Hai unhas semáns celebrouse nun pobo da comarca unha reunión de unha asociación de pensionistas, xubilados, persoas da terceira idade ou como lle queirades chamar. A reunión era para falar do que estaba a pasar na asociación e de varios problemas que xurdiran nese grupo, algo habitual cando se xuntan moitas persoas con ideas e propostas diferentes. Algúns dos asociados denunciaban o abandono que nos últimos tempos estaba a sufrir a entidade, feito que achacaban a directiva. Por motivos que non veñen ao caso esa directiva parece ser deixara abandonada a sua función de velar polo benestar dos asociados.
Vendo que a cousa podía porse tensa houbo quen, desde a directiva, se dirixeu, ao alcalde dese concello para que enviara a alguén como testemuña á asemblea. Ese alcalde presto e disposto como ninguén e con ganas de quedar ben, dirixeuse a un notario para que fixera acto de presenza, ao que o sr. notario contestou que non iría pois non fora solicitada a sua presenza por ninguén da directiva, e que aínda que así fose, tampouco iría pois era unha reunión informativa, na que non se tiña previsto tomar unha decisión da que tivera que "dar fé" un notario.
Na reunión houbo discusión e debate e acordouse celebrar unha posterior para elixir nova directiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.