O BNG de Cambados, que actualmente forma parte do
goberno municipal do concello, quere manifestar o seu posicionamento contrario
á instalación dunha antena de telefonía nos Caeiros. O BNG será coherente co seu posicionamento no ano 2013
cando apoiou a eliminación dunha antena de telefonía na Valada, en Castrelo, ou
cando apoiou á non ampliación da Central
eléctrica do Pardiño, en Vilariño, por considerar que este tipo de instalacións
poderían ter consecuencias negativas para a saúde humana.
É coñecido que estas antenas, ao emitiren
radiacións electromagnéticas, poden resultar prexudiciais para a saúde e, por
iso, é aconsellable non instalalas nas proximidades de lugares poboados (esta
preocupación está fundada en estudios
solventes realizados polos Ministerios de Sanidade e de Ciencia e Tecnoloxía). Actualmente o marco legal da instalación de antenas de telefonía móbil
vén establecido na Lei Xeral de
Telecomunicacións, de 9 de maio de 2014, que recolle o marco europeo en
relación coa telefonía móbil e ten como obxectivo favorecer o
desenvolvemento das redes e facilitar a implantación ás operadoras esquecéndose
da saúde da cidadanía. Esta nova lexislación supón un cambio radical con
respecto á anterior pero para o BNG debe seguir prevalecendo a saúde de veciños
e veciñas sobre os intereses económicos das grandes operadoras de telefonía
polo que a ubicación destas instalacións debe alonxarse na medida do posible de
vivendas e, por suposto, de colexios.
Por iso, o BNG anima a todos os
veciños e veciñas de Cambados a participar este mércores na concentración que
haberá diante do Concello ás 19:00 horas porque ademais está demostrado que a resposta social será imprescindible
para conseguir o noso obxectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.