Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de febrero de 2017

"NOVE DE NOVEMBRO" CO CAMBADÉS ADEMAR SILVOSO LANZA A SUA CAMPAÑA DE CROWDFUNDING











Nove de Novembro é o título do primeiro filme LGTB que se rodará en galego, sempre que acaden o obxetivo de financiamento, para o cal se lanzou unha campaña de crowdfunding onte venres, 3 de febreiro, e que rematará o vindeiro día 26.
Na campaña pódense aportar dende os 3 euros ate os 500, con distintos "premios", para que participe todo aquel a quen lle interese este proxecto, que carecerá de axudas ou subvencións de ningún tipo.
“Non é a primeira vez que aparecen persoaxes gais ou lésbicos nun filme galego, pero si é a primeira vez que ocupan a centralidade da historia” aclara o seu director e guionista, Lázaro Louzao (Xove, 1988).

O proxecto conta co patrocinio do Concello de Xove (Lugo) e a axuda de varios inversores privados.
Temos recadado pouco máis de 6.000 euros e son necesarios outros 8.000 para acadar o orzamento mínimo.
Agárdase que o filme sexa rodado en agosto para a sua estrea a comezos de 2018 e será protagonizado polos actores galegos Ademar Silvoso e Brais Yanek. A producción principal realizarase en distintas localizacións de A Coruña.


SINOPSE
O guión narra a historia de Roberto e Miguel, que levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá ás súas memorias ao longo de catro días de novembro.
Unha relación que semellaba funcionar comezará a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos.
Paralelamente, a mais de 2.000 quilómetros de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito mais grande está a piques de cambiar tamén.
No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados polo pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que semella infranqueábel. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu naquela fría noite de novembro. 



Teaser do filme


Así é como describen o proxecto na plataforma de crowdfunding Verkami


Nove de Novembro é unha longametraxe que conta a historia de Miguel e Roberto e os últimos días na súa relación de parella nos primeiros días de Novembro de 1989. Trátase dun proxecto moi humilde, formado por un pequeno equipo, pero cunha gran ilusión.
Este filme, que esperamos estrear a comezos do 2018, é moi especial por varios motivos. Trátase da primeira longametraxe de temática LGBT rodada en galego.
Con todo o auxe que está vivindo o cinema galego nestes últimos anos, cremos de gran importancia que todas as historias sexan contadas e non só as da maioría. A visibilidade do colectivo LGBT debe darse na rúa e nas accións sociais, pero tamén en todas as formas de expresión culturais posibles.
Este proxecto tamén é moi especial porque queremos levalo a cabo sen contar con entidades financieiras nin cos mecanismos propios da industria. Primeiro porque un proxecto destas características tería moi dificil acceder as axudas estatais ou autonómicas, e segundo porque queremos conservar en todo momento a nosa independencia creativa e económica.
¡Por iso precisamos da túa axuda para facer historia no cinema galego!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.