

Esta forma de compostaxe comunal está a reducir en case un 20% o lixo que vai ao sistema de residuos habitual (a incineración) e supón tanto un beneficio económico coma ecolóxico para a Administración local. Os custos de poñer en marcha esta iniciativa reducíronse "a 32 euros de mercar os parafusos e as madeiras", segundo explicou o encargado da planta, Eduardo Cordero, "para que despois un agricultor se fixese cargo do mantemento e se beneficiase do uso do compost".


Representantes dos 25 concellos que participaron na visita mostraron o seu interese por este tipo de planta de tratamento polo seu baixo custo, polo que a curto prazo se poderían ver instalados composteiros comunais similares na provincia de Pontevedra.
No caso de Pontevedra, todos os concellos que quixesen poñer en marcha unha iniciativa similar poderían facelo de forma inmediata co soporte técnico da Deputación de Pontevedra, que se faría cargo de poñer a disposición o mestre composteiro e da súa formación e dotaría do estruturante para chegar ao compost final. Os beneficios notaríanse tanto nun aforro na recollida, no tratamento coma na utilización do produto final por parte dos agricultores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.