Os once concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca do Salnés xa teñen á súa disposición case 820.000 € en axudas para emerxencias sociais, que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para facer fronte ás novas necesidades da crise sanitaria do coronavirus. Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de Axudas Sociais Extraordinarias, e o Plan de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, que xunto ás Axudas de Emerxencia, constitúen un fondo que ascende a máis de catro millóns de euros destinado aos concellos máis pequenos da provincia. (0,5 millóns de € das Axudas Básicas de Emerxencia, 2,2 millóns de € do Plan de Servizos Comunitarios Básicos e SAF e 1,3 da nova liña de Axudas Extraordinaria). En concreto, os concellos da comarca do Salnés que xa poden pedir as axudas son A Illa de Arousa, Cambados, Catoira, Meaño, Meis, O Grove, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa e Valga.
Máis polo miúdo, o concello da Illa de Arousa recibirá máis de 51.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos entre 7.650 € de axudas de emerxencia, máis de 28.500 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.
No caso de Cambados as axudas ascenden a máis de 85.000 € dos cales 10.200 € proveñen das axudas básicas de emerxencia, 54.670 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 20.320 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.
Pola súa banda o concello de Catoira beneficiarase de preto de 59.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos en 7.650 € das axudas básicas de emerxencia, máis de 21.000 € das axudas de servizos sociocomunitarios e SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e máis de 14.500 € segundo o índice de envellecemento.
O concello de Meaño percibirá máis de 82.000 € dos cales 9.500 € correspóndense con axudas de emerxencia, máis de 55.000 € cos servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € coa nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
No caso de Meis as achegas ascenden a máis de 70.500 € distribuídos en 9.500 € de axudas de emerxencia, máis de 31.000 € de servizos sociocomunitarios e SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación e máis de 14.500 € segundo índice de envellecemento.
As axudas da Deputación de Pontevedra para O Grove ascenden a preto de 90.000 € dos cales 10.200 € correspóndense coas axudas de emerxencia, máis de 59.000 € cos servizos sociocomunitarios e SAF e 20.320 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
Pola súa banda Pontecesures percibirá máis de 44.500 € dos cales 7.650 € proveñen das axudas de emerxencia, máis de 21.600 € dos servizos sociocomunitarios e SAF e 15.240 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
O concello de Ribadumia recibirá máis de 56.500 € dos cales 9.500 proceden das axudas de emerxencia, máis de 29.000 € dos servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
No caso de Sanxenxo as axudas rozan os 96.000 € dos cales 10.900 € proceden das axudas de emerxencia, máis de 62.000 € das axudas para servizos sociocomunitarios e SAF e case 23.000 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
Vilanova de Arousa recibirá máis de 113.000 € deste novo paquete de medidas sociais da Deputación de Pontevedra. Desta contía 10.200 € destínanse ás axudas de emerxencia, preto de 83.000 € aos servizos sociocomunitarios e SAF e 20.320 proceden da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de.
Pola súa banda, Valga vai beneficiarse de máis de 71.000 € dos cales 9.500 enmárcanse nas axudas de emerxencia, case 44.000 € para os servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € proceden da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.
Amais destas axudas aos concellos en materia social, o goberno da Deputación de Pontevedra tamén vén de publicar hoxe no BOPPO as axudas de anticipos tributarios do novo Fondo de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros para os concellos que teñen delegadas as súas competencias.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.