Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta COMPOST. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPOST. Mostrar todas las entradas

5 de febrero de 2016

A COMPOSTAXE COMUNITARIA EN CAMBADOS








Esta semana María Xosé Cacabelos,  concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cambados, ven de presentar un proxecto dentro do  Plan de Compostaxe Comunitaria proposto pola Deputación de Pontevedra. Con dito proxecto agárdase que o concello de Cambados siga na liña de iniciar un cambio no modelo de xestión de residuos urbanos, cambio que comezou coa primeira entrega dos composteiros domiciliarios o pasado mes de decembro. Deste xeito agardamos que o noso concello pase a realizar unha xestión de residuos menos prexudicial para o medio ambiente e que a medio prazo supoña un aforro considerable do custo da recollida e tratamento de lixo na nosa vila.
A ubicación elixida para levar a cabo este proxecto será nas vivendas do Pombal máis próximas ás pistas de tenis. Así, nun  radio máximo de 200 metros están empadroadas 153 persoas, das cales participarán 110 voluntariamente (71%), no proxecto.
Así mesmo, coas campañas de educación ambiental iniciadas por esta concellería nos colexios de Cambados, xunto coa implantación das primeiras unidade de compostaxe modulares no Pombal, pretende demostrarse que este modelo de tratamento de residuos orgánicos non crea ningún problema de cheiros nin de lixo na contorna, para vencer así os principais estereotipos sociais sobre este asunto.
Tamén se informa de que todos aqueles veciños e veciñas de Cambados que pretendan involucrarse no proxecto da compostaxe, coa adquisición de composteiros individuais facilitados polo concello, de que esta concellería ten a disposición no rexistro municipal, un modelo de solicitudes que son arquivadas por orde de entrega para, proximamente facilitar novos composteiros.





8 de septiembre de 2015

A DELEGACIÓN PONTEVEDRESA COÑECE O SISTEMA DO COMPOSTAXE






A expedición pontevedresa da Deputación coñeceu onte o sistema de tratamento de lixo que se está a realizar na localidade vasca de Larrabetzu cun grupo de 175 veciños e dous restaurantes e que é perfectamente aplicable a pequenos núcleos de poboación dentro de calquera concello da provincia de Pontevedra e incluso a hortas urbanas, como poden ser as de Conde Bugallal e Eduardo Pondal no municipio de Pontevedra.
Esta forma de compostaxe comunal está a reducir en case un 20% o lixo que vai ao sistema de residuos habitual (a incineración) e supón tanto un beneficio económico coma ecolóxico para a Administración local.  Os custos de poñer en marcha esta iniciativa reducíronse "a 32 euros de mercar os parafusos e as madeiras", segundo explicou o encargado da planta, Eduardo Cordero, "para que despois un agricultor se fixese cargo do mantemento e se beneficiase do uso do compost".
No caso de Larrabetzu, de feito, este sistema aplícase en paralelo á xestión que fai o concello vasco dentro da mancomunidade da que forma parte (que trata outras dúas terceiras partes dos residuos orgánicos da vila). En breve, os composteiros pasarán a incorporar a fracción orgánica doutros 40 veciños,  así como os do restaurante Azurmendi (de tres estrelas Michelín). O obxectivo é ir incorporando cada vez a máis poboación.
Por todos estes motivos o sistema de Larrabetzu é perfectamente  extrapolable a pequenos núcleos da provincia galega: pode ser un perfecto punto de partida para comezar a aforrar no recibo do lixo e para concienciar a poboación da súa necesaria implicación nos tratamentos biolóxicos do lixo.
Representantes dos 25 concellos que participaron na visita mostraron o seu interese por este tipo de planta de tratamento polo seu baixo custo, polo que a curto prazo se poderían ver instalados composteiros comunais similares na provincia de Pontevedra.
No caso de Pontevedra, todos os concellos que quixesen poñer en marcha unha iniciativa similar poderían facelo de forma inmediata co soporte técnico da Deputación de Pontevedra, que se faría cargo de poñer a disposición o mestre composteiro e da súa formación e dotaría do estruturante para chegar ao compost final. Os beneficios notaríanse tanto nun aforro na recollida, no tratamento coma na utilización do produto final por parte dos agricultores.




6 de febrero de 2013

O CONCELLO DE PONTEVEDRA APOSTA POLA COMPOSTAXE






O goberno local de Pontevedra presentará na Diputación Provincial, unha proposta para o tratamento dos residuos sólidos urbanos, a través dunha planta de compostaxe, que segundo reiterou César Mosquera, podería estar perfectaqmente situada no municipio capitalino, porque non ocasiona molestias de ningunha clase.
Esta planta sería unha alternativa a Sogama, que prestaría servizo a practíca totalidade dos concellos que se sumaron ao proxecto deseñado pola Diputación Provincial, para reorganizar a recolleita de lixo e reducir os custos do servizo.
Compostador doméstico
Esta planta de compostaxe supoñería un investimento de cinco millóns setecentos mil euros, amortizables no prazo de 20 anos, e a súa posta en funcionamento conllevará unha rebaixa dun 30-40% no recibo que pagamos todos os cidadáns. Sogama cóbranos actualmente 60 euros por tonelada; e esta planta baixaría a tarifa, segundo o estudo elaborado a 40 euros por tonelada. Pontevedra xera anualmente 60.000 toneladas de vertidos, e deles 35.000 toneladas son residuos orgánicos. O municipio só non xera suficientes lixos para facer rendible unha planta de compostaxe, e por iso ofrécese a integrarse nun proxecto onde este proxecto póidase converter en alternativa a Sogama.
Planta de compostaxe
Unha planta de compostaxe obrigaría a manter catro contenedores na rúa, os de cartón e vídrio por unha banda, e dous verdes un para orgánicos e outro para o resto.