Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de mayo de 2019

A DEPUTACIÓN CONCEDE AXUDAS A 23 DEPORTISTAS DA COMARCA DO SALNÉS



A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases reguladoras para a concesión de becas ás e aos deportistas que xa teñen o recoñecemento da marca provincial na categoría de deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) e na de deportistas promesa (DEPO-PROMESA). As becas, dotadas cun total de 200.000 euros, destinaranse a apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2019 e así axudarlles na consecución dos logros que lles permitan acadar a súas futuras metas deportivas. Esta nova marca de alto rendemento deportivo da Deputación conta con 116 deportistas na categoría DEPO-DAN e 74 en DEPO-PROMESA. En total 87 mozas e 103 mozos.
Carmela Silva relatou que "tras publicar as bases reguladoras do proxecto no mes de decembro e unha vez publicada no BOPPO a lista definitiva de mozas e mozos deportistas da provincia que obtiveron o recoñecemento da nova marca da Deputación, agora aprobamos as bases reguladoras para que as e os interesados poidan solicitar as axudas". As solicitudes deberán realizarse preferentemente por medios electrónicos nun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria e do extracto no BOPPO.
A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que "as e os deportistas están divididos en dous grupos de axudas, grupo A, para deportistas con recoñecemento de DEPO-DAN, e grupo B, para deportistas con recoñecemento DEPO-PROMESA". Máis polo miúdo, no grupo A haberá catro categorías: A1, con 2.000 euros, para deportistas que acrediten un podio nun Campionato do Mundo; A2, con 1.250 euros, para deportistas do 4.º posto en adiante no Campionato do Mundo ou podio no Europeo; A3, con 900 €, do 4.º posto en adiante nun Campionato de Europa ou podio no Campionato de España, ou A4, 500 €, do 4.º posto en adiante no Campionato de España ou podio no Campionato Galego. O mesmo ocorrerá co grupo B, deste xeito as e os do B1 recibirán 1.200 euros; do B2, 800 euros; do B3, 500 euros, e do B4, 300 €.
Máis polo miúdo, en canto á categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN), obtiveron a marca da Deputación deportistas dos seguintes concellos: A Estrada (3), A Guarda (4), Barro (1), Cambados (1), Cangas (10), Catoira (3), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), A Illa de Arousa (2), Lalín (1), Marín (3), Moaña (4), Mos (1), O Grove (5), Oia (1), Poio (3), Pontevedra (26), Salceda de Caselas (2), Salvaterra de Miño (1), Sanxenxo (3), Tomiño (2), Tui (12), Valga (1), Vigo (20), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (2) e Vilanova de Arousa (1).
Por deportes, estarán representados na categoría DEP-DAN as Federacións de: Piragüismo (49), Vela (13), Atletismo (9), Taekwondo (8), Remo (6), Tríatlon (5), Loita (5), Deportes de Inverno (2), Ximnasia (2), Ciclismo (2), Judo (2), Karate (2), Tiro (2), Automobilismo (1), Bádminton (1), Caza (1), Esgrima (1), Motorismo (1), Natación (1), Patinaxe (1), Squash (1), Tenis (1).
Pola súa banda, en canto ás e aos deportistas que obtiveron a marca DEPO-PROMESA, rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, pertencen aos seguintes concellos: A Estrada (1), A Guarda (1), Caldas de Reis (1), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (2), Marín (2), Moaña (6), Moraña (1), O Grove (4), O Rosal (1), Poio (2), Ponteareas (2), Pontecesures (2), Pontevedra (16), Salvaterra de Miño (2), Tomiño (5), Tui (1), Valga (1), Vigo (17), Vilagarcía de Arousa(2) e Vilanova de Arousa (2).
Nesta marca están representados os seguintes deportes: Piragüismo (26), Taekwondo (12), Ximnasio (9), Bádminton (6), Esgrima (4), Judo (4), Vela (2), Baile deportivo (2), Kickboxing (2), Atletismo (2), Tenis de Mesa (1), Motociclismo (1), Patinaxe (1), Tenis (1), Xadrez (1).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.