Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MAXIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAXIA. Mostrar todas las entradas

23 de septiembre de 2016

ESPECTÁCULO DE MAXIA ANIMAGICUS ESTE DOMINGO



































Concello de Cambados ofrecerá, este domingo 25 de Setembro na Praza do Concello, a actuación da compañía de maxia “Duende Sico” e o seu espectáculo Animágicus.

Este ciclo de Cultura no Camiño 2016 que se iniciou co concerto de Roi Casal no mes de Agosto completase coa actuación da Compañía de Maxia “Duende Sico” e o seu espectáculo Animágicus.

A Praza do Concello acollera este Domingo 25 de Setembro as 19:00 un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, trucos, bromas, sorpresas, interacción co público, música en directo, títeres máxicos, varas sorprendentes, espadas encantadas, cordas tolas, cartas xigantes…. Que en caso de choiva trasladarase o Auditorio Municipal da Xuventude.

Esta actuación acóllese dentro do programa "Cultura no Camiño 2016" que se desenrola grazas a colaboración do Agadic e a Axencia de Turismo de Galicia.






21 de septiembre de 2016

ESPECTÁCULO MÁXICO O VINDEIRO DOMINGO











O domingo 25 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal A Xuventude, a compañía Duende Sico traerá o espectáculo Animágicus, un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, maxia, música e sorpresas. Achegádevos!

"Animagicus" é un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, trucos orixinais e modernos, trucos clásicos, bromas, sorpresas, interacción co público, música en directo,... monicreques máxicos, máscaras enxauladas, varas sorprendentes, espadas encantadas, cordas tolas, cartas xigantes,...
Duende Sico é unha empresa dedicada ao difícil mundo da ilusión, cunha dilatada experiencia en festas e diversión. O principal obxectivo é que o pasen ben.


Con Duende Sico descubrirán un mundo de diversión!.


Última Hora: Informámosvos do cambio na programación do espectáculo Animagicus. Será o domingo 25 de setembro ás 19:00 horas na praza do Concello.



27 de marzo de 2014

ESPECTÁCULO DO MAGO TETO A PROL DA ASOC. "POR DEREITO"





O auditorio da Xuventude acolle o domingo 6 de abril, a partir das 18:00 horas, un espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto.

O domingo 6 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio Municipal de Cambados o Mago Teto amosará o seu novo espectáculo “As novas tolemaxias”, organizado por Tatana Teatro e a produtora Malo Será.  O prezo da entrada (6€) é a beneficio da Asociación "Por Dereito". Un euro de cada entrada será doado á asociación.
Xa se poden adquirir as entradas anticipadas na Oficina de Turismo (Paseo da Calzada, telf. 986 520 786).

 Con "As Novas Tolemaxias" o Mago Teto regresa á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novedosos nos que toca todas as disciplinas da maxia, desde efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación?E sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque de humor canalla.