Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FINANCIACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FINANCIACIÓN. Mostrar todas las entradas

11 de mayo de 2017

A DEPUTACIÓN OFRECE UN PLAN DE COFINANCIAMENTO POR PRIMEIRA VEZ PARA CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES













O Plan de Cofinanciamento de Servizos Comunitarios Básicos inclúe por primeira vez a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes

A Presidenta Carmela Silva, destaca que con esta decisión política o goberno provincial palía a falta de axudas da Xunta e logra un reparto equilibrado que chega a toda a provincia
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará mañá as primeiras achegas do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos deste 2017, que por primeira vez abranguerá á totalidade dos concellos da provincia de menos 20.000 habitantes, incluídos aqueles que non contaban con financiamento de persoal en base ao establecido no Decreto 99/2012 de 16 de marzo da Xunta de Galicia polo que se regulan os servizos sociais comunitarios, segundo explicou esta mañá en rolda de prensa a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Así, os concellos de Campo Lameiro, Fornelos, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia e Pazos de Borbén, pasarán o formar parte por primeira deste Plan de Cofinanciamento, o que lles permitirá contar a partir deste ano con persoal administrativo para os servizos sociais comunitarios, logrando así dende a Deputación "realizar repartos equilibrados que cheguen a toda a provincia", sinalou Carmela Silva.
Deste xeito, con esta primeira achega destinaranse un total de 1.317.522 € a 32 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, que se completarán máis adiante cunha segunda adxudicación para os 20 concellos restantes ata completar os 2.215.035,33 € que este ano se destinaron ao o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar e persoal dos servizos comunitarios básicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
En concreto, a Comarca do Deza recibirá un total de 126.175,15 € repartidos entre os concellos de Agolada, cun investimento de 46.581,06 €; Dozón, cunha axuda de 30.308 € e Vila de Cruces, con 49.285,61 €, que permitirán o financiamento tanto do persoal administrativo como o Servizo de Axuda ao Fogar (SAF).
O investimento na Comarca de Pontevedra será de 198.762,39 €, que se repartirán entre as vilas de Barro (31.591,27 €), Campo Lameiro (15.769,29 €),  Poio (89.618,33 €);  Ponte Caldelas ( 40.917 €) e Vilaboa  (20.866,5).
Os investimentos para a Comarca de Caldas ascenden a 178.192 €, que se repartirán entre Caldas de Reis (50.907 €), Cuntis (37.469 €), Moraña (16.070,5 €),  Portas (29.806,5) € e Valga (43.939 €).
A Comarca de Vigo recibirá con esta primeira achega 208.422,45 €, que se destinarán aos concellos de Fornelos de Montes (14.836,9 €), Gondomar (55.050 €), Nigrán (62.514 €) Pazos de Borbén (16.587,55 €) e Salceda de Caselas (59.434 €).
No caso do Baixo Miño, a comarca recibirá 183.295,59 € para financiamento de persoal e do SAF que se repartirán entre A Guarda (59.866,12 €), O Rosal (27.847,29 €), Tomiño (59.042 €) e Tui (36.540,18 €).
No caso do Salnés, o investimento chega aos 212.376,78 € que se repartirán entre Cambados (46.623,5 €), O Grove (50.189,79 €), Meaño (55.042 €) Meis (31.224,86 €) e Ribadumia (29.296,63 €).
A Comarca do Condado recibirá 79.189,5 € entre os concellos de As Neves (26.666,50 €) e  Salvaterra de Miño (52.523 €).
Ademais, con esta primeira achega, tamén se beneficiarán os concellos de Bueu, na Comarca do Morrazo, con 51.786; A Cañiza  con 44.287,5 €, na Comarca de Paradanta, e Forcarei con 35.034,64 € en Tabeirós – Terras de Montes.
O pasado ano, a Deputación adxudicou 1.359.142,45 € para investir no SAF dos concellos de menos de 20.000 habitantes e prestouse servizo a preto de 1.000 persoas destes concellos, principalmente a mulleres (o 66,7% das usuarias do SAF), maiores de 70 anos e con limitacións para realizar actividades da súa vida diaria.





6 de marzo de 2017

"NOVE DE NOVEMBRO" CONSEGUE O FINANZAMENTO NECESARIO













O filme, dirixido por Lázaro Louzao, espera agora reunir outros 5.000€ que irán destinados os salarios do equipo técnico. Para acadar ese segundo obxetivo dispoñen de 13 días máis de campaña de crowdfunding.

Tras unha exitosa campaña na rede na que se recabaron máis de 8.000 euros en tan só un mes, 'Nove de Novembro', a que será a primeira longametraxe de temática LGTB en galego, xa dispón desde o pasado xoves, dos recursos necesarios para rodarse o vindeiro mes de agosto.


campaña de financiamento, que seguirá activa ate o vindeiro 15 de marzo, enfoca agora os seus esforzos en xuntar outros 5.000 euros para poder asegurarlle un salario ao equipo técnico do filme. 
"Somos conscientes de que quedan poucos días para conseguir o segundo obxetivo, pero estamos traballando en máis vías de financiamento para conseguilo”, aclara o seu director, Lázaro Louzao.
Na campaña de micromecenazgo plantéxanse aportacións dende os 3 euros ate os 500 para que participe todo aquel o que lle interese o proxecto.
“Os gastos de rodaxe e os salarios dos actores xa están cubertos, agora temos que conseguir que cobren todos os demáis, que sexa un proxecto de baixo presuposto non debería significar que a xente traballe de balde”, remata Louzao.










4 de febrero de 2017

"NOVE DE NOVEMBRO" CO CAMBADÉS ADEMAR SILVOSO LANZA A SUA CAMPAÑA DE CROWDFUNDING











Nove de Novembro é o título do primeiro filme LGTB que se rodará en galego, sempre que acaden o obxetivo de financiamento, para o cal se lanzou unha campaña de crowdfunding onte venres, 3 de febreiro, e que rematará o vindeiro día 26.
Na campaña pódense aportar dende os 3 euros ate os 500, con distintos "premios", para que participe todo aquel a quen lle interese este proxecto, que carecerá de axudas ou subvencións de ningún tipo.
“Non é a primeira vez que aparecen persoaxes gais ou lésbicos nun filme galego, pero si é a primeira vez que ocupan a centralidade da historia” aclara o seu director e guionista, Lázaro Louzao (Xove, 1988).

O proxecto conta co patrocinio do Concello de Xove (Lugo) e a axuda de varios inversores privados.
Temos recadado pouco máis de 6.000 euros e son necesarios outros 8.000 para acadar o orzamento mínimo.
Agárdase que o filme sexa rodado en agosto para a sua estrea a comezos de 2018 e será protagonizado polos actores galegos Ademar Silvoso e Brais Yanek. A producción principal realizarase en distintas localizacións de A Coruña.


SINOPSE
O guión narra a historia de Roberto e Miguel, que levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá ás súas memorias ao longo de catro días de novembro.
Unha relación que semellaba funcionar comezará a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos.
Paralelamente, a mais de 2.000 quilómetros de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito mais grande está a piques de cambiar tamén.
No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados polo pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que semella infranqueábel. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu naquela fría noite de novembro. 



Teaser do filme


Así é como describen o proxecto na plataforma de crowdfunding Verkami


Nove de Novembro é unha longametraxe que conta a historia de Miguel e Roberto e os últimos días na súa relación de parella nos primeiros días de Novembro de 1989. Trátase dun proxecto moi humilde, formado por un pequeno equipo, pero cunha gran ilusión.
Este filme, que esperamos estrear a comezos do 2018, é moi especial por varios motivos. Trátase da primeira longametraxe de temática LGBT rodada en galego.
Con todo o auxe que está vivindo o cinema galego nestes últimos anos, cremos de gran importancia que todas as historias sexan contadas e non só as da maioría. A visibilidade do colectivo LGBT debe darse na rúa e nas accións sociais, pero tamén en todas as formas de expresión culturais posibles.
Este proxecto tamén é moi especial porque queremos levalo a cabo sen contar con entidades financieiras nin cos mecanismos propios da industria. Primeiro porque un proxecto destas características tería moi dificil acceder as axudas estatais ou autonómicas, e segundo porque queremos conservar en todo momento a nosa independencia creativa e económica.
¡Por iso precisamos da túa axuda para facer historia no cinema galego!









9 de junio de 2015

SOMOS CAMBADOS PRESENTA AS SUAS CONTAS






SOMOS CAMBADOS presenta as suas contas tras a campaña electoral e posteriores eleccións cun saldo positivo de 10,26 euros

A Lei de Financiamento de Partidos Políticos esixe identificar a toda persoa que achegue cartos para evitar a opacidade e finanzamentos fraudulentos, se queres facer una doazón a través de PayPal tes que cubrir este formulario, todas aquelas doazóns que non cumpran este requisito serán rembolsadas.

No seguinte enlace podes ver polo miúdo as contas desta formación.




2 de enero de 2014

A DEPUTACIÓN ADIANTA CARTOS AOS CONCELLOS





A Deputación de Pontevedra aprobou a semán pasada anticiparlles ós 52 concellos adheridos ó ORAL a cantidade de 53 millóns de euros, á conta da recadación que efectúe dos tributos do IBI, IAE e IVTM (vehículos) ó longo do ano nos citados concellos.
A medida permitiralles realizar unha planificación da súa tesourería pois o anticipo aprobado pola Deputación non ten custo ningún para eles; por outra banda, ingresarán diñeiro antes incluso de que poñan os seus respectivos padróns ó cobro.
No 2013 o ORAL –organismo da Deputación encargado de realizar a recadación dos concellos– recadou 93,265.463 euros e emitiu un total de 1.179.432 recibos.