obradoiro, a través das rúas Senra, Doutor Teixeiro, República Arxentina, Hórreo, Orfas, Cantón do Toural, Rúa Nova, Xelmírez, Fonseca e Ou Franco, segundo informa a cooperativa de mexilloeiros Amegrove. Mañá é o último día para anotarse co fin de gozar do servizo de autobús que se prestará a partir das 9.30 horas do sábado desde a lonxa grovense, Noalla, Vilalonga, Dena (Meaño) e Castrelo (Cambados). Pero non van ser os únicos autobuses en marcha, nin moito menos, xa que sairán tamén desde o porto de Tragove (Cambados) ás 9.30 horas, da Illa (8.45), A Pobra, Rianxo, Vilanova, Carril e Vilaxoán, no que a Arousa refírese. Como tamén os haberá -todos eles gratis- desde Barallobre (Fene), Bueu, Moaña e Poio, entre outros moitos máis lugares.

Resulta paradóxico e triste que xentes e familias mariñeiras anden a propagar o falso rumor de que a manifestación xa non ten sentido e desconvócase.













17 de febrero de 2016

SÁBADO 27 MANIFESTACIÓN CONTRA A LEI DE ACUICULTURA










Baixo o lema Defender o mar, desenvolverase na capital galega o vindeiro sábado 27, desde as once e media da mañá ata as dúas e media da tarde. A ela está chamada toda a cidadanía que, directa ou indirectamente, vive do mar. Paralelamente ás infraestruturas que se moverán para que todo Arousa teña facilidades para acudir á marcha en Santiago, o sector e a Plataforma en Defensa dá Ría emprenderon xa unha campaña informativa masiva (a través de dípticos) para facer chegar a súa loita a toda a sociedade. Ademais continuarán acudindo aos plenos que lles faltan para conseguir tamén o apoio político.

A través das confrarías de pescadores o sector do mar arousán fretará autobuses desde distintos puntos da comarca para acudir á gran manifestación do día 27 en Santiago convocada contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura da Xunta. 

Segundo os convocantes da PDRA a futura lei de acuicultura da Xunta favorece "as multinacionais" e prexudica "as xentes do mar". 

Xunto a este colectivo, mariscadores, mariñeiros e produtores de mexillón mostraron a súa repulsa ao anteproxecto de lei. 
Manteñen que non garante o futuro dos sectores produtivos tradicionais e potencia a acuicultura industrial.
Presentaron alegacións e aseguran que buscarán "a unidade" do sector para botar a lei abaixo.




Nota: Saldrán autobuses de Tragove para a manifestación en Santiago contra a Lei de Acuicultura , imprescindible anotarse na cofradía para saber cantos autobuses fan falta.
Próximamente daremos máis puntos de saída dos autobuses en diferentes puntos de Galicia.









1 de febrero de 2016

REANÚDASE A CAMPAÑA DA VIEIRA








Trece embarcacións volveron á campaña da vieira en Cambados tras a paréntese do Nadal. O prezo medio o mes pasado foi de 4,75 euros. A que se colla agora vai para conxelar e pagarase a 4,20 euros.

A frota da vieira de Cambados gardou os rastros a principios de xaneiro coincidindo cos primeiros temporais do ano. Agora volven traballar co obxectivo de aumentar as capturas e poder abastecer o mercado.
"Este ano empezamos a campaña o 16 de novembro porque había moita necesidade. Reclamábaa a hostalería e os clientes de toda a vida pedíannos que comezásemos un pouco antes. O ano pasado durou dous meses e medio e colléronse 62 toneladas. Este ano van 55 en mes e medio", di Ruperto Costa, patrón maior de Cambados.

13 embarcacións volveron hoxe ao traballo. A campaña durará dependendo da cantidade de viveira que haxa e da rendibilidade dos barcos. Porto de Cambados, a empresa que comercializa o recurso e que está participada pola confraría, pagoulles aos mariñeiros un 20% máis por quilo ca o ano pasado.
"O prezo medio na campaña do Nadal foi o 4,75 euros. A que se colla agora vai para conxelar e pagarase a 4,20 euros", recorda Ruperto Costa.
En Cambados teñen esperanzas de aumentar as capturas nesta segunda parte da campaña e que a toxina lles deixe seguir traballando.




27 de enero de 2016

ATACAR A CONFRARÍA PARA DEFENDER A LEI DE ACUICULTURA







Carta firmada polos 6 socios
Un grupo de socios, ao parecer menos de 10 concretamente, da Confraría de Cambados solicitou hai uns días por escrito o salón de actos do pósito para celebrar unha charla informativa na que técnicos e un responsable da Xunta, neste caso pola información que ten CORES DE CAMBADOS, Juan Maneiro, explicasen aos interesados o polémico anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, co obxectivo de obter información sobre este tema. Eso sí estes socios non deron nomes dos invitados a dar esa charla informativa.

O Patrón Maior ofreceulles a posibilidade de que trouxeran a esas persoas a reunión que xa está programada para o 6 febreiro no Auditorio da Xuventude e así poder contrarrestar todas as opinións. Nesta charla participarán un biólogo, un mariñeiro e o avogado da Confradía de Pescadores.

Segundo os Estatutos, sólo o Patrón Maior e membros dos Órganos de Goberno nos que él delegue poden efectuar a labor de canle ca administración. E q atendendo á petición dos socios en cuestión, invítase a Consellería a ese debate do día 6. Polo que de contar con algún cargo político da Xunta xa estarían a incumprir os estatutos algo que parece que algúns están dispostos a incumprir.
Contestación da Confraría

E para amosar a transparencia deste proceso que as tres cartas están no taboleiro de anuncios da cofradía. Maior mostra de democracia aberta e participativa non se deu nunca nesta Confraria. 

 Estos socios foron chamados a firmar a carta, polo autor da mesma e destacado político, a un coñecido establecemento de hostelería famoso por ser a subsede dese partido.



Noutros lugares poderedes leer algo ben diferente pero que se pode agardar que quen insulta a todo aquel que apareza nunha foto con membros do actual equipo de goberno como podedes ver na foto inferior.










Tamén recordarlle a aos que agora reclaman democracia que recorden que cando case 200 veciños votaron a favor da municipalización dos cemiterios que 200 veciños non eran todos nin sequera unha maioría, pois uns socios non son todos e nin sequera unha maioría.



PEIXE NON TAN SAN?







Reproducimos aquí un artigo de Salmonopoly no que se fala do negativo dos criadeiros de peixe. Todo esto ao fio da Lei de Acuicultura que promove a Xunta de Galicia e que xenera máis detractores que apoios.
O documental emitido na TVE fou retirado semanas despois coa desculpa dos dereitos de autor pero en Youtube sigue dispoñible.



Documentos TV. "Peixe Non tan san?" Criaderos de peixe, responsables dunha catástrofe sanitaria ?

O consumo mundial de peixe duplicouse nos últimos 40 anos

O aumento da demanda xeneralizou métodos de produción intensiva

Está a industria pesquera bordeando os límites da seguridade sanitaria?

Peixe "Non tan san?" emitiuse o luns 13 de outubro ás 00.00 h na 2

"Segundo os activistas medioambientales, os criaderos de peixe son os responsables dunha catástrofe sanitaria a gran escala", con esta contundente declaración comeza "Peixe, non tan san?"; un exhaustivo traballo de investigación producido pola RT rusa, onde se denuncian as actuacións dunha descontrolada piscicultura e dunha sobrexplotación de recursos mariños, responsables de verter un perigoso cóctel de produtos químicos sobre un alimento que vai directo aos nosos pratos.

AUMENTO DA DEMANDA E PRODUCIÓN MASIVA
O consumo mundial de peixe duplicouse nos últimos corenta anos debido a que, ata fai non moito, era considerado un alimento san por excelencia recomendado por médicos e nutricionistas.

O mercado demanda máis materias primas e a industria pesquera botou man de novas formas de produción masivas non exentas de polémica.

"Productor de pangas: Hai máis peces nos meus estanques que habitantes en todo Vietnam"

Os criaderos proliferaron por todo o mundo. Desde Vietnam a Noruega, millóns de peces se hacinan nas granjas de piscicultura. A superpoblación provoca infinidade de parásitos e enfermidades, que se combaten con vertidos de antibióticos e produtos tóxicos ás augas. "Nas miñas "granxas" hai cen millóns de pangas. Hai máis peixes nos meus estanques que habitantes en todo Vietnam", afirma orgulloso este productor que fornece a Europa o 95% das pangas que consumimos.

VERTIDOS TÓXICOS, PIENSOS E SEGURIDADE SANITARIA
Os científicos alertan dos riscos que conlevan os piensos con que se alimenta a salmóns, douradas ou lubinas criadas en cautividad e a gran contaminación mariña, provocada polos vertidos tóxicos da industria química e papelera. "Contén unha gran concentración de dioxinas, un dos venenos máis potentes que coñecemos", afirma un membro de Greenpeace Suecia.

Pesticidas, mercurio e ata radioactividad transformaron o peixe nun produto de dubidosa fiabilidad

"Peixe, non tan san?" reflexiona sobre estes controvertidos métodos de produción intensiva e como ameazan a unha industria pesqueira que podería verse afectada por un problema de seguridade sanitaria. Pesticidas, mercurio e ata radioactividad son algunhas das sustancias que transformaron a ese peixe dun alimento san nun produto de dubidosa fiabilidade.







13 de septiembre de 2015

NOTA DE PRENSA DA XUNTA POLO CASO DA MARISCADORA CO EMBARAZO DE ALTO RISCO







A Xunta aclara que a renovación do permiso de explotación da mariscadora de Cambados será revisado “con toda a sensibilidade” que require un asunto coma este 

Todo parece indicar que o permiso de explotación será renovado, tal e como lle fixo saber directamente onte pola mañá a propia directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ao patrón Maior da Confraría de Cambados.


La Voz de Galicia
A Consellería do Medio Rural do Mar aclara que se ben o expediente de renovación de pérmex dunha mariscadora de Cambados que cursou baixa temporal por embarazo de risco e para o que lle foi requirida documentación complementaria está en fase de requirimento, a súa revisión realizarase atendendo á especial sensibilidade que require un asunto de enorme importancia coma este. 

A Xunta quere lembrar que son as delegacións provinciais, non as comarcais, as que están facultadas para resolver os expedientes en base á norma e tendo en conta a información solicitada. A partir de aí, analízanse todos os datos e adóptase unha decisión que, a teor da información indicada neste caso concreto, todo parece indicar que o permiso de explotación será renovado, tal e como lle fixo saber directamente esta mañá a propia directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, ao patrón Maior da Confraría de Cambados, Ruperto Costa.






10 de septiembre de 2015

OFERTAS DE EMPREGO EN CAMBADOS







A Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados precisa da cobertura con carácter temporal de dous postos de traballo na lonxa e un posto de traballo na fábrica de xeo.
Os postos ofertados na lonxa, son os de lonxeiros/subastadores, e os requisitos requeridos son: estar en posesión do correspondente carné/certificado de manipulador de alimentos, así como do carné/certificado de conducción de carretillas elevadoras.
En canto á fábrica de xeo, precísase un operario cos mesmos requisitos de carné de manipulador de alimentos e manexo de carretilla elevadora, e que ademáis teña coñecementos en electricidade.
Por outra banda, a Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa fai chegar unha oferta para contratar un deseñador gráfico con experiencia, para realizar tarefas de desenrolos de imaxe corporativa para empresas.
Para máis información sobre estas ofertas, podedes consultar os arquivos que adxuntamos en PDF.




11 de mayo de 2015

O B.N.G. REUNEUSE CO CABILDO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS







Onte pola tarde o B.N.G. de Cambados reniuse  co Cabildo da Confraría de Cambados como un acto prioritario dentro dos actos da  campaña para as muncipais. O BNG trasladoulle a total dispoñibilidade á hora de tratar calquera problemática ou necesidade do sector a nivel municipal, galego, estatal ou europeo. Na reunión estiveron presentes os catro primeiros membros da candidatura do BNG (tres deles pertencentes ao sector do mar), a Deputada da comarca Montse Prado e o Deputado Daniel Rodas que leva os temas de pesca do BNG a nivel galego. Así mesmo,  desde a Confraría  trasladaron a os nacionalistas a preocupación polas múltiples complicacións e situación precaria pola que está a pasar.





26 de marzo de 2015

COMISADOS 376 KILOS DE MARISCO EN VILANOVA





Axentes do Servizo de Gardacostas comisaron onte durante un labor de inspección na lonxa de Vilanova de Arousa 376 quilos de ameixa babosa por ser de talla antirregulamentaria. A ameixa procedía de Carril, zona na que o tamaño mínimo desta especie é de 38 mm e a cantidade comisada ten un prezo estimado no mercado duns 5.500 euros.
A maiores, tamén onte, os Gardacostas, en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron un operativo contra o furtivismo na zona norte da ría de Arousa, que se saldou coa identificación de 18 persoas que estaban mariscando de xeito ilegal.
A actuación desenvolveuse nas zonas do Chazo, A Retorta e praia Xardín (Boiro) e Raposiños (A Pobra do Caramiñal) e nela os axentes comisaron 30 quilos de ameixa babosa (cun prezo estimado no mercado duns 440 euros). Ademais os axentes requisaron 4 restrelos.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.



10 de febrero de 2015

HEMEROTECA: O CONFLITO DO CASTELETE




NOVEMBRO DO 1989

Unha polémica decisión da Xunta de Galicia desatou a violencia na Ría de Arousa, onde algúns mariscadores non queren deixar de traballar como o viñeron facendo durante toda a vida. Os enfrontamentos saldáronse con varios feridos graves.
Os mariscadores de Arousa póñense de pé de guerra As mariscadoras de Vilanova levantan os legóns dispostas a loitaren defensa dos seus 

dereitos.

A reordenación, introdución de novos criterios profesionais ou legais en actividades pouco evolucionadas é, en ocasións, notablemente traumática. A praia galega do Castelete é un vivo exemplo diso: a semana pasada converteuse no campo de batalla dos mariscadores de Cambados e da veciña Vilanova debido a un cambio introducido polas autoridades autonómicas.

A Garda Civil tivo que intervir, cargando contra os contrincantes. Por iso, un retén do instituto armado mantén a vixilancia sobre a zona dende o xoves pasado, á espera de que os ánimos se calmen. A Confraría de Pescadores da Ría de Arosa tratou de mediar no conflito, pero tampouco conseguiu grandes resultados prácticos.

A orixe da disputa encóntrase no dereito a faenar na praia do Castelete, situada no termo municipal de Vilanova, pero na que dende tempo inmemorial traballaron todos os mariscadores que quixeron. A concesión outorgada aos de Vilanova provocou as iras dos de Cambados, que non deixaron de acudir á praia se non ata despois de numerosos enfrontamentos, que se saldaron con varios feridos.

A violencia dos enfrontamentos entre mariscadores, que se atacaron mutuamente utilizando paus, aixadas e pedras provocou a intervención da Garda Ci vil, que interveu con dureza e deixou un saldo de varios feridos, tres deles graves que se recuperan favorablemente no Hospital Provincial.

O conflito iniciouse coa apertura da actual campaña marisqueira hai apenas unha semana, pero ten a súa orixe na decisión daconsellería de Pesca da Xunta de Galicia do pasado mes de xuño que outorgou á confraría de pescadores de Vilanova a concesión da praia do Castelete, ata entón zona de libre marisqueo e que compartían.

Ambas as dúas confrarías iniciaron despois unha dura pugna en reivindicación dos seus dereitos. Os de Vilanova aseguran que teñen dereito a faenar na polémica praia porque así o establece anormati vai legal. Os de Cambados, pola contra, afirman que a praia do Castelete sempre foi libre e non aceptan cambios.

Os enfrontamentos físicos e verbais e os cortes de tráfico na estrada que une as dúas localidades sucedéronse a partir de entón e a mediación dalgunhas confrarías resultou infrutuosa.
Nun dos enfrontamentos foi detido e permanece en prisión preventiva o presidente da Agrupación de Mariscadores de Cambados, acusado de agresión á forza pública.
O conselleiro de Pesca, Xosé Rodríguez Peña, asegurou que se manterá inflexible e fará respectar as concesións de cada confraría. Na súa opinión, unha modifica ción deste criterio significaría un retroceso no camiño cara á "profesionalización do sector. A excepción da Confraría de Cambados que non se preocupa deste proceso -dixo-, as demais están a empezar xa a súa especialización".
Rodríguez Peña acusou ao sector comercializador de alimentar dende a sombra os conflitos entre os mariscadores. Os que in citan non dan a cara. Hai unha intermediación dos que están interesados en potenciar o furtivismo, afirmou o conselleiro.


Anos despois dos incidentes na praia, os protagonistas da batalla foron xulgados en Pontevedra 


AQUÍ PODES VER AS IMAXES DA BATALLA CAMPAL

21 de octubre de 2014

FISCALÍA DE GALICIA DEVOLVE A DENUNCIA DOS BOTIQUÍNS A PONTEVEDRA.





A Fiscalía de Galicia remite a denuncia dos Botiquíns-c á fiscalía de Pontevedra para a súa investigación.
Nun decreto coñecido hoxe pola Plataforma en defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, a Fiscalía de Galicia remite as investigacións sobre botiquíns-c en embarcacións das nosas rías para a súa investigación.


O ISM contrata con diñeiro público 12.806 unidades CAIXAS de primeiros auxilios C - por 20.000.000. € no ano 2009, e en ao ano 2014 impón colocar de forma obrigatoria ás embarcacións pesqueiras de litoral, solicitada intermediación á Consellería de Rosa Quintana que di defender o sector pesqueiro ante os feitos "cala e non responde aos armadores e ciudadanos".., na crenza de que é ilegal a medida e ante a solicitude de apoio á Plataforma en defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, opta por poñer os feitos en coñecemento das autoridades competentes polo seu houbese reproche penal.

Pladesemapesga súmase aos armadores de embarcacións de pesca da Ría de Arosa e esixe ao Director do ISM a retira do Decreto das Caixas de primeiros auxilios C para embarcacións pesqueiras de Galicia e reitera a Medio Rural e do Mar impugne o Decreto das Caixas de primeiros auxilios C para

embarcacións de pesca por ILEGAL e xa comercializándose baixo suposta homologación por un prezo de 219 euros, sen incluír, cajon de almacenaxe, taxas, inspeccións, etc.lo que é considerado por Pladesemapesga unha extorsión ao crítico sector pesqueiro de litoral en Galicia, e dispostos a chegar a Europa e Tribunal de Xenebra nas súas reclamacións. 


Información e Imaxes: Pladesemapesga


17 de octubre de 2014

O XEITO, CAMIÑO DE DESAPARECER






O  socialista José Blanco e a nacionalista  Ana Miranda, arremeteron conta os gobernos da Xunta e de Madrid.
"Irresponsabilidade política" que a Xunta non mande ningunha alegación á Comisión Europea no trámite de consultas aberto polo Executivo comunitario entre marzo e setembro de 2013 sobre a súa proposta normativa de prohibir calquera tipo de rede de deriva a partir de xaneiro de 2015 e que se traduce na prohibición da arte tradicional do 'xeito'.

A isto únese, que o Goberno español tampouco fixo ningunha alegación, de forma que "este deixamento" levará a que 427 embarcacións, das que viven directamente máis de 1.000 familias "poden desaparecer dunha tanda en menos de tres meses".

A proposta de prohibición do 'xeito' está formulada "desde a total ignorancia", sobre a cal a Xunta "non fixo nada por corrixir". En contraposición, a oposición continúa con contactos políticos na Eurocámara para sacar á pesca artesanal de este veto.

É "unha aberración" a proposta de prohibir esta arte tradicional que "non supón ningún impacto medioambiental".
Por este motivo, si non se retira a proposta do reglamento,  Blanco propoñeralle aos eurodiputados españois a firma conxunta de enmendas para exceptuar ao 'xeito' galego.



Tamén o eurodiputado popular Francisco Millán Mon mostrou a súa oposición á proposta da Comisión Europea de prohibir o 'xeito', á vez que dixo que ve "esperanzador" que o novo comisario de Pesca, Karmenu Vella, distánciese da proposta da CE e móstrese aberto ao diálogo co Parlamento Europeo.