Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2020

FEIJÓO RETRASA A APERTURA DE DISCOTECAS E OUTROS LUGARES DE OCIO NOCTURNO


Tantas ansias para adiantar a desescalada, tanto empeño en que haxa verbenas. tanto alentar a os furanchos. Presumir de aumentar o afor nos bares e restaurantes cando era unha medida do goberno central..... E agora a Xunta frena a apertura de discotecas e o resto de establecementos de ocio nocturno.
Agora que farán algúns alcaldes que eran os adalides da hostelería?
A Xunta de Galicia decidiu hoxe retrasar unhas semanas a entrada en funcionamento das discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno, de xeito que a apertura deste tipo de locais estará autorizada a partir do vindeiro mes de xullo.
Tras unha reunión interdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a este tema, o presidente da Xunta fixo uso da súa capacidade como autoridade competente delegada e asinou o Decreto polo que Galicia apraza a apertura de discotecas e establecementos de ocio nocturno.
En opinión do Goberno galego, o funcionamento destes locais non procede por agora e considera preferible agardar a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas que entrou hoxe en funcionamento xunto coa entrada da Comunidade Autónoma na fase 3.
Durante as conversas mantidas con membros do sector, a Xunta de Galicia recoñeceu e agradeceu o esforzo que está a facer ao ver prolongadas as restricións que lles afectan en aras da maior seguridade para o conxunto dos galegos, e trasladoulle o seu compromiso para seguir traballando conxuntamente co obxectivo de que a apertura a partir de xullo poida facerse nas condicións máis viables que sexan posibles.

Despois esixirá que o goberno de Pedro Sánchez pague esas restricións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.