Os socialistas de Cambados denuncian o mal estado dos parques infantís e instan ao Concello á súa inmediata reparación
A Portavoz do PSdeG de Cambados, Fátima Abal vén de denunciar no día de hoxe a pésima situación na que se encontran os parques infantís da localidade polo que presentou un escrito no Concello solicitando a súa inmediata reparación.
Asemade denuncia que esta situación pon en perigo a integridade dos nenos que xogan a cotío nos parques. Un exemplo é a situación do parque infantil de Santo Tomé, no que se poden atopar parafusos ao aire, unha tirolina sen enganche e varios xoguetes rotos.
O parque do Torrado, epicentro de xogo dos nenos no centro da vila, presenta unha vez máis, un abandono considerable. Nel podemos atopar o chan de caucho totalmente roto, deixando ó aire os bordilos de cemento na zona de xogos e os propios xoguetes en moi mal estado.
Neste senso, a Fátima Abal afirmou que ‘’a deixadez e abandono destes espazos é moi preocupante”. Ademais engadiu que ‘’mentres se fala de promoción turística, o abandono dos parques é a imaxe que se levan de Cambados os visitantes’’.
Fátima Abal tamén engadiu que ‘’recórdolle, unha vez máis, ao Goberno local que as parroquias existen, e merécense tamén un mantemento óptimo dos seus parques’’.
Ante a preocupación de que a solicitude de reparación dos parques non se levase a cabo de xeito inmediato, Fátima Abal falou co Alcalde tras rexistrar a solicitude, e mostroulle as fotos que evidencian a situación de perigo para os máis cativos.
O Alcalde, Luis Aragunde, contestou que os desperfectos tentaríanse arranxar coa maior celeridade e recoñeceu que supoñen un perigo certo para os nenos.
Esperamos que ésta non sexa unha máis das promesas incumplidas do Alcalde de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.